T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Altura dos mobles da cociña. Distancia e medidas recomendadas
Mar 09
Altura de los muebles de cocina

Altura dos mobles da cociña. Distancia e medidas recomendadas

  • 9 Marzo, 2023
  • Consellos e tendencias

Á hora de deseñar unha cociña, unha das cuestións chave é a ergonomía. Os mobles deben ser cómodos e funcionais, de forma que o traballo diario nesta estancia resulte agradable, repercutindo positivamente no noso benestar cotián. Algo tan básico como un mesado demasiado baixo, pode acabar provocando dores de lombo. Por iso unha pregunta que se adoita repetir é: cal é a altura idónea para os mobles da cociña?

Porén, non hai unha resposta única. A altura “perfecta” do mobiliario dependerá das características da estancia pero, sobre todo, das necesidades e preferencias dos seus usuarios (e, en especial, da súa propia altura). sí, a altura axeitada para unha superficie de traballo será diferente no caso dunha persoa que mida 1,50 m que no caso doutra de case 2 m.

A qué altura colgar los muebles de cocina

Nos nosos proxectos sempre temos en conta que os mobles deben adaptarse ás persoas concretas que van usalos. No caso dos armarios baixos, o sistema modular de cociñas Santos permítenos elixir a altura do moble, o zócalo e o mesado. Combinando estas tres variables podemos crear composicións prácticas e moi cómodas, que se adaptan a aqueles que van a usalas. Por suposto, tanto o fondo como o ancho dos armarios de cociña é tamén variable, para axustarse a cada proxecto.

Dito isto, hai unha serie de recomendacións xerais que se deben ter en conta á hora de elixir as medidas dos distintos mobles da cociña, e que repasamos a continuación.

Altura dos mobles altos de cociña

Altura de los muebles altos de cocina, Santiago Interiores

No caso dos mobles altos da cociña, hai varias formas de potenciar a súa ergonomía, máis alá da altura á que se coloquen. Así, os módulos con sistemas de apertura alternativos ás portas ofrecen unha visión panorámica do interior e resultan máis accesibles, pero ademais, evitan o risco de golpes cando se traballa con eles abertos.

Cómo colocar muebles altos de cocina Santiago Interiores

Por outro lado, en moitos casos é necesario empregar toda a altura da estancia, colocando armarios coa máxima altura, ou incluso módulos superpoñibles ata o teito, xa que así se maximiza a capacidade de almacenaxe. Está claro que nestes casos non será posible acceder ao interior sen axuda dun chanzo, pero sempre se pode aproveitar ese espazo de difícil acceso para gardar elementos de uso ocasional.

Distancia recomendada entre muebles de cocina altos y bajos, Santos

En canto á altura inferior (onde comeza o armario alto), adóitase recomendar uns 55-60 cm de distancia estándar entre os mobles baixos e os altos (o que adoita supoñer situarnos a uns 150 cm do chan, aínda que iso, como veremos máis adiante, será variable).

Altura dos mobles baixos de cociña

Altura de los muebles bajos de cocina Santiago Interiores

Como xa dixemos, a altura dos mobles baixos debe adaptarse á altura dos seus usuarios, aínda que iso non sempre é posible cando nunha mesma familia hai alturas moi dispares. Así, a altura estándar dos mesmos adoita estar sobre os 92 cm.

Porén, no seguinte gráfico podemos ver o tamaño idóneo en función da altura das persoas que van traballar con eses mobles. Para aqueles máis baixos, uns mobles baixos que midan en torno a 88 cm resultarán moi cómodos. Pola contra, os máis altos traballarán mellor cuns mobles baixos que midan preto de 98 cm.

Gráfico recomendación altura muebles de cocina Santos

Para logralo, os corpos dos módulos baixos de Santos atópanse dispoñibles en tres alturas diferentes —84, 78 y 66 cm—, o que, unido ás distintas alturas de mesados e zócalos, nos permite crear deseños personalizados para cada proxecto.

Como ocorrería no caso dos armarios altos, a ergonomía non depende unicamente da altura dos mobles. A proxección horizontal de Santos, con caixóns mellor que portas nos módulos baixos, fai o acceso ao seu interior máis cómodo e fácil para todos os seus usuarios.

Altura do mesado da cociña

Altura de la encimera 88cm en cocina Santiago Interiores

En realidade, cando falamos da altura dos mobles baixos, falamos da altura á que se sitúa o mesado respecto ao chan; é dicir, a altura da superficie de traballo.

