T 636 050 909 Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Inicio/Blog/20 cociñas Santos para inspirarte
Dec 03
Cociñas Santos ergonómicas e funcionais

20 cociñas Santos para inspirarte

  • 3 de Decembro de 2021
  • Consellos e tendencias

Cómoda, práctica, acolledora, con moito espazo de almacenamento… os obxectivos que desexamos que cumpra a nosa cociña son numerosos. E Cociñas Santos pon máis fácil conseguilo, con mobiliario adaptable a cada proxecto, amplas opcións de personalización, deseños ergonómicos e funcionais e unha calidade demostrada, que resiste ao paso do tempo.

Para mostrarche as súas posibilidades, ensinámosche agora algúns dos proxectos dos que nos sentimos máis orgullosos. Espazos funcionais e con carácter, creados a medida para adaptarse ás necesidades dos seus usuarios, pero que seguro que che aportarán ideas sobre o que buscar (ou non) na túa nova cociña.

Minimalismo en cor branca

Cociña Santos branca en paralelo. Santiago Interiores

Esta cociña Santos distribúese en paralelo, cunha illa central e unha composición de armarios columna. Ao concentrar todas as áreas de traballo en dúas frontes lógrase unha estética moi limpa, que se integra con naturalidade en ambientes abertos.

Cociña Santos con mobles e mesado brancos

O mesmo ocorre na cociña que vemos na foto superior, na que ademais, a cor branca é a absoluta protagonista, presente non só nos mobles, senón tamén en mesado, paredes, portas ou teito. Así confórmase un bloque harmónico e homoxéneo, que resalta a luminosidade do espazo e o seu carácter organizado.

Cociña Santos con mobiliario lineal. Santiago Interiores

Neste proxecto mediante o mobiliario lineal, de liñas sinxelas e minimalistas, aportamos equilibrio e luminosidade a unha vivenda de estética contemporánea, con moito carácter. As solucións de integración axudan a que todo se atope sempre recollido e apartado da vista, algo fundamental en cociñas abertas como esta.

Cociña branca e luminosa Santos con illa

Un novo exemplo de como un deseño axeitado, xunto aos mobles en cor branca, axudan a captar a luz natural. A illa, que acolle as zonas de preparación e cocción, orientase cara á paisaxe, mentres que as áreas de lavado e almacenamento se sitúan en paralelo, baixo varias fiestras que multiplican a luminosidade do espazo.

Cociña aberta Santos con mobiliario en paralelo
Cociña Santos con fiestra en muro de piedra

Non só nas cociñas abertas os mobles de liñas simples en cor branca axudan a compoñer espazos discretos e elegantes. Nesta estancia o mobiliario en paralelo complementase unicamente cunha mesa de comedor con cadeiras. A sinxeleza do espazo vese salientada polos pequenos toques de carácter grazas á presenza de muros de pedra na zona da fiestra.

Cociña Santos aberta ao interior e ao exterior

Por outro lado, cando a cociña branca non só se abre ao interior, senón tamén ao exterior, o resultado é aínda máis impresionante. Vémolo neste proxecto, no que a pureza das liñas e a uniformidade cromática multiplican a luminosidade e favorecen a súa comunicación co resto da vivenda, así como co xardín.

Cociña pequena Santos con distribución en U

Nas cociñas pequenas resulta fundamental coidar cada detalle. Os mobles de liñas sinxelas resultan lixeiros visualmente, mentres que a cor branca axuda a crear ambientes máis luminosos. A distribución en U, pola súa parte, facilita o máximo aproveitamento do espazo dispoñible.

Calidez e confort grazas aos toques de madeira

Cociña branca Santos con acabados en carballo

Aínda que as vantaxes das cociñas brancas son moitas, é indubidable que carecen da calidez que aportan acabados como o Carballo. Por iso é tan habitual combinar os mobles en tons neutros con chan e mobiliario de madeira, así como alternar ámbolos dous acabados nas frontes. Así lógrase dar un toque máis confortable e caseño ás zonas de traballo. Neste caso, podemos salientar tamén o uso da porta corrediza acristalada, que permite illar a cociña cando é necesario, sen perder en ningún momento a luminosidade e conexión visual.

Cociña Santos aberta ao salón Santiago Interiores

Ademais, se a cociña é aberta, como vemos nesta foto, os acabados de madeira axudan a conectar as áreas de traballo coas zonas de lecer e reunión. Ao fin e ó cabo, unha tendencia evidente nas vivendas actuais é que a fronteira entre cociña e salón resulta cada vez máis difusa.

Cociña Santos en madeira con armario escamoteable

A madeira, como diciamos, contribúe a dotar de calidez e elegancia calquera espazo. Tamén cando se usa no interior dos mobles. Na foto superior vemos como o armario escamoteable, que pasa moito tempo aberto, resulta especialmente agradable visualmente grazas ao seu acabado Carballo, que contrasta e destaca respecto ao branco das frontes.

Cociña Santos branco perla. Santiago Interiores

Ademais, no catálogo de Santos hai tons neutros, máis próximos á gris clara, que tamén contribúen a dotar de calidez aos espazos. Vémolo nesta cociña Branca Perla, luminosa, funcional e moi confortable.

Cociña Santos acabado cashmere e madeira

Tamén neste deseño de Santos no que o acabado Cashmere compleméntase coa madeira de Nogueira de mesa e interiores, dando como resultado un ambiente cálido e sofisticado.

Cociña Santos branco e madera

O diálogo entre as tonalidades branca e madeira marca tamén a estética desta cociña aberta, na que ademais, os armarios columna do recanto revestíronse con táboas de madeira de piñeiro lacadas en branca, xogando, ademais de coas cores, coas texturas e materiais.

