T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas clásicas e modernas: un estilo atemporal
Out 23
Cocina clásica blanca y verde en un proyecto del estudio Santiago Interiores.

Cociñas clásicas e modernas: un estilo atemporal

  • 23 de Outubro de 2025
  • Consellos e tendencias

As cociñas clásicas distínguense polo seu deseño atemporal, caracterizado polo uso de cores e acabados suaves, así como a notable presenza de materiais naturais, como as madeiras. A diferenza de outros estilos, a decoración nestas cociñas permite recorrer a elementos ornamentais como tiradores específicos ou molduras nas frontes.

Un dos maiores atractivos deste estilo é a súa durabilidade estética: nunca pasa de moda. Cunha planificación adecuada, é posible conseguir unha cociña clásica contemporánea que manteña a súa esencia atemporal, pero cun toque máis actual e funcional.

Modelos de cociñas clásicas en Santos

Ao planificar o deseño da túa nova cociña clásica, o estilo das frontes convértese nun factor determinante, xa que pode modificar completamente a estética da estancia. Dependendo da túa elección, conseguirás unha cociña clásica elegante, cun aire máis tradicional, ou cunha versión que incorpore un toque máis moderno e actual.

En Santos, ofrecemos modelos de cociñas con distintos acabados que cumpren cos requisitos de deseño clásico. Estas frontes incorporan detalles ornamentais deseñados para asegurar unha estética única e duradeira no tempo.

Un excelente exemplo deste enfoque son os tres modelos de Santos con frontes enmarcadas que che amosamos a continuación:

Modelo ÉPOCA

Encimera de una cocina clásica modelo ÉPOCA de Santos diseñada por Santiago Interiores.

O modelo ÉPOCA é o deseño máis clásico e tradicional co que traballamos, e ten unha construción moi particular.

Aínda que a peza é única (non está ensamblada), a superficie está traballada cun rebaixe que simula un deseño de catro pezas. Este efecto crea liñas visuais que chegan ata a parte superior da fronte, dándolle unha estrutura dividida e detallada que reforza o seu aire clásico.

Modelo MARCO

Cocina clásica blanca modelo MARCO de Santos diseñada por Santiago Interiores.

O modelo MARCO toma a forza do deseño tradicional e modernízao con liñas máis limpas, sendo o noso clásico actualizado e contemporáneo.

A diferenza do modelo ÉPOCA, o modelo MARCO presenta un marco continuo que rodea un panel central. As liñas e rebaixes non dividen a fronte en pezas, senón que manteñen un contorno initerrompido. Isto confírelle unha apariencia máis fluída e menos recargada.

Modelo CUADRO

Cocina clásica de madera modelo CUADRO de Santos diseñada por Santiago Interiores.

O modelo CUADRO distínguese por unha elegancia máis moderna e minimalista, enfocada na sutilidade do detalle.

Estas frontes están definidas por un sutil perfil de madeira que actúa como un enmarque delicado. Este perfil non só define os bordes da fronte, senón que tamén lle proporciona un relevo e unha identidade visual inconfundibles que a elevan sobre as opcións lisas. A diferenza dos modelos MARCO e ÉPOCA, o seu marco é máis estilizado e de ángulo vivo.

O acabado deste modelo é lacado, pero tamén está dispoñible o modelo CUADRO NATURA, con chapa de madeira natural, que aporta un aspecto máis cálido e orgánico.   

Aparador de madera en una cocina clásica de Santos diseñada por Santiago Interiores.
Detalle de flores sobre un aparador de madera en una cocina clásica de Santos diseñada por Santiago Interiores.

Cores dunha cociña clásica

Outro aspecto fundamental nas cociñas clásicas é a elección da cor. Se ben a decisión final depende dos gustos persoais, a recomendación xeral é optar por tonalidades claras e suaves.

Estas cores contribúen a xerar unha maior sensación de amplitude, especialmente en espazos de dimensións reducidas. Ademais, os tons claros potencian a luz natural do ambiente, como se pode apreciar nesta cociña clásica con illa.

Cocina clásica blanca y madera en un proyecto diseñado por Santiago Interiores.

