T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas nórdicas: sinxeleza, calidez e funcionalidade
Feb 08
Cociña estilo nórdico Santiago Interiores

Cociñas nórdicas: sinxeleza, calidez e funcionalidade

  • 8 Febreiro, 2022
  • Consellos e tendencias

As cociñas nórdicas son tendencia desde hai xa moitos anos, e é fácil entender por que. O estilo escandinavo caracterízase pola sinxeleza e lixeireza nas súas formas, así como polo protagonismo da cor branca e da madeira. Isto da como resultado ambientes luminosos, limpos, prácticos e acolledores, moi en sintonía coa filosofía de cociñas Santos.

Hoxe mostrámosche algúns exemplos de cociñas tipo nórdico con moito encanto, que agardamos che sirvan de inspiración.

Cociña nórdica branca e madeira: unha combinación atemporal

Cociña nórdica branca e madeira Santos

Como diciamos, o protagonismo da cor branca e da madeirason probablemente as principais sinais de identidade de este estilo decorativo. Así lógrase aproveitar ao máximo a luz natural que entra na estancia, á vez que se proporciona un toque caseño fundamental para sentirse a gusto no máis frío do inverno.

Na foto superior podemos ver como o acabado carballo dos mobles altos rompe coa monotonía da cociña branca de estilo nórdico, subliñando a beleza natural da madeira e aportando calidez e confort.

Cociña nórdica branca: deixa que entre a luz

Cociña nórdica branca Santiago Interiores

Sen embargo, non é necesario que a madeira estea presente no propio mobiliario de cociña. O habitual é que os mobles sexan de cor branca, pero si atopamos a calidez dos acabados madeira en chans, mesas, cadeiras, paneis parede ou mobles auxiliares.

Cociña branca estilo nórdico Santiago Interiores

Ademais, nas cociñas de deseño nórdico non pode faltar unha zona office na que comer e cear a cotío. Este recanto, por suposto, tamén debe cinguirse aos mesmos patróns de decoración: materiais naturais como a madeira e moita cor branca.

Cociñas estilo nórdico de madeira: as máis cálidas

Cociña estilo nórdico madeira Santos

Nesta outra cociña de estilo escandinavo, pola contra, vemos que no mobiliario predomina o acabado Carballo Rústico Sincro. Iso si, como se trata dunha estancia pequena, déixase a madeira para os mobles baixos, mentres que o mesado, o panel parede e os mobles altos recorren á branca, de xeito que se consigue un ambiente lixeiro e equilibrado.

O chan tamén é de madeira, outro dos puntos clave deste tipo de decoración, xa que así se aporta moitísima calidez. O resultado é unha cocina nórdica de madeira confortable e funcional.

Cociña nórdica vintage: mirando atrás

Cociña nórdica vintage Santiago Interiores

Sen deixar de man a sinxeleza, en moitas cociñas nórdicas atopamos unha mestura atrevida de elementos contemporáneos e vintage, o que orixina espazos con moito carácter. Un bo exemplo vémolo arriba, onde os mobles de liñas rectas combínanse cun revestimento de táboas de madeira de piñeiro que recorda ás casas de campo doutros tempos.

Cociña nórdica pequena: práctica e equilibrada

Cociña nórdica pequena

Funcionalidade, liñas sinxelas, cor branca por todas partes… Está claro que poucos estilos decorativos se adaptan tan ben ás cociñas pequenas como o nórdico. Resulta fundamental, iso si, elixir acabados madeira en tons moi claros, tanto para o chan como para o resto dos elementos, para non recargar en exceso o ambiente.

Cociña pequena estilo nórdico Santiago Interiores

Separar a cociña do resto da zona de día mediante unha fiestra interior ou algún peche de vidroserá unha magnífica idea para alixeirar visualmente a estancia e multiplicar a súa luminosidade.

Cociñas estilo nórdico con illa: espazos para gozar en compañía

Cociña estilo nórdico con illa Santos

No caso de contar cunha estancia de dimensións xenerosas, o estilo escandinavo tamén se pode beneficiar da distribución con illa. Trátase dun elemento moi práctico e que se converte, con frecuencia, nun punto de reunión e convivencia, o que sen dúbida tamén aporta maior calidez e confort. Se ademais apegamos á illa da cociña nórdica unha mesa de madeira, este efecto será aínda máis evidente.

Cociña nórdica con illa Santiago Interiores

E, por suposto, quen di illa, di península. Neste caso, atopamos unha estancia diáfana e luminosa que se inclina polo minimalismo nórdico, cun aspecto moi limpo pero no que tampouco falta a calidez dea madeira e unha zona office para gozar en compañía de familia e amigos.

Cociña aberta nórdica: zonas de día versátiles e polivalentes

Cociña nórdica aberta ao salón Santos

Sendo as cociñas nórdicas, por definición, acolledoras, sinxelas, sobrias e discretas, resulta especialmente fácil adaptalas a espazos abertosao comedor ou ao salón. Así, as fronteiras entre zona de traballo e de ocio esváense, favorecendo a fluidez das actividades diarias e convertendo calquera recanto da casa nun lugar confortable.

Cociña nórdica rústica: co encanto das casas de montaña

Cociña nórdica rústica Santiago Interiores

Pola súa sinxeleza, a decoración escandinava lógrase adaptar moi ben a outros estiloscomo o minimalista, o vintage ou o rústico. Así, vemos como unha parede de pedra pode realzar a beleza dunha cociña moderna de inspiración nórdica. Se ademais incluímos unha cheminea de leña ou teitos de madeira, o resultado será 100% alpino.

Cociña nórdica negra, por que non?

Cociña nórdica aberta Santos

Aínda que nas cociñas nórdicas o habitual é que a branca sexa a cor predominante, non sempre ten por que ser así. É posible deixar este ton para as paredes, e atreverse con mobles e mesado negroen contraposición con chans de madeira. Xérase así un espazo con moita forza e personalidade, versátil e acolledor.

Se che gustaría levar a sinxela calidez do estilo nórdico á túa cociña, non dubides en consultarnos. En Santiago Interiores sabemos o importante que é deseñar estancias cómodas e agradables, adaptadas ás necesidades e desexos de aqueles que as van a gozar. Pide cita con noso equipo de interioristas, nos encantará atenderte e realizar un proxecto personalizado para ti.

Tamén che pode interesar

Guía para integrar unha columna na cociña

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}