T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Santiago Interiores: 25 anos deseñando cociñas á medida de cada persoa
Out 28
Cociñas Santiago Interiores 25 anos de aniversario

Santiago Interiores: 25 anos deseñando cociñas á medida de cada persoa

  • 28 de Outubro de 2021
  • Actualidade

Este ano 2021 celebramos o 25 aniversario da apertura de Santiago Interiores. Un cuarto de século no que desenvolvemos incontables proxectos de cociña e interiorismo, todos eles cunha historia única e persoal detrás. Imos contarvos a protagonizada por María del Carmen e Silvia, nai e filla, ámbalas dúas usuarias de cociñas Santos deseñadas polo noso estudio.

Corría o ano 1998, e María del Carmen Rodríguez atopábase inmersa no proceso de reforma do seu fogar, unha vivenda unifamiliar situada no campo. Daquela xa era afeccionada ao programa televisivo do cociñeiro Karlos Arguiñano, e véndoo perfilou unha imaxe da súa nova cociña. Reservou un amplo espazo da planta para ela, e quería dotala dun equipamento acorde co carácter rústico da casa, sen esquecer as comodidades e funcionalidades ofrecidas polas tendencias en deseño do momento. Foi entón cando entraron en xogo o arquitecto e o aparellador que estaban a cargo da reforma: eles explicáronlle as virtudes das cociñas Santos, e tamén lle aconsellaron visitar Santiago Interiores para descubrilas de primeira man. Así o fixo, e encantáronlle tanto os mobles como o trato recibido.

Cociña Santos en forma de U Santiago Interiores

José Luis Miramontes, fundador do estudio, púxose á fronte do proxecto. Visitou a casa de María del Carmen para coñecer o espazo, escoitou e analizou as súas necesidades, ofreceulle ideas para lograr o mellor resultado e, finalmente, deseñou a cociña que ela desexaba, práctica, cómoda e á súa medida. A cociña, instalada no ano 1999, combinaba os deseños ÉPOCA Duna TE y SHAKER Pradairo Coñac de Santos, co mobiliario distribuído en forma de U para facilitar as tarefas e minimizar os desprazamentos. Así, incluía un amoblamento central con vertedoiro e fornos en columna, máis dous laterais para acoller as zonas de cocción, preparación e fregado. Ademais, incorporaba un office e unha barra para almorzos acaroada a un murete. Os acabados en madeira e crema,xunto co toque rústico aportado polo granito do mesado, axudaban a conformar un ambiente de inspiración tradicionalcun marcado espírito caseño.

Cociña Santos funcional e a medida
Cociña con vertedoiro e forno en columna
Cociña Santos con acabados en madeira e crema

María del Carmen está convencida de que aquela decisión foi todo un acerto. A cociña non só lle ofreceu todo o que agardaba, senón que se conserva practicamente como o primeiro día, malia estar sometida a unha gran carga de traballo: «Sempre estiven moi contenta con ela, e sigo a gozala decote. É unha cociña moi vivida». Por se cabía algunha dúbida ao respecto das súas palabras, sorpréndenos cuns materiais que garda como ouro en pano. En primeiro lugar, móstranos os deseños orixinais da súa cociña. Como era habitual na época, trátase de ilustracións trazadas e coloreadas a man, unha obra de artesanía coidadosamente detallada que, máis alá de limitarse a expor a disposición dos mobles, busca transmitir a atmosfera da estancia.

Deseño orixinal de cociña con ilustracións a man Santiago Interiores

A continuación descúbrenos outro tesouro do que se sinte especialmente orgullosa: un exemplar do número 97 da revista «Cocinas y Baños», editado no ano 2000 e moi ben conservado, que inclúe unha reportaxe dedicada á súa cociña. No artigo saliéntase, entre outros aspectos do proxecto, que «a calidez da madeira, a elegancia do aceiro e a viveza da azul confiren a esta dependencia unha personalidade acolledora». Cando repasa estas páxinas con imaxes da súa casa e da súa cociña, nótase que volve a ela toda a ilusión daqueles tempos.

Cociñas Santos, revista Cocinas y Baños
Reportaxe cociñas Santos. Cocinas y baños número 97

Mais a historia non remata aquí porque, 20 anos despois, a súa filla Silvia tamén opta polo noso estudio para deseñar a cociña Santos da súa nova casa. E, cando lle preguntamos se a experiencia da súa nai influíu nesta decisión, asinte sen dubidalo nin un intre: «Influíu, e moito. Como puidestes comprobar, a miña nai sempre se sentiu satisfeita coa atención e co deseño da súa cociña. Ademais, fun usuaria desa cociña durante anos, e a miña propia experiencia tamén me animou a acudir a Santiago Interiores para que deseñasen a miña».

Cociña branca Santos con barra Santiago Interiores
Cociña aberta a comedor con illa
Cociña Santos con mobles columna
Cociña aberta a salón comedor Santiago Interiores

Mesmo se dúas décadas separan ámbalas dúas cociñas, os que formamos parte de Santiago Interiores seguimos identificándonos plenamente coas dúas. En todo este tempo puideron cambiar moitas cousas, desde as persoas aos deseños, os procedementos, os materiais ou os acabados, pero a nosa filosofía tense mantido inalterable.

Equipo profesionais Cociñas Santiago InterioresDe esquerda a dereita, o actual equipo de Santiago Interiores: Sonsoles Cabana, Emma López, Lucía Martínez e Francisco Moreno.

Abrimos as portas da tenda en 1996, convencidos de que o noso obxectivo o sería facer realidade os soños dos nosos clientes, e hoxe esta idea mantense máis viva que nunca. Por iso, casos como o de María del Carmen e Silvia resúltannos especialmente emotivos e estimulantes. Recibir aos fillos e fillas de quen confiaron en nós durante aqueles primeiros pasos, que conviviron coas cociñas que creamos para os seus pais e que, agora, tamén acoden a nós para encargarnos a súa, reafírmanos en que entón eliximos o camiño axeitado.

Tamén che pode interesar

Novidades no noso showroom: renovación de exposicións

En Santiago Interiores imos de vacacións e volvemos o 31 de agosto

Nova exposición de cociñas Santos trala reforma de Santiago Interiores

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}