T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves
Xan 29
Un operario montando varios muebles de cocina de Santos para una reforma.

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

  • 29 Xaneiro, 2026
  • Consellos e tendencias

Iniciar a reforma dunha cociña é sempre un proxecto emocionante, pois buscamos transformar o corazón do noso fogar nun espazo funcional do que gozar día a día. Porén, sabemos que a maior preocupación adoita ser a duración da reforma da cociña.

Para que o proxecto flúa sen imprevistos, é vital seguir unha folla de ruta clara. Neste post resolvemos as preguntas que con maior frecuencia nos expoñen os clientes que acuden ao noso showroom de Santiago. Explicámosche canto tempo dura a reforma da cociña e que pasos clave inflúen na execución, tanto se buscas unha reforma integral de cociña como unha actualización máis rápida.

Entender estas fases axudarache a planificar mellor o teu día a día mentres damos forma ao deseño funcional e moderno que tes en mente.

Cocina estrecha y alargada después de la reforma con Santiago Interiores.

Que fases ten a reforma dunha cociña?

En Santiago Interiores seguimos un proceso definido que nos permite coñecerte e deseñar unha cociña adaptada ás túas necesidades, tanto a nivel estético como ergonómico.

Cocina blanca antes de la reforma con Santiago Interiores.
Cocina blanca reformada con mobiliario de Santiago Interiores.

Paso 1/5 Coñecerte

Todo comeza coñecendo os teus gustos. Xa sexa nunha cita presencial ou online, analizamos as túas necesidades sobre planos ou fotografías, coñecemos o teu estilo de vida e preferencias, realizamos unha proposta de distribución e escollemos acabados para empezar a dar forma ao teu proxecto.

Conocerte Santiago Interiores.

Paso 2/5 Deseño de cociñas

O noso equipo de proxectistas crea unha proposta personalizada que presentamos no showroom. Aquí é onde verás a túa cociña reformada en imaxes 3D, alzados e orzamentos detallados. Ter unha definición clara dos materiais e equipamentos neste punto é o que realmente optimiza a duración da reforma de cociña, evitando cambios sobre la marcha.

Diseño de cocinas Santiago Interiores.

Paso 3/5 Aceptación e reserva

Unha vez aprobada a idea, un medidor cualificado acode ao teu fogar para verificar cada milímetro. A precisión aquí é vital: unha boa medición garante que o orzamento de reforma de cociña sexa definitivo e que a instalación non sufra atrasos por axustes imprevistos.

Aceptación y reserva Santiago Interiores.

Paso 4/5 Pedido e instalación

Tras a sinatura do contrato e o control de viabilidade técnica, xestionamos o pedido directamente coa fábrica. Polo xeral, o período de fabricación adoita roldar as 5 semanas, aínda que é importante ter en cuenta que este prazo non é definitivo e pode oscilar segundo o volume de produción. Unha vez recibimos todo o mobiliario, a instalación da cociña realízana montadores cualificados que coidan cada axuste.

Pedido e instalación Santiago Interiores.

Paso 5/5 Servizo post venta

Unha vez rematada a instalación, poñemos á túa disposición o servizo post-venda para resolver calquera dúbida ou axuste que necesites tras a estrea. Queremos que desfrutes da túa cociña nova coa tranquilidade de saber que estamos ao teu lado sempre que nos necesites.

Servicio post venta Santiago Interiores.

Reforma integral ou parcial?

Á hora de planificar, é fundamental distinguir que tipo de intervención necesitas, xa que isto determinará o tempo de reforma de cociña:

Reforma integral de cociña: Implica un cambio total do espazo. Inclúe a substitución de azulexos e chans, renovación de fontanería e electricidade e, por suposto, o novo mobiliario.

Cocina blanca estrecha antes de la reforma con Santiago Interiores.
Cocina abierta al salón con isla reformada por Santiago Interiores.

Reforma parcial de cociña: Céntrase en renovar os mobles de cociña ou realizar pequenos cambios. É unha reforma de cociña rápida, cun proceso de obra moito menor.

