T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas con peche de cristal. Ideas para cociñas abertas ou semiabertas
Feb 23
Cocina con cerramiento de cristal Santiago Interiores

Cociñas con peche de cristal. Ideas para cociñas abertas ou semiabertas

  • 23 de Febreiro de 2023
  • Consellos e tendencias

As cociñas con peches de cristal conseguen reunir a luminosidade dos espazos abertos coa independencia das estancias pechadas Conséguese así unha cociña semiaberta que desfruta de conexión visual, pero que ademais se pode illar cando se desexa.

Os tabiques e portas de cristal estanse vendo moitísimo estes últimos anos, tanto en cociñas grandes, onde contribúen a crear zonas de día diáfanas e contemporáneas, como en cociñas pequenas, onde esta solución contribúe a ampliar visualmente o espazo.

Mostramos agora algúns proxectos que agardamos que che sirvan de inspiración se estás pensando en abrir a túa cociña ao salón a través dunhas portas ou un tabique de cristal.

Unha cociña acristalada sofisticada e elegante

Cocina acristalada Santos

Neste proxecto, o peche de portas corredizas funciona case como un tabique de cristal da cociña, xa que ocupa practicamente toda a parede. Así, a zona de traballo está conectada visualmente en todo momento co comedor e o salón, formando unha única gran estancia aberta, pero ao mesmo tempo, podendo manter olores ou ruídos illados.

Cociña e salón, separados por un cristal

Cocina salón separadas por cristal Santiago Interiores

Esta cociña con porta acristalada ao salón-comedor intégrase totalmente na zona de día, xa que a porta corrediza se desliza por completo, deixando a cociña aberta ao resto da casa. Ao contar cun marco branco, ademais, parece mimetizarse con paredes e teitos, fronte a outros peches acristalados que se decantan por un deseño máis decorativo.

Cociña acristalada ao comedor cun estilo moi actual

Cocina acristalada a comedor Santiago Interiores

Situar xuntos a cocina e o comedor facilita considerablemente o servicio e retirada de cubertos, por iso é habitual que se sitúen, ou ben na mesma estancia, ou en habitacións contiguas. As portas corredizas acristaladas propoñen unha solución intermedia. Estas en metal negro e cristal, con perfís extra finos, aportan un toque contemporáneo que dá carácter ao espazo.

Unha cociña semiaberta branca e lixeira

Cocina semiabierta cerramiento de cristal Santos

Un exemplo do xogo que dan as portas acristaladas nas cociñas pequenas, vémolo na foto anterior. A estancia, que conta con tan só 8,5m2, e carece dunha entrada directa de luz natural, evita xerar unha sensación de encerro grazas á súa porta acristalada, que dá á entrada da vivenda.

Unha cociña aberta con cristaleira ao xardín

Cocina abierta con cristalera Santiago Interiores

Esta cociña conta cunha atmosfera luminosa e estival, que invita a desfrutar do día a día coa calma propia das vacacións. Isto débese ás súas grandes fiestras, os seus espazos diáfanos, pero tamén a súa conexión co xardín, tal e como vemos na seguinte imaxe.

Cocina Santos abierta al exterior con cerramiento de cristal

Nesta cociña aberta a cristaleira non se abre ao resto da casa, senón ao exterior. Así, a zona de traballo comunica directamente co xardín, logrando difuminar as fronteiras entre “dentro” e “fóra”.

Cocina con ventanales acristalados Santiago Interiores

Cando ademais o patio ou xardín goza de vistas privilexiadas, resulta especialmente pertinente conectalo á cocina a través de grandes portas e ventanais acristalados, de forma que se poida desfrutar da paisaxe mentres se realizan as tarefas cotiás.

Cocina acristalada con barra Santiago Interiores

Vémolo neste proxecto, no que ademais, dispuxemos a barra de forma que é posible almorzar ou tomar un aperitivo mirando á catedral.

Cocina Santos abierta a terraza con cerramiento de cristal

Por suposto, non só as cociñas que dan a un gran xardín poden desfrutar das vantaxes dunha gran cristaleira. Este elemento tamén pode conectar a vivenda cunha terraza ou balcón, de forma que se multiplique a luminosidade na estancia.

Cocina abierta acristalada Santiago Interiores

Unha cociña pechada con cristal e ferro

Cocina con cerramiento de cristal y hierro Santiago Interiores

Esta cociña, situada nun extremo da zona de día da vivenda, sepárase do resto grazas a un elegante peche en ferro negro e vidro. Neste caso, déixase a parte inferior das portas corredizas cega, o que contribúe a dar certa privacidade á cociña. Porén, a parte superior acristalada conecta os distintos espazos, e favorece a circulación da luz natural por toda a casa.

Unha cociña con terraza acristalada

Cocina con terraza acristalada Santiago Interiores

Como xa vimos, o peche de cristal da cociña tamén pode servir para separala dunha terraza ou zona exterior. En verán, a porta pode abrirse para desfrutar do aire libre tamén no interior de casa. En inverno, a cociña queda protexida do frío, pero desfrutando da luminosidade dun espazo exterior. Todo vantaxes!

Cocina abierta a exterior por cerramiento de cristal
Cocina Santos acristalada abierta a piscina y terraza

Da mesma maneira, situar a cociña xunto á piscina e a zona exterior, solo separadas por cristal, permite conectar ambos ambientes, algo que resulta moi útil cando se reciben visitas ou se quere celebrar una festa na casa.

En definitiva, cociñas de estilos moi diversos poden desfrutar da luminosidade e amplitude visual que aporta un peche acristalado. Está claro que esta opción tamén ten os seus contras, pois a cociña ten que manterse sempre limpa e ordenada, e o illamento da mesma nunca será total, pero cada vez son máis os clientes que valoran poder estar na súa cociña independente, gozando da sensación diáfana dun espazo aberto En canto aos propios peches, hainos de innumerables estilos, formas, materiais e prezos, polo que é fácil atopar un que se adapte a cada cociña.

Cerramiento de cristal cocina semiabierta Santiago Interiores

O máis habitual é elixilos de vidro e ferro ou metal, pero tamén os hai en madeira e cristal. Ademais, o marco pode gañar protagonismo ou, pola contra, reducirse á mínima expresión para case desaparecer.

En calquera caso, se buscas ideas de cociña con cristaleira, animámoste a pedir cita para consultalo co noso equipo de interiorismo. Estarán encantados de deseñar un proxecto a medida para ti!

Tamén che pode interesar

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

Tendencias Nadal 2025: Como a decoración natural realza o deseño da túa cociña

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}