T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/4 ideas de proxectos de cociñas pequenas
Xuñ 22

4 ideas de proxectos de cociñas pequenas

  • 22 Xuño, 2023
  • Consellos e tendencias

Ter unha cociña pequena non implica ter que dicir adeus a unha gran capacidade de almacenaxe. Distribución, solucións de equipamento, de decoración… Existen múltiples trucos que axudan a sacar o máximo partido a unha cociña non tan grande como che gustaría.

Así pois, se tes unha estancia de dimensións reducidas, a continuación deixámosche catro exemplos de cociñas que lograron un gran aproveitamento do espazo sen perder a sensación de amplitude: cociñas abertas, pechadas, modernas e clásicas, pero con menos de 12 metros cadrados.

Cociña pequena en L de cor Branco Perla: práctica e funcional

Se o que estás buscando son exemplos de cociñas pequenas en L, este é o teu proxecto! Con 11 metros cadrados de superficie, esta é a cociña resultante da reforma que acometeron os nosos clientes. Cando compraron a vivenda, a distribución existente deixaba recunchos sen aproveitar e as solucións de almacenamento eran insuficientes para a familia.

Coa finalidade de adaptarse á planta, nesta nova cociña optouse por unha distribución en L composta por un lineal con módulos baixos e altos e outro con dous mobles columna e un moble persiana. Este último, o moble persiana, foi chave para poder aproveitar a esquina á que dá lugar esta disposición dos mobles, e dá gran servizo á hora de gardar pequenos electrodomésticos e almacenar os alimentos do almorzo.

Cociña pequena en U de cor Blanco Perla: máximo aproveitamento

En segundo lugar, traémosche unha cociña pequena en U con barra. En moitas ocasións, dámos por feito que tendo unha cociña pequena non nos queda máis remedio que habilitar un comedor ao que desprazarnos para todas as comidas do día.

Porén, neste proxecto de cociña equipada en detalle a clienta solicitounos un pequeno espazo no que poder almorzar a diario. Con esta finalidade, dispuxemos unha barra de madeira en perpendicular a un dos lineais da cociña.

Ademais, para realzar a súa luz e evocar harmonía, optouse polo ton branco e unhas frontes lisas. O resultado é unha cociña en U pequena e moderna, con todo o almacenamento que poden ofrecer os seus tan só 8,5 metros cadrados.

Cociña lineal pequena: cociñar sen obstáculos

Esta cociña pequena moderna e lineal pertence a unha vivenda do casco histórico, polo que para o seu deseño había determinados condicionantes que debían ser respectados, entre outros, os muros de pedra que daban ao exterior.

Cunha planta de 8 metros cadrados e sabendo que ía quedar un corredor bastante estreito entre os dous lineais, elixiuse o estilo dos mobles que máis realza o espazo.

De novo, frontes brancas, lisase, nesta ocasión, sen tirador conseguiron un deseño de cociña pequena moderna.

Cociña pequena con barra: todo a un paso

Neste último proxecto, traémosche outro exemplo de barras en cociñas pequenas. Mentres os anteriores proxectos eran de cociñas pechadas ou semiabertas, este demóstranos que facer as cociñas pequenas integrais é unha fantástica idea.

Neste caso, é unha pequena barra de almorzos a que funciona como elemento de transición entre estancias. Ao tratarse dunha cociña alongada de 10 metros cadrados, optouse por unha distribución lineal en paralelo, na que os seus mobles brancos e de frontes lisas inclúen distintas solucións de almacenamento, así como de integración de electrodomésticos.

Como ves, as opcións de distribución e estilo son diversas incluso nestes catro proxectos que che acabamos de presentar. Aínda que existen determinadas chaves que se adaptan mellor aos deseños de cociñas pequenas, o noso obxectivo sempre é axustarnos aos gustos e necesidades dos clientes.

Así pois, se desexas deseñar un proxecto de cociña á túa medida e personalizado cos teus gustos e necesidades, non dubides en pedir cita previa co noso equipo de interioristas. Estarán encantados de axudarche a sacar o máximo partido á túa cociña pequena.

Tamén che pode interesar

Guía para integrar unha columna na cociña

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}