T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas abertas ao salón: inspiración para espazos conectados
Xuñ 09
Cociñas abertas ao salón de Santiago Interiores

Cociñas abertas ao salón: inspiración para espazos conectados

  • 9 de Xuño de 2022
  • Consellos e tendencias

As cociñas abertas ao salón son tendencia! Agora que a cociña pasou a ser moito máis ca un espazo de traballo é lóxico que a perspectiva de integrala no salón resulte aínda máis tentadora. Así, lógrase crear unha zona de día sen obstáculos, na que toda a familia pode compartir momentos, e gozar dos distintos ambientes de maneira fluída.

Pero dentro das cociñas abertas existe moitísima variedade: hainas grandes e pequenas, coas distintas áreas delimitadas ou totalmente diáfanas, con distribución con illa, con península ou en U, modernas ou clásicas… Hoxe seleccionamos algúns dos nosos proxectos favoritos de cociñas abertas ao salón para axudarche a inspirarte á hora de trasladar esta tendencia ao teu fogar.

Cocinas abiertas al salón con isla: cómodas y funcionales

Cociña Santos con illa aberta ao salón

A illa é sempre un elemento moi práctico na cociña: ofrece unha superficie ampla de traballo e contribúe a organizar o espazo. Neste proxecto o mobiliario foi organizado a partir dunha grande illa central que reúne as zonas de preparación, cocción e office. A superficie de traballo, prolongada nun dos laterais da illa, complementouse con tallos de deseño industrial, converténdoa así nunha mesa de comedor.

Cocina abierta al salón con isla y barra diseñada por Santiago Interiores

Nas cociñas semiabertas ao salón con illa, esta non adoita empregarse como elemento para dividir ambientes, e o máis habitual é que quede totalmente integrada. Nestes casos son elementos como os semitabiques ou as portas corredizas os que permiten delimitar visualmente a área de traballo. Deste xeito conséguese outorgar certa privacidade á zona de cociña, remediando un dos principais inconvenientes dos espazos abertos.

cocina-abierta-salon-tabique-cristal-santiago-interiores

Cociñas abertas ao salón pequenas: aproveitando cada metro cadrado

Nos espazos grandes, as cociñas abertas locen moitísimo, pero é quizais nos pequenos nos que demostran o seu maior potencial. Nunha estancia de 10 metros cadrados pode ser todo un reto proxectar unha cociña totalmente equipada que ademais sexa cómoda e lixeira. Con todo, simplemente eliminando as paredes, poderemos aproveitar o espazo circundante para agrandar a área de traballo, ademais de conseguir unha atmosfera máis luminosa e relaxada.

Así, cociña, comedor e salón benefícianse de estar xuntos, obtendo unha zona de día versátil e multifuncional, na que desfrutar de cada tarefa e momento de desconexión.

Cociña estreita Santos aberta ao salón

Algo similar ocorre se deseñamos unha cociña estreita aberta ao salón. Na imaxe superior, por exemplo, podemos ver como se alixeira o ambiente ao deixar as portas corredizas abertas, de forma que a cociña se conecte coa zona de estar. Visualmente, o efecto é moi diferente ao que teríamos se a parede chegase ata o final da estancia.

Cociña aberta ao salón con barra: unha zona office que conecta ambientes

Como xa vimos no caso da illa, a barra nas cociñas tamén é un elemento que se adoita empregar para delimitar ambientes, tanto se se integra na parte exterior da illa, como se se coloca de forma transversal a ela. Elixindo un acabado de madeira, apórtase un toque cálido e acolledor que fai máis fluída a transición entre a cociña e a zona living.

Cociña branca aberta ao salón de Santiago Interiores

Esa calidez é especialmente benvida cando buscamos ideas de cociñas brancas abertas ao salón. Créase así unha atmosfera escandinava moi de tendencia, na que a cociña aporta sinxeleza e luminosidade ao conxunto da vivenda.

