Image

Unha nova vida para unha casa xunto ao mar

Como converter unha casa nun lugar completamente novo sen modificar a súa arquitectura? Este é o reto que a familia propietaria desta construción dos anos 70 formulou a 2es+. Aplicando unha linguaxe moi clara e solucións imaxinativas, o estudo de arquitectura conseguiu un espazo con carácter propio, moderno, luminoso e conectado ao xardín. A cociña, proxectada por Santiago Interiores, intégrase nesta idea ao tempo que responde ás necesidades dos usuarios para unha vivenda que é utilizada como a súa segunda residencia.

A luminosidade e a continuidade visual protagonizan a reforma. Os propietarios buscaban dar un aire máis actual á casa e modificar a distribución da planta baixa, pero respectando a súa envolvente e imaxe exterior. Para logralo, o estudo 2es+ decidiu potenciar as bondades da edificación, cun tratamento sinxelo, sobrio e uniforme dos diferentes espazos. As paredes das estancias principais recubríronse con madeira de piñeiro pintada de cor branco, que combinaron cun tratamento xeral a base de microcemento nos chans. A zona exterior desenvolveuse en continuidade con esta idea, liberándose das excesivas plataformas e pavimentacións. Xorde así un xardín visualmente relaxado e aberto, no que gozar das vistas á ría.

Modelo: MINOS LINE-E

Acabado: Freixo Marfil Horizontal

Cocinas Santos | Proyectos de cocina en L | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Proyectos de cocina en L | Santiago Interiores

Sonsoles Cabana, interiorista do noso equipo, é a responsable do proxecto de cociña, un deseño coherente coa reforma e coas necesidades e preferencias formuladas polos propietarios da vivenda. A casa está pensada como unha segunda residencia na que gozar de momentos especiais con familiares e amigos, e a cociña tamén responde a este obxectivo.

A familia xa contaba cunha cociña Santos na súa vivenda habitual, polo que tiñan claro que querían repetir coa marca tamén no seu segundo fogar. Nesta ocasión, decantáronse polo modelo Minos Line-E, combinando a luminosidade do mesado Silestone Blanco Zeus co carácter cálido que aporta o acabado madeira Freixo Marfil.

A cociña ten unha distribución en forma de L con illa, e ábrese nun dos seus extremos a un longo corredor que conduce á entrada da casa. No lado oposto comunica co comedor, un singular espazo de planta semicircular conectado tanto coa cociña como co salón, sabiamente aproveitado para crear un lugar de reunión e convivencia.

A área de fregado esténdese fronte á ventá, con lavavaixelas integrado e un módulo portavertedoiro con cubos para desperdicios e espazo para organizar accesorios de limpeza. Xunto a esta área sitúase a zona de cocción, con tres módulos portaplaca equipados con tres niveis de caixóns de extracción total e gran capacidade.

No centro da estancia sitúase a illa, que funciona como unha barra para almorzos ou comidas rápidas. No extremo máis próximo ao comedor alberga un armario columna con portaútiles de limpeza e tres columnas portaforno que acollen un forno a vapor, un gran forno multifunción de 90 cm de ancho e o microondas. Estes módulos ofrecen ademais unha gran capacidade de almacenamento, unha das características que os propietarios buscaban na súa nova cociña.

A distribución en L compleméntase con armarios columna que acollen o frigorífico, o conxelador e unha viñoteca. A esquina aprovéitase cun práctico moble persiana, que, ao estar equipado con enchufes, permite utilizar in situ pequenos electrodomésticos, sen necesidade de cambialos de lugar. Esta zona, aberta ao corredor, revestiuse con táboas de madeira de pino lacadas en branco, para lograr unha continuidade co andadeiro e, en xeral, cos materiais que percorren a vivenda. A campá, a placa de inducción, o vertedoiro e a billa tamén se escolleron en branco, reproducindo así o diálogo predominante na cociña entre esta cor e o acabado madeira.

Outros datos de interese

Proxecto arquitectónico: 2es+_oficina de arquitectura

Fotografía: Héctor Santos-Díez

Mesado: Silestone Blanco Zeus

Superficie da cociña: 20 m2 cociña, 19 m2 o comedor anexo

Distribución da cociña: en L

Tipo de vivenda: unifamiliar

Electrodomésticos: lavavaixelas BOSCH; placa de inducción SIEMENS; microondas e fornos de NEFF; frigorífico, conxelador e armario bodega de LIEBHERR; campá decorativa de PANDO

Situación: Rías Baixas

Publicacións: Reportaxe Casa Viva nº 247

Image cocinas-santos-minos-line-e-isla-santiago-interiores
Cocinas Santos | Proyectos de cocina en L | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Proyectos de cocina en L | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Proyectos de cocina en L | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Proyectos de cocina en L | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Proyectos de cocina en L | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Proyectos de cocina en L | Santiago Interiores