T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/30 cociñas brancas para inspirarte
Out 23

30 cociñas brancas para inspirarte

  • 23 de Outubro de 2018
  • Consellos e tendencias

[Actualizado a 3 de novembro de 2022]

As cociñas brancas son luminosas, lixeiras, versátiles e xamais pasan de moda. Por iso non é de estrañar que sexa esta unha das cores máis populares á hora de elixir os mobles de cociña, especialmente cando se trata de estancias escuras ou pequenas, onde os tons claros son chave para ampliar visualmente os metros cadrados dispoñibles.

Pero tamén nas cociñas grandes a cor branca pode ser unha boa opción para lograr un acabado contemporáneo e cheo de luz. E fronte ao que se adoita pensar, non é certo que optar por mobles, mesado, azulexos ou chans acromáticos dea sensación de frialdade o aburrimento.

Se precisas inspiración para decorar o corazón da casa en cor branca, aquí tes algunhas imaxes e ideas.

Cociña branca combinada con madeira

Cocina blanca con panel de madera

O panel parede de madeira, así como o panel con baldas, aportan un plus de calidez a esta funcional cociña con mobles modernos de liñas puras.

Cocina blanca combinada con madera

Otra opción con mucho encanto es panelar la pared en madera. Si el suelo también es de este material, se genera una cálida sensación de continuidad, mientras que si el pavimento es porcelánico se crea un interesante contraste. ¿Quién dijo que las cocinas blancas no resultaban acogedoras?

Cocina blanca y madera Santos

Sen esquecer a posibilidade de combinar os acabados en cor branca e madeira nos propios mobles. No caso de elixir tons claros crearemos ambientes moi confortables, ideais para desfrutar en familia.

Cocina blanca y madera oscura Santiago Interiores

Mentres que se combinamos os mobles en cor branca con acabados en madeiras escuras lograremos un estilo sofisticado e con moito carácter.

Cociña branca e gris: pura tendencia

Cocina blanca con encimera y salpicadero gris

A cor gris está moi en boga nesta parte da casa, pero pode restar algo de luminosidade. Por iso é boa idea incorporalo en pequenas pinceladas, por ejemplo no mesado e o panel parede, para crear un atractivo contraste cos muebles brancos.

Cociña en branco e negro: elegancia atemporal

Cocina blanca y negra

A decoración en branco e negro é xa un clásico para ls que buscan espazos elegantes e sofisticados. Esta combinación pode limitarse aos mobles de cociña; pero mesas, cadeiras, e outros accesorios tamén poden sumarse ao xogo cromático.

Cociñas brancas con mesado en cor gris ou negra: un toque de contraste

Cocina blanca y encimera negra Santiago Interiores

Unha boa maneira de incluír a sofisticación das cores escuras sen restar un ápice de luz é empregalos para o mesado, mantendo todo o mobiliario en cor branca. Arriba podemos ver unha cociña branca con mesado negro de inspiración minimalista, e a continuación, unha lavandaría coa mesma combinación de cores.

Cocina blanca y encimera negra Santos

Se buscamos ese efecto, pero menos rotundo, podemos decantarnos por unha cociña branca con mesado gris, xa que ademais poderemos elixir desde tons moi clariños, ata outros escuros. Neste caso, a cor gris esténdese polo mesado, pero tamén polo panel parede, dando unha sensación de continuidade moi atractiva.

Cocina blanca y encimera gris Santiago Interiores

Cociña branca e beige: claridade e confort

Cocina blanca y beige Santos

Pódese tamén romper a monocromía cunha tonalidade clara, e ao mesmo tempo, cálida, como vemos nas cociñas cor crema e branca. Unha forma moi orixinal de facelo é en chan e paredes, por exemplo, a través dun acabado de microcemento. Así lógrase enmarcar e resaltar a cor branca dos mobles, dando como resultado un espazo moi persoal.

Cociñas brancas con illa: unha opción moi funcional

Cocina minimalista blanca con isla Santiago Interiores

Unha illa que concentre varias zonas de traballo (preparación, cocción, lavado…) é unha solución cómoda, e que favorece a organización. Pero se ademais os mobles brancos se combinan cun mesado con brillo, conséguese multiplicar a luminosidade creando un espazo moi agradable.

Cocina blanco mate con isla

Os acabados branco mate, pola súa parte, dan un toque sereno e discreto ao ambiente, algo que se potencia coa ausencia de tirador nos mobles e a integración de electrodomésticos como o frigorífico ou o lavalouza.

Cocina blanca con isla y fregadero

Prolongando a parte traseira do mesado da illa conséguese un práctico office totalmente integrado, que, cuns tallos tamén en branco, súmanse á atmosfera sosegada e pura da estancia.

Se buscas a funcionalidade das cociñas con illa, no noso post 32 cociñas con illa poderás atopar máis fotos e consellos para inspirarte.

Cociña branca pequena: clara e lixeira

Cocina blanca pequeña Santos

En espazos reducidos, a cor branca debe ser a gran protagonista de teitos, paredes, mobles, accesorios e incluso do mesado. Así lógrase reflectir la máxima luz e crear ao mesmo tempo unha ilusión óptica de maior amplitude.