Cociñas con península abertas ao salón: amplitude e versatilidade

A península permite aforrar espazonaqueles casos nos que un deseño con illa resultaría incómodo, pero o certo é que tamén dá moito xogo en estancias de dimensións xenerosas. Así, a zona de traballo queda facilmente delimitada, coas distintas áreas (preparación, cocción, fregado, almacenaxe…) a mano. Aínda que os mobles escuros son elegantes e sofisticados, tamén vale a pena recordar que as cociñas brancas abertas a salóns grandes transmiten unha sensación de luminosidade e amplitude moi atractiva.

En moitas ocasións a parte externa da illa emprégase como barra, creando un pequeno espazo office moi versátil. Noutros casos, a mesa de comedor pódese acaroar directamente á península, concentrando o mobiliario para aproveitar ao máximo o espazo.

Cerramento de cristal para cociñas

Cociña aberta ao salón con cristaleira de Santiago Interiores

Se che gusta a estética das cociñas abertas, pero non acabas de velas prácticas en canto a limpeza, ruídos ou olores, unha boa solución é separar a cociña do salón mediante un cerramento acristalado. Nestes casos falaremos máis ben dunha cociña semiaberta, pero bastará con abrir as portas corredizas para desfrutar dun ambiente diáfano.

Cociñas en U abertas ao salón: moi organizadas

É habitual ver cociñas con península organizadas en forma de U. Deste xeito conséguese un triángulo de traballo óptimo, cun acceso rápido e cómodo a calquera recuncho, que diminúe a necesidade de desprazamentos.

Cociñas en L abertas ao salón

Quizais a distribución en L é menos habitual na decoración de cociñas abertas, xa que os distintos lineais de mobles poden quedar algo afastados. Porén, pódese aproveitar nestes casos a parte central para colocar unha illa central, tal e como ocorre no proxecto superior, obtendo unha práctica cociña en L con illa.

Cociñas en paralelo abertas ao salón: estancias anexas

Se contamos cunha cociña alongada, cos mobles distribuídos en paralelo, eliminar o tabique lateral pode ser unha fantástica idea. Desta maneira a cociña queda aberta e conectada co resto da casa, o que aporta moita amplitude.

Cociña en paralelo con illa aberta ao salón de Santiago Interiores

Ademais, nas cociñas abertas con illa, a distribución en paralelo é moi habitual. No proxecto da imaxe superior vemos como a illa concentra as zonas de preparación, cocción e fregado, mentres que en paralelo se dispón unha discreta composición de armarios columna para electrodomésticos e almacenaxe que se integra naturalmente na arquitectura da vivenda.

Decoración para salón cocina

Si tienes una cocina abierta o estás pensando en dar el paso, seguro que has pensado en olores y ruidos, pero también en cómo integrarla estéticamente con el salón. Para la decoración de cocinas abiertas al salón, la clave está en crear una continuidad visual sin perder la personalidad de cada espacio.

Para conseguirlo, es recomendable mantener una paleta de colores coherente entre ambas zonas. Esto no significa que todo deba ser del mismo tono, sino que los materiales, acabados y textiles sigan un hilo conductor. Por ejemplo, si el salón tiene madera natural, puedes incorporarla en detalles de la cocina, como en estantes abiertos.

La iluminación también juega un papel fundamental. Puedes delimitar sutilmente los espacios con lámparas colgantes sobre la isla o la mesa del comedor, o utilizar apliques que refuercen el ambiente acogedor en ambas áreas.

Como ves, ideas de cociñas unidas ao salón hai moitísimas. Esperamos que esta pequena recompilación che axudara a contemplar distintas posibilidades. Se estás pensando en crear ambientes conectados no teu fogar non dubides en consultarnos. Encantaranos atenderte e realizar un proxecto personalizado que teña en conta o espazo dispoñible, así como os teus gustos e necesidades.

Tamén che pode interesar

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

Tendencias Nadal 2025: Como a decoración natural realza o deseño da túa cociña

Deseña a túa zona living: combina mobles, acabados e materiais

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}