T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas brancas e grises. Ideas para inspirarte
Xul 21
Cociña branca e gris Santiago Interiores

Cociñas brancas e grises. Ideas para inspirarte

  • 21 de Xullo de 2021
  • Consellos e tendencias

[Actualizado a 20 de febrero de 2025]

As cociñas brancas e grises permiten unir a sofisticación e profundidade dos tons escuros coa luminosidade e a sinxeleza dos claros.  É por iso que se converteu nunha das nosas combinacións favoritas, e tamén o é para os nosos clientes!

Trátase de dúas cores neutras que, ao complementárense, logran superar as súas carencias creando espazos elegantes, harmónicos e equilibrados. Unha mestura de cores que nunca falla, ideal para estancias de estilo contemporáneo pero tamén para outras máis tradicionais. Á fin e ao cabo, as posibilidades son múltiples: mobles en ámbalas dúas tonalidades, mobles grises con mesado branco, mobles brancos con mesado gris, presenza predominante de unha das cores e pequenos detalles na outra… sen esquecer que dentro da cor gris hai desde tons claros como o Gris Area a outros moi escuros como o Antracita, e as sensacións que transmiten son moi diferentes.

Se buscas inspiración para a túa cociña branca e gris, animámoste a botar un ollo ás seguintes fotos e ideas.

Cociña branca e mesado gris: unha combinación clásica e atemporal

Cociña branca e mesado gris Santos

As cociñas con mobles brancos dan maior luminosidade á estancia, e tamén contribúen a ampliala visualmente; ademais, son fáciles de limpar e facilitan a decoración, xa que quedan ben con calquera outra cor. Se optas por mobles de liñas sinxelas, como os que vemos na imaxe superior, lógrase crear un estilo minimalista e contemporáneo moi atractivo.

Nestes casos, o mesado gris permite xerar un pequeno contraste que aporta carácter e minimiza o risco dunha atmosfera excesivamente aséptica ou impersoal. Se ademais do mesado, a cor gris esténdese ao panel parede, este efecto faise máis evidente, e o resultado é elegante e actual.

Cociña branca e gris pequena: predominancia dos tons claros

Cocina con suelo gris y muebles de cocina blancos en un proyecto de Santiago Interiores

No caso das estancias pequenas, a cor branca adoita ser a gran protagonista nos mobles, deixando a gris para outros elementos, como por exemplo, o piso.

Neste proxecto eliximos mobles de cociña brancos cos que aportamos luminosidade e sesanción de amplitude. O gris, en cambio, aparece no piso con pezas de grandes formatos, proporcionando contraste e solidez visual.

Ademais, o mesado e a fronte de cociña en tons pedra con vetas sutís engaden textura e calidez, suavizando a transición entre ambas cores. Os tiradores metálicos e a campá en aceiro reforzan o carácter atemporal do deseño, mentres que a súa tonalidade harmoniza co chan, creando un conxunto equilibrado.

Cociña branca, gris e madeira: cálida e acolledora

Cocina blanca, gris y madera en un proyecto del estudio de cocinas Santos Santiago Interiores.

Ao ser tanto a branca como a gris cores neutras, ás veces apónselles certa frialdade. Para combater este efecto, nada como introducir pinceladas de madeira: un mesado, un panel parede, unha mesa ou mesmo un chan poden resultar moi útiles para converteren unha cociña simplemente funcional noutra realmente confortable.

Neste proxecto, o Gris Visón protagoniza as frontes dos mobles, aportando sofisticación e un aire contemporáneo. Para equilibrar a súa sobriedade, o panel de madeira na parede introduce un matiz cálido que suaviza o conxunto e crea un ambiente acolledor.

Nesta cociña gris e madeira, introducimos finalmente un mesado branco, que aporta luminosidade ao espazo á vez que axuda a reforzar a sensación de amplitude.

Esta combinación demostra como a madeira pode transformar unha cociña funcional nun espazo máis cálido e envolvente sen renunciar á modernidade.

Cociñas grises con mesado branco: espazos con moito estilo

Amplia cocina gris con encimera blanca e isla de cocina en un proyecto de Santiago Interiores con cerramiento de cristal.

Cando temos unha estancia luminosa paga a pena ceder o protagonismo á cor gris, incluso en tons fortes como o Visón.

Neste proxecto, o equilibrio cromático conséguese grazas ao mesado branco con vetas sutís, que aportan luz e contrasta co tono dos mobles de cociña.

A cociña disfruta dunha gran luminosidade natural grazas á porta con cristais que conecta coa terraza, permitiendo que a luz flúa libremente e ampliando a sensación de espazo. Ademais, o cerramento de vidro que a separa do resto da vivenda mantén unha conexión visual sen renunciar á independencia da estancia.

A illa centran, co seu voo para asentos, reforza a funcionalidade e o deseño, convertindo esta zona nun espazo cómodo tanto para o día a día como para reunións informais.

Por último, a iluminación baixo os mobles altos reforza calidez ao conxunto.

Cociña branca e gris con illa: cómoda e elegante

Cocina gris y blanca con isla de cocina diseñada por Santiago Interiores
Cocina gris con encimera blanca e isla de cocina con barra en un proyecto de Santiago Interiores.

Os últimos dous proxectos confírmannos que os tons escuros poden ser unha moi boa idea en espazos amplos, especialmente se son abertos e/ou moi luminosos. A distribución en illa minimiza a presenza de obstáculos para a circulación da luz, e crea estancias moi cómodas e liviás, nas que varias persoas poden traballar á vez arredor da illa sen molestarse. Decantarse por un mesado en cor branca contribúe a esa sensación de lixeireza e luminosidade, ao quedar a cor branca nunha zona superior, contrastando coa cor gris escura dos mobles.

Cocina gris y blanca abierta al exterior con isla de cocina en un proyecto de Santiago Interiores.

Se estás pensando en reformar a túa cociña e gustaríache probar cun deseño en cores branca e gris, non dubides en pedir cita co noso equipo de interioristas. Estaremos encantados de axudarte a conseguir un proxecto adaptado aos teus gustos e necesidades!

Tamén che pode interesar

Tendencias Nadal 2025: Como a decoración natural realza o deseño da túa cociña

Deseña a túa zona living: combina mobles, acabados e materiais

Cociñas clásicas e modernas: un estilo atemporal

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}