A sofisticación das cores escuras

Gran cociña negra e luminosa Santos. Santiago Interiores

As cociñas en cor negra non só son tendencia, senón que ademais, resultan moi elegantes e singulares. Especialmente cando se sitúan en estancias amplas e moi luminosas, como neste caso. A equilibrada combinación das cores negra e madeira xera unha atmosfera serena e agradable, ideal para traballar, pero tamén para reunirse e gozar do tempo libre.

Cociña Santos con mobles cor negra

Se a negra sempre confire carácter a unha cociña, moito máis cando a vivenda conta con algo especial. Así, esta casa señorial do século XIX posúe cornixas, rosetóns, balconadas ou unha lareira de pedra que a dotan dunha personalidade única. Optar por un mobiliario sobrio e funcional en cor negra permitiunos aportar un contraste elegante e moi contemporáneo.

Cociña gris escura e branca Santos

Para quen non se atreve coa rotundidade da negra, unha cociña en gris escura pode ser unha boa aproximación. Especialmente se se combina cun acabado branco brillo que multiplica a luz natural.

Cociña Santos minimalista e rústica

Na última colección de Santos atopamos un gran protagonismo das cores escuras, o que nos permite descubrir moitas das dúas posibilidades. Neste proxecto, o mobiliario, de formas estilizadas e frontes lisas, intégrase nun interiorismo que combina, con total naturalidade, o seu carácter minimalista con elementos rústicos e tradicionais.

Cociña gris Santos con armarios columna

Paga a pena mencionar tamén a existencia de acabados pétreos como o Gris Mármore. Vémolo nesta illa, que se combina cunha composición de armarios columna en cor negra. A disposición en paralelo e as liñas puras dos mobles contribúen a conformar un bloque homoxéneo que resalta, sen estridencias, nunha arquitectura sobria, luminosa e acolledora.

Cociña lineal Santos Santiago Interiores

Esta cociña lineal intégrase de xeito natural nunha zona de día polivalente, na que salón, comedor e estudio se comunican visualmente. A liña Living de mobles para a zona de día, que comparte acabados coa colección de cociñas, permite crear ambientes máis harmónicos e coherentes. Así,os andeis que vemos no despacho reflicten a mesma estética dos mobles de cociña.

Cociña Santos en cores escuras Santiago Interiores

Por último, convén dicir tamén que as cores escuras están en voga dentro das tonalidades madeira. Así, este deseño de Santos, en Gris Visón e Carballo Fumé, conta con un encanto indubidable, ao lograr transmitir a esencia clásica das cociñas de outrora, pero co equipamento que da resposta a todas as necesidades actuais.

Agardamos que estas 20 cociñas Santos te sirvan de inspiración. En calquera caso, se estás pensando en reformar a túa cociña, animámoste a pedir cita co noso equipo de interioristas. Estaremos encantados de asesorarte e de deseñar un proxecto á túa medida, tendo en conta os teus gustos e hábitos, así como as características da túa casa.

Tamén che pode interesar

Como limpar os teus mobles de cociña? Consellos de limpeza para que luzan sempre como o primeiro día
Tiradores de cociña. Atopa o tirador que mellor se adapta ás túas necesidades
Como Distribuír Cociñas Alongadas: Ideas para inspirarte
  • Facebook
  • Twitter
  • Tumblr
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Receitas
  • Sen categoría

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
10:00-14:00 | 16:00-20:00
Sábados—
10:00-14:00
Profesionais
Outlet
FAQ
Catálogo Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal
Logo Santiago InterioresInformación sobre cookiesUsamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia no noso sitio web e ofrecerche servizos personalizados segundo os teus hábitos de navegación. Para máis información podes consultar a nosa Política de Cookies. Mostrar Configuración
Aceptar Todo
Manage consent

Resumo da privacidade

Este sitio web usa cookies para mellorar a túa experiencia mentres navegas polo sitio web. Destas, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no teu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcións básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacénanse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tés a opción de desactivar estas cookies. Pero a exclusión dalgunhas destas pode afectar a túa experiencia de navegación.
Necesarias
Sempre activado
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web de forma anónima.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 mesesA cookie está configurada polo consentimento da cookie GDPR para rexistrar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Funcional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. As cookies úsanse para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Necesario".
cookielawinfo-checkbox-others11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Outros".
cookielawinfo-checkbox-performance11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Rendemento".
viewed_cookie_policy11 mesesA cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR e úsase para almacenar se o usuario consentiu ou non o uso de cookies. Non almacena ningún dato persoal.
Funcionais
As cookies funcionais axudan a realizar certas funcionalidades como compartir contido do sitio web en plataformas de redes sociais, recoller opinións e outras características de terceiros.
Rendemento
As cookies de rendemento úsanse para comprender e analizar os índices clave de rendemento do sitio web, contribuíndo a proporcionar unha mellor experiencia de usuario aos visitantes.
Análise
As cookies analíticas úsanse para comprender como os visitantes interactúan co sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre as métricas do número de visitantes, a taxa de rebote, a fonte de tráfico, etc.
Publicidade
As cookies publicitarias úsanse para entregar anuncios e campañas de mercadotecnia relevantes aos visitantes. Estas cookies fan un seguimento dos visitantes de todos os sitios web e recollen información para ofrecer anuncios personalizados.
Outras
Outras cookies sen categorizar son as que se están a analizar e que aínda non se clasificaron nunha categoría.
GARDAR E ACEPTAR