Cociñas alongadas brancas: buscando a luminosidade

Cocina alargadas blancas Santiago Interiores

As cociñas alongadas e estreitas adoitan parecer un pouco escuras, por iso nelas, como nas estancias pequenas, a cor branca adoita estar moi presente. Para gañar luminosidade podemos, ademais, colocar algunha ventá interior ou portas corredizas de vidro.

Cociña branca aberta ao salón: para reunirse en familia

Cocina blanca pequeña abierta al salón Santiago Interiores

As cociñas abertas ao salón comedor son tendencia. Comunicando unha pequena cociña co salón (e resto da casa) conséguese crear un único espazo amplo, diáfano e idóneo para reunirse toda a familia.

Cociña minimalista branca

cocina-santos-minimalista-blanca

Os mobles funcionais e de liñas puras son a marca de identidade do estilo minimalista desta cociña, que atopa na cor branca unha aliada natural. A gama cromática redúcese así á mínima expresión, primando a elección de superficies como o mesado ou o vertedoiro na mesma cor que os mobles.

Cocina blanca pequeña con isla

As cociñas de deseño brancas logran xerar así ambientes austeros, diáfanos e homoxéneos, que resaltan a luminosidade do espazo e o seu carácter organizado.

Cociña branca con barra de almorzo e chan de madeira

Cocina blanca con desayunador

A barra de almorzo proporciona unha zona para comidas lixeiras ou un momento de descanso. Realizada en madeira, rompe a uniformidade da cor branca da cociña, ao que tamén contribúe o chan neste material. A continuación podemos ver outra forma de xogar con este esquema.

Cocina blanca con barra Santiago Interiores

Cociña branca con mesado de pedra natural: atemporal e sofisticada

Cocina blanca con encimera de piedra

Os mesados de pedra natural son resistentes, duradeiras e moi decorativas, por iso nunca pasan de moda. Neste proxecto podemos comprobar como o mesado de cuarcita resulta á vez sinxela e harmónica, adaptándose de forma natural ao estilo da estancia.

Cociña branca con comedor

Cocina blanca con comedor Santiago Interiores

Unha mesa de comedor de madeira maciza serve para engadir textura a unha cociña branca con mesado de aceiro inoxidable, teito con vigas á vista e chan gris, demostrando que a cor branca tamén é apta para un estilo máis industrial.

Cocina blanca con mesa de comedor Santiago Interiores

Aínda que por suposto, un modelo de mesa máis discreto tamén se adaptará moi ben ás cociñas en cor branca. Ao fin e ao cabo, unha das súas vantaxes é a súa versatilidade… ¡combinan con todo!

Cociña nórdica branca: atmosferas cálidas e confortables

Cocina nórdica blanca Santos

Como vimos ao longo deste artigo, a combinación de branco e madeira é case sempre un acerto. Se ademais nos decantamos polas gamas máis claras, con acabados como o Olmo Claro deste proxecto, conseguiremos unha cociña de estética escandinava: cálida, acolledora e, á vez, moi actual.

Cociña branca nunha casa rústica: unha composición rica en matices

Cocina blanca rustica

O mellor das cocinas brancas é que se adaptan a todo tipo de ambientes. A pedra, a madeira, e detalles construtivos da arquitectura tradicional como poden ser as contraventás, saen reforzados ao combinarse cunha cociña branca de factura máis moderna.

Cociñas modernas brancas: espazos moi actuais

Cocina blanca moderna

Se falamos de cociñas brancas e modernas, existe todo un universo de posibilidades. En estancias abertas de estética contemporánea, unha cor clara contribúe a dar protagonismo á luz natural, creando ambientes limpos e serenos.

Cocina blanca moderna estrecha

No caso das cociñas modernas estreitas ou sen moita luz natural, a cor branca tamén xoga un papel chave, aportando a claridade que permite usar noutros elementos tons máis escuros, que dean personalidade á estancia.

Cociña branca con mesado de madeira

Cocina blanca con encimera y salpicadero de madera

Aínda que a madeira natural non é o material idóneo para a área de traballo, elixir un mesado laminado en acabados madeira si é unha moi boa idea. Así, a funcionalidade alíase co encanto e a calidez da materia prima natural.

Cociña branca con chan gris claro: un contrapunto sutil

Cocina blanca con suelo gris

Os chans en cor gris clara, combinados cos mobles brancos, contribúen a crear espazos diáfanos, agradables, limpos e luminosos. Vémolo na foto deste proxecto, que conta, na zona de traballo, cun pavimento porcelánico gris cemento.

Cociña branca con granito

Cocina blanca con encimera de piedra natural

Os mesados de granito son moi utilizadas polas súas numerosas vantaxes prácticas, pero non hai que esquecer tampouco o seu enorme potencial estético. Combinando os mobles brancos cun mesado de granito negro zimbawe, por exemplo, apórtase un efecto actual e moi vangardista.

Cociña branca con mesado branco: ambientes monocromáticos

Cocina blanca con encimera blanca

Outra tendencia moi actual é a de decantarse por espazos case monocor. Así, non só os mobles de cociña son brancos, senón tamén o mesado, os tallos, as paredes, a iluminación ou calquera outro elemento.

Se estades pensando en cambiar a túa cociña por un deseño en branco, encantarnos axudarche a conseguir un proxecto que se adapte aos teus gustos, necesidades e espazo. Pide xa a túa cita co noso equipo de interioristas.

Tamén che pode interesar

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

Tendencias Nadal 2025: Como a decoración natural realza o deseño da túa cociña

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}