En calquera caso, os nosos xestores de proxectos realizarán un deseño e recomendacións personalizadas. O noso obxectivo é lograr unha cociña reformada que aproveite cada milímetro do espazo e faga o teu día a día moito máis cómodo.

Cocina reformada abierta al comedor en un proyecto del estudio Santiago Interiores.

Podo reformar unha cociña sen obras?

A resposta curta é que, para conseguir un resultado profesional e duradeiro, lo ideal é realizar unha mínima intervención. Aínda que se pode actualizar só a estética, nunha cociña a funcionalidade e a ergonomía son tan importantes como o deseño.

Espacio de una cocina antigua en ruinas antes de la reforma con Santiago Interiores.
Cocina en paralelo con isla reformada por el estudio Santiago Interiores.

Por iso, nós poñemos o foco na planificación técnica. En moitos proxectos recomendamos cambiar a distribución para cumplir co triángulo de traballo e mellorar os desprazamentos ou adaptar a altura dos mobles de cociña, asegurando que o espazo sexa realmente cómodo para as tarefas domésticas.

Ilustración con la altura de los muebles de cocina recomendada por Santiago Interiores.

Aínda que nós nos encargamos exclusivamente do deseño e instalación do mobiliario, se o precisas, podemos facilitarche o contacto de profesionais de confianza para que se encarguen da parte da obra.

Canto tempo se tarda realmente en reformar unha cociña?

Aínda que cada proxecto é único, para que poidas organizarte, o proceso adoita seguir estes prazos:

Desde que se pon en marcha o pedido ata que a cociña queda instalada, o tempo estimado é de aproximadamente 2 meses.

É importante lembrar que estes prazos son orientativos e poden variar segundo a situación e peculiaridades de cada obra.

Un operario transporta un mueble de cocina en un almacén de Santos.

Preguntas frecuentes

Como escollo os materiais para chan e paredes?

Sabemos que combinar texturas e cores é clave para un bo resultado. Aínda que nos centramos no mobiliario, asesorámoste para que chan e paredes harmonicen co conxunto.

Para facilitarche o proceso, podemos prestarche mostras dos nosos acabados. Desta forma, poderás levalas contigo ao elixir o chan ou a pintura e ver como combinan entre si os materiais antes de compralos.

Muestras de materiales de muebles y suelos de cocinas Santos.

Podedes axudarme coa decoración?

Si. Aínda que non fabricamos mobiliario auxiliar, traballamos con marcas de deseño seleccionadas para completar o teu proxecto. Se o desexas, nós encargámonos de asesorarte e xestionar o pedido de cadeiras, vaixela ou elementos decorativos que mellor encaixen co estilo e a distribución da túa nova cociña.

Cocina negra y madera con isla reformada por el estudio Santiago Interiores.

Están incluídos os electrodomésticos?

Podemos incluílos no proxecto e axudarche a elixir os modelos que mellor se adapten ao deseño, encargándonos nós da súa integración e instalación.

Se prefires compralos pola túa conta, é fundamental que esteamos en contacto para indicarche as medidas exactas que deben ter para que encaixen perfectamente no mobiliario. En ambos casos, nós realizamos a instalación para garantir un acabado impecable na túa cociña reformada.

Cocina negra con isla reformada por el estudio Santiago Interiores.

Que necesito para a miña primeira cita?

Para que poidamos empezar a traballar no teu proxecto con precisión, agradecemos que traias un plano coas medidas do espazo. Tamén nos axuda moito contar con imaxes do estado actual; así poderemos analizar mellor las posibilidades e darche unha información moito máis detallada.

Ejemplo de plano de una reforma de cocina con Santiago Interiores.

Con este artigo xa coñeces os pasos a seguir e tes a información necesaria para empezar a reforma da túa cociña. Se aínda che gustaría buscar ideas e inspiración antes de achegarte ao noso showroom para comezar co proxecto da túa cociña, tamén podes visitar as nosas redes sociais. E se xa tes claro que este es o momento de abordar a reforma, estaremos agardándote en Santiago Interiores para asesorarte en todo o proceso e resolver calquera dúbida que che quedase.

Tamén che pode interesar

Guía para integrar unha columna na cociña

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}