Image

Unha cociña branca aberta ao resto da casa

A reforma integral executada neste apartamento logra abrir a cociña a outras estancias, integrándoa nun espazo único, amplo e diáfano. A antiga terraza, agora illada por un cerramento móbil que pode recollerse facilmente, convértese nun lugar idóneo para reunirse en familia.

A parella integrada pola arquitecta Alba Castelo e o futbolista profesional Gonzalo García decidiu afrontar unha intervención integral neste piso de 55 m2 con terraza situado no Ensanche de Santiago. O seu obxectivo era convertelo nun fogar dotado de espazos amplos, diáfanos e luminosos, que resultase moito máis cómodo e agradable para gozar coa súa filla pequena. Alba Castelo, quen demostra a través da súa tenda online, CheerUp, a súa gran paixón pola decoración e o interiorismo, confiou a Santiago Interiores o deseño da súa nova cociña.

Categoría: en U, sen tirador, reforma, con península, aberta

Modelo: LINE-E estratificado e ARIANE 2 estratificado

Acabado: Branco Seff

Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos - Interior
Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos

Tras estudar a distribución e necesidades dos usuarios, decídese situar a cociña nunha esquina da planta, ocupando unha superficie de só 5 m2. Para equipala óptase por unha combinación dos modelos LINE-E e ARIANE 2 Branco Seff de Santos, dous deseños minimalistas que se integran discretamente na arquitectura da casa. Desta forma, reforzase a idea dun ambiente destinado tanto a cociñar como a gozar en familia.

O mobiliario de cociña organízase en U, con tres armarios columna nun dos extremos e unha península no outro. Esta distribución consegue que todo se atope a un paso á hora de traballar, xerando un espazo central despexado que favorece a liberdade de movementos.

A península concentra as principais funcións da cociña, incluíndo a zona de cocción e unha ampla superficie de traballo que, ao prolongarse nun dos seus laterais, tamén pode funcionar como barra para almorzos ou xantares rápidos.

Pola súa banda, a composición de armarios columna acolle, nun espazo compacto e organizado, varios electrodomésticos e módulos de almacenaxe. As solucións de integración incorporadas polos mobles deseñados por Santos axudan a que todo se atope sempre recolleito e apartado da vista, un factor crave en cociñas abertas.

Entre a península e as columnas sitúase a área de fregado, preto dunha xanela para aproveitar a entrada de luz natural. Sobre ela instálanse dous mobles altos abatibles que, ademais de dispoñer de iluminación inferior, ofrecen interiores adaptables ás necesidades dos usuarios.

O amoblamento da cociña complétase cun andel sobre mesado, ideal para recoller obxectos decorativos, receitarios e pequenos electrodomésticos.

A vivenda recibe abundante luz natural a través do teito acristalado e as ventás da terraza, un aspecto que se potencia cun interiorismo marcado polo predominio do branco en paredes, teitos e mobiliario. A terraza interior tamén se equipa con varios mobles deseño LINE-E Branco Seff de Santos, que demostran así a súa facilidade para adaptarse a todo tipo de ambientes.

Ao carón da cheminea con grellada, dous armarios columna achegan solucións de almacenaxe e lavandería. Estes mobles incorporan estantes interiores na sua parte superior e, na inferior, acollen módulos para integrar lavadora, secadora e portautensilios de limpeza.

Dous caixoneiros máis, situados na parte inferior e lateral da cheminea, proporcionan capacidade extra de almacenamento a esta zona da vivenda.

Outros datos de interese

Arquitectura e decoración: Alba Castelo

Estilismo: Alba Castelo e Kornelia Osicka

Fotografía: Esther Taboada

Mesado: Silestone Rougui

Distribución da cociña: en U

Tipo de vivenda: Apartamento

Electrodomésticos: placa de inducción, forno, microondas, frigorífico e campá decorativa SIEMENS; lavavaixelas BOSCH.

Situación: Santiago de Compostela

Publicacións: Resumo de aparicións en medios

Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos - Solaina
Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos - Interior
Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos - Solaina
Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos - Solaina
Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos - Solaina
Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos - Plano
Reforma Santiago Interiores - Cociña branca aberta Santos - Plano