Coas cores claras, a madeira funciona á perfección, aportando un toque natural e gran calidez. Para crear un contraste atractivo, é posible incorporar elementos como unha barra de madeira ou un almorzador. Outra opción é engadir un panelado na parede, o que contribúe a conseguir esa estética de cociñas clásicas e rústicas. Se buscas unha cociña clásica de madeira, esta combinación resulta ideal.

Cocina clásica y rústica con panelado de madera en un proyecto diseñado por Santiago Interiores

Se desexas un punto máis atrevido que unha cociña clásica branca ou de madeira, en Santos contamos cunha ampla paleta de cores. O contraste entre un acabado de frontes enmarcadas e unha cor máis viva funciona moi ben para aportar personalidade na cociña.

Cocina clásica con muebles verdes en un proyecto del estudio Santiago Interiores.
Cocina clásica blanca y azul en un proyecto diseñado por Santiago Interiores.

Proba de iso son estas dúas propostas, nas que as frontes foron lacadas en tonos máis audaces como o Verde Salvia Seda Mate e o Azul Cosmos, que ademais de aportar carácter, confiren un sutil toque vintage.

Tiradores, o toque especial de deseño

Un dos elementos que máis caracterizan unha cociña clasica é o tirador. Nas cociñas modernas, os sistemas de apertura tenden ao minimalismo, buscando frontes lisos (como o sistema push ou o sistema gola), que resultan casi imperceptibles.

Se o teu obxetivo é lograr un estilo clásico auténtico, os tiradores clásicos para mobles de cociña serán o teu mellor aliado. A variedade é ampla: dende alongados ata redondos, de madeira ou de metal, máis grandes ou máis pequenos. A elección final sempre dependerá do teu gusto persoal. Incluso podes combinar distintos tipos de apertura, como nesta cociña branca clásica que utiliza tiradores nos módulos inferiores e apertura push nos superiores.

Cocina clásica blanca en un proyecto del estudio Santiago Interiores.
Tirador de cocina clásico en un mueble dentro de un proyecto de Santiago Interiores.
Cocina clásica gris en un proyecto diseñado por el estudio Santiago Interiores.
Armarios en una cocina clásica en verde en un proyecto de Santiago Interiores.

Posibilidades de distribución e deseño

No que respecta á distribución, unha cociña clásica debe seguir os mesmos principios de ergonomía e funcionalidade que calquera outra: a clave está en adaptarse ao espazo dispoñible para conseguir a máxima comodidade.

As opcións son amplas e flexibles:

Espazos grandes: Se dispós dunha estancia ampla, as cociñas clásicas con illa central son unha excelente alternativa. Esta distribución, sempre que siga a liña de deseño do resto da habitación, non só optimiza o fluxo de traballo, senón que aumenta tanto a capacidade de almacenamento como a superficie útil.

Cocina clásica con isla diseñada por el estudio Santiago Interiores.

Espazos reducidos: Se buscas un deseño de cociñas clásicas que funcione nun espazo pequeno, a solución está en maximizar cada recuncho. Incorporar unha barra é unha opción práctica para comidas rápidas ou para dispoñer dunha superficie extra cando se necesite.

Cocina clásica con barra de madera en un proyecto del estudio Santiago Interiores.

Os deseños de cociñas clásicas tamén permiten engadir mobles auxiliares, como aparadores, que melloran o almacenamento e complementan a estética da cociña. 

Este modelo de aparador pertence á serie CUADRO NATURA, que, a diferenza do modelo CUADRO, que está lacado, presenta un acabado en madeira natural.

Aparador de madera modelo CUADRO NATURA de la línea de living de Santos.

As posibilidades son casi infinitas. A distribución da túa cociña dependerá dos teus gustos e do espazo dispoñible, pero o factor clave é o deseño e o acabado. Estes deben combinarse e seguir unha estética similar para que se complementen e axuden a crear unha cociña clásica chea de armonía e personalidade. Os mobles de cociña clásicos en madeira ou en branco son o punto de partida ideal.

Se che gustan as cociñas clásicas e están pensando en reformar ou deseñar a túa, non dubides en pedir cita cos nosos comerciais e visitar a nosa tenda para iinspirarte. Podemos deseñar a cociña que mellor se adapte a ti!

Tamén che pode interesar

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

Tendencias Nadal 2025: Como a decoración natural realza o deseño da túa cociña

Deseña a túa zona living: combina mobles, acabados e materiais

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}