Os caixóns das cociñas Santos contan cunha base modular, deseñada para integrar prácticos accesorios como portacubertos, portacoitelos, portaespecias, bandexas, táboas de corte, etc. Grazas a estes accesorios para caixóns, resulta moito máis doado localizar e acceder aos utensilios de uso máis frecuente nas cociñas.
Accesorios para caixóns
de cociñas Santos
Configuración personalizable
Os accesorios para caixóns de cociña de Santos son extraíbeis e intercambiábeis, o que permite adaptar a súa configuración aos gustos e necesidades concretas do usuario.
Base en dous acabados
A base dos caixóns atópase dispoñible en dous acabados: grafeno efecto pel e rechapado en madeira.
Caixón interior con corpo en madeira de nogueira, base en laminado grafeno efecto pel, fronte en acabado grafeno e accesorios extraíbeis: bandexa para cortar o pan e portacoitelos.
Caixón interior con corpo en madeira de nogueira, base en madeira de nogueira, fronte en acabado grafeno e accesorios extraíbeis: bandexa para cortar o pan e portacoitelos.
Caixón interior con corpo e base en madeira de nogueira, fronte en acabado branco perla e accesorios extraíbeis: portacubertos, portaespecias e portacoitelos.
Caixón con corpo en madeira de freixo oliveira, base en laminado grafeno efecto pel e accesorios extraíbeis: bandexa, portaespecias, bandexa para cortar o pan e portacubertos.
Caixón con corpo en estratificado acabado nogueira terra, base en laminado grafeno efecto pel e accesorios extraíbeis: portacubertos, portaespecias e portacoitelos.
Descubre máis accesorios
para cociñas Santos
Tamén podes descargar e consultar os catálogos das últimas coleccións de cociñas Santos:
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Solicítanos un proxecto directamente a través da web, ou ben concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas na nosa tenda. Axudarémosche a facer realidade a cociña dos teus soños.