T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/32 cociñas con illa para inspirarte
Xuñ 28

32 cociñas con illa para inspirarte

  • 28 Xuño, 2021
  • Consellos e tendencias

[Actualizado a 13 de outubro de 2022]

Centro de reunións, unha práctica superficie para traballar, espazo extra de almacenamento, un lugar para almorzar… As illas de cociña poden ser todo isto e moito máis. Ao seu arredor flúe a actividade, a vida. Son un punto neurálxico de comunicación e un recurso moi recomendable para aproveitar o espazo e conseguir cociñas modernas, prácticas e funcionais.

Soñas coa túa illa particular? Velaquí algúns exemplos para inspirarte.

Cociñas abertas con illa

Nos últimos anos a cociña pasou de ser unha estancia funcional a converterse nun lugar de convivencia e reunión. Cociñar mentres os pequenos xogan, preparar a cea mentres charlamos cos nosos convidados, gozar de lectura e café na illa… todo isto é posible nunha cociña aberta.

A illa xoga un papel fundamental neste tipo de distribucións, como elemento central de comunicación, e funcionando en moitas ocasións como unha transición natural entre a cociña e o salón ou o comedor.

Cocina blanca abierta con isla

Nestes casos a illa adoita incluir unha barra de almorzar e uns tallos, conformando unha zona office máis informal, na que almorzar ou improvisar algún petisco.

Cocina con isla semiabierta

Por último, unha tendencia que está a gañar moita popularidade é a das cociñas con illa en estancias semiabiertas. Nestes casos, óptase por colocar unhas portas corredías acristaladas que permiten illar a zona de traballo cando é necesario, pero sen perder luminosidade nin conexión visual.

Cociñas modernas con illa

Cocina nórdica moderna con isla

Como xa dixemos, as cociñas con illa vense moitísimo en estancias amplas diáfanas cun estilo actual, que pode ir desde o minimalismo atala inspiración nórdica.

cocina moderna gris y blanco con isla

Así, a aposta por illas de cociña modernas pódese acompañar doutras tendencias en boga como pode ser a elección de cores escuras, o uso de mesados de aparencia pétrea ou a inclusión de vitrinas. O resultado son ambientes contemporáneos e moi elegantes.

Illa de madeira para cociña

Isla de cocina con acabado en madera

Os acabados en tons madeira aportan moitísima calidez á cociña; poden incorporarse en todo o mobiliario ou combinarse con outras cores. No proxecto anterior, por exemplo, podemos ver como a illa de madeira contrasta co resto do mobiliario branco.

isla de cocina de madera y negra

Pero é unha opción que tamén funciona moi ben con cores escuras. A madeira pode usarse simplemente para panelar a parte exterior da illa, conectándoa así cun ambiente máis confortable como o salón ou o comedor. Ademais, o mesmo ton de madeira da illa pode usarse tamén noutros detalles como un panel parede ou estantes.

Illas de cociña rústicas e vintage

cocina vintage con isla negra

Aínda que se adoitan asociar as illas cunha estética máis moderna, o certo é que tamén poden dar xogo en cociñas de estilo rústico e tradicional. Non hai que perder de vista que nas casas de campo, as grandes cociñas sempre funcionaron como centro de reunión. A illa contribúe a favorecer esa interacción.

cocina vintage con isla gris

Elixir un modelo de mobiliario con molduras ou marco, e tirador en forma de pomo, axudará a dar un toque vintage a calquera cociña con isla.

Illa con vitrocerámica

Isla de cocina blanca con vitrocerámica

Xa vimos que a illa pode cumprir funcións moi diversas. En ocasións, funciona como unha área auxiliar de preparación, mentres que noutras, concentra toda a zona de traballo, ou alberga parte dela.

Unha vantaxe clara de poñer a placa vitrocerámica na illa, é que permite estar cociñando e á vez conversar de fronte con outras persoas, ver a televisión ou ter unha visión xeral do resto da estancia en cociñas abertas. Iso si, é fundamental contar cun bo sistema extractor para manter o ambiente libre de fume e olores.

Isla con vertedoiro

isla de cocina con fregadero

Hai moita xente que non se sinte cómoda cociñando de forma tan exposta nunha cociña con illa con placa de cocción, especialmente se adoitan fritir con frecuencia, xa que lles preocupan as salpicaduras de aceite. Instalar o vertedoiro nunha illa acostuma a contar con máis adeptos, sobre todo se se usa solo para preparar a comida, pero non para fregar (ao contar con lavalouza).

isla de cocina oscura con fregadero

Por outro lado, sempre é boa idea que unha illa de cociña inclúa enchufes, para poder usar sobre ela calquera pequeno electrodoméstico de forma cómoda. Unha solución limpa e segura, como vemos na foto superior, é colocar as tomas eléctricas no costado da illa, xa que así se manteñen afastadas das zonas con risco de derrames.

Cociñas pequenas con illa (ou península)

Cocina Blanca con Península

Admitamos que, para que as cociñas con illa sexan realmente prácticas e funcionais, na maioría dos casos necesitaremos unha estancia cunhas dimensións medianas ou grandes. Porén, hai unha opción intermedia que nos permitirá aproveitar ao máximo o espazo e sacar partido de moitas das vantaxes da illa: a península.

Neste proxecto, unha distribución en U fai posible unha cociña moi completa, en tan só 5 m2. A península concentra as principais funcións, incluíndo a zona de cocción, unha ampla superficie de traballo e unha barra para almorzos ou xantares rápidos.