É sen dúbida o elemento máis importante á hora de lograr unha cociña ergonómica e confortable, e por iso a súa altura adoita oscilar entre os 88 e os 98 cm (aínda que sería menor deses 88 cm no caso de persoas de menos de 1,5 m ou persoas en cadeiras de rodas, e sería maior de 98 en caso de xente que supere os 2 m). A altura estándar do mesado en España, como xa apuntamos, estaría arredor dos 92 cm. Na imaxe superior, por exemplo, podemos ver un proxecto co mesado a 88 cm, mentres que na seguinte, o mesado sitúase a 96 cm do chan.

Altura de la encimera 96cm en cocina Santiago Interiores

Respecto aos enchufes da zona de traballo, o mellor é colocalos na parte superior para evitar o contacto coa auga ou outros elementos, e sempre afastados da placa vitrocerámica ou o vertedoiro. No caso de cociñas Santos, os enchufes pódense dispoñer no perfil LED que vai xusto por debaixo dos armarios altos.

Altura entre enchufes y encimera de cocina Santiago Interiores

Altura da barra da cociña

Altura de la barra de cocina Santos

A barra é un elemento moi práctico para poder almorzar ou improvisar unha comida en calquera momento, así como para simplemente sentar a charlar mentres outra persoa cociña. A súa altura dependerá de varios factores, principalmente, se se trata dunha barra independente ou integrada no mesado.

Altura de la barra de desayunos en cocina Santiago Interiores

Cando é o propio mesado voado o que actúa como barra de almorzos, a súa altura adoita ser algo máis baixa (en torno a 92 cm, como mencionabamos antes), algo que hai que ter en conta á hora de escoller os tallos, cuxa altura será duns 65 cm. Porén, cando a barra se anexa sobre o mesado ou vai independente, a súa altura adoita ser superior, en torno a 110 cm. Neste caso, os tallos deben medir uns 77 cm para resultar cómodos.

Altura dos enchufes na cociña

Altura estándar de los enchufes de cocina Santos

Xa vimos onde poñer os enchufes sobre a superficie de traballo pero, a que altura se colocan os que van nas propias paredes da estancia? O habitual no resto da casa é colocar os enchufes na parte baixa, onde resultan máis discretos, a uns 30 cm do chan. Non obstante, na cociña os enchufes deben ir máis arriba para evitar riscos de humidades. Así, a altura recomendada na zona de traballo adoita ser superior a un metro, aínda que no office, por exemplo, é posible atopalos máis baixos.

Altura do extractor de cociña

Altura extractor de cocina Santiago Interiores

No caso da campá da cociña, situala á altura apropiada xoga un papel chave na súa capacidade de extracción (tanto en campás de teito, decorativas e de parede como integradas). Aínda que pode variar segundo o modelo tanto de extractor como de placa de cocción, por regra xeral as campás decorativas, de parede e integradas deben situarse a unha altura de entre 65 e 70 cm cando van sobre placas de gas, e algo menos, en torno a 55-60 cm, cando van sobre placas eléctricas. En calquera caso, nunca deben situarse a menos de 45 cm de distancia respecto ao mesado.

En canto ás capás de teito, a distancia idónea respecto á placa é duns 140-145 cm, como vemos no exemplo da imaxe seguinte.

Altura de las campanas de cocina Santos

Distancia entre a illa e os mobles de cociña

Distancia entre isla y muebles de cocina Santiago Interiores

Máis alá da altura dos distintos módulos, outra cuestión chave para a comodidade na cociña é a distancia entre os distintos mobles (especialmente entre a illa e o resto de mobles de cociña). Deixar zonas de paso o suficientemente anchas é fundamental para que varias persoas poidan traballar na cociña sen agobiarse, pero deixar demasiado espazo tampouco resulta moi práctico, pois rompe co triángulo de traballo e obriga a facer demasiados desprazamentos.

Así, adóitase recomendar un mínimo de 90 cm de paso arredor da illa para poder circular comodamente, aínda que, se é posible, é preferible deixar entre 100 e 120 cm. Esas mesmas medidas serían as axeitadas para outros mobles que se sitúen en paralelo ou perpendicular.

Altura y distancia recomendada de los muebles de cocina Santos

En conclusión, non é posible responder cunha cifra concreta a que altura colgar os mobles altos, a que distancia situar os módulos baixos ou os centímetros que deben separar o mesado do chan, pero iso non quita que sexa esencial situar os distintos elementos á altura axeitada cando se realiza un proxecto. É por iso que en Santiago Interiores sempre facemos deseños personalizados, para que cada cociña se axuste ás necesidades únicas dos seus usuarios. Se ti tamén buscas unha zona de traballo cómoda, práctica e ergonómica, non dubides en pedir cita co noso equipo de interioristas!

Tamén che pode interesar

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}