Cocina pequeña con isla Santos

Outra proposta é situar unha cociña con illa nun espazo pequeno, pero completamente aberto a outras estancias da casa. Así, ademais, lograremos crear unha atmosfera máis lixeira e luminosa, evitando a sensación de encerro que, en ocasións, poden transmitir as estancias pequenas.

Un exemplo vémolo na foto anterior, na que atopamos un lineal de armarios columna e mobles altos e baixos que concentran as zonas de cocción, lavado e electrodomésticos. En paralelo, unha ampla illa ofrece superficie para a preparación dos pratos e unha barra para almorzar acotío. A cociña ocupa así un espazo total de 10 metros cadrados.

Cocina pequeña con Península

As illas e penínsulas son unha boa opción para delimitar espazos en cociñas pequenas abertas ao salón, creando estancias cómodas, modernas e moi funcionais.

Cocina pequeña con península abierta al salón

Nestes casos, as illas e penínsulas marcan a transición cara a zona de estar e axudan a crear espazos abertos e diáfanos.

Cociñas grandes con illa

Cocina grande con Isla

As illas son unha opción moi recomendable en espazos grandes, favorecendo a comunicación e interacción dos usuarios. Ao tratarse de módulos illados, con catro costados libres, son moi versátiles e flexibles.

Cocina grande con isla central Santos

Para que os desprazamentos sexan cómodos e os movementos fluídos, é importante estudar o espazo. En canto ás medidas, o recomendable é que entre a illa e o resto do mobiliario exista unha distancia de entre 90 cm e 110 cm.

Cocina grande blanca con Isla

Ademais, teremos que ter en conta a súa relación co resto da distribución, en especial coa zona de traballo que se sitúe en paralelo, repartindo de forma funcional as zonas de cocción, lavado e almacenaxe.

Cocina grande con dos Islas

Se dispoñemos dun espazo moi amplo como o da foto superior, incluso podemos optar por instalar dúas completas illas multifunción enfrontadas.

Cocina grande con isla y mesa de comedor

Nunha cociña grande con illa adóitase incluír tamén unha mesa de comedor para diario, en moitos casos extensible. No proxecto superior, a cociña incorpora unha ampla barra para catro comensais que funciona como elemento de transición entre a zona de traballo e a área auxiliar de mobles baixos.

Cociñas con illa central

Cocina grande con Isla central

Articular a estancia ao redor dunha illa central é unha moi boa solución para sacar partido ao espazo. En Santiago Interiores gústanos escoitar aos nosos clientes para coñecer as súas necesidades, preferencias e estilo de vida, e así deseñar cociñas adaptadas ás súas necesidades. As illas poden ter diferentes finalidades, en función das prioridades dos seus usuarios. É importante preguntarnos a que queremos dar máis importancia. A cociñar? A limpar? A preparar alimentos? Ou a comer?

Medidas de la Isla de una cocina

Se destinamos os mobles da illa a cociñar, debemos considerar un tamaño mínimo de 2 metros, tendo en conta que as campás decorativas teñen unhas dimensións de entre 90 e 120 cm. Se apostamos por illas multifunción, con placa, vertedoiro e lavavaixelas, teremos que ampliar a superficie ata achegarnos aos 3 metros.

Cocina con isla central con zona de lavado, cocción y preparación

Na imaxe podemos ver unha cociña cunha illa central que acolle as zonas de lavado, cocción e preparación, deixando o lineal de armarios columna para agrupar electrodomésticos e almacenamento nun espazo compacto e organizado. Fronte á illa sitúase directamente a mesa de comedor, minimizando a necesidade de desprazamentos á hora de servir e recoller os pratos.

Illas de cociña con mesa

Isla de cocina con barra

As cociñas con barra proporcionan un espazo moi práctico  para almorzos ou xantares rápidos. A illa deste proxecto destínase exclusivamente a este fin. Nun dos seus extremos apóiase sobre un moble de servizo, que queda totalmente integrado no conxunto.

Cocina con Península y mesa

Tamén podemos optar por conectar a illa (península, no caso da fotografía) cunha mesa de comedor, enlazando a zona de preparación do alimento coa de consumición.

Outra posibilidade é anexar unha barra sobre o mesado como neste exemplo. É recomendable que a altura desta barra sexa duns 110 cm, algo por riba da altura das illas, que adoita ser duns 90 cm. E desta forma non se entorpece a apertura dos caixóns.

Cociñas brancas con illa

Cocina blanca Santos con Isla

O branco axuda a potenciar a luminosidade e a crear espazos equilibrados. Se ademais optamos por frontes de liñas puras e sen tiradores, como os do modelo FINE de Santos, lograremos un resultado moi minimalista.

Cocina con isla y muebles blancos Santiago Interiores

A presenza da cor branca nos mobles axúdaos, en moitos casos, a mimetizarse coas paredes, conformando un bloque harmónico e homoxéneo que salienta a luminosidade do ambiente e o carácter organizado da cociña.

Cocina blanca con isla minimalista

A distribución en illa e a elección da cor branca multiplican a claridade desta cociña. As liñas depuradas do mobiliario permiten equipala ao detalle sen recargala.

Cociñas negras con illa

Cocina negra con isla Santos

As estancias amplas e abertas, especialmente si contan cunha boa iluminación natural, tamén permiten decantarse por acabados sofisticados e elegantes como o negro ou o gris escuro, moi habituais nas cociñas con illa de estilo máis contemporáneo.

Cocina negra y gris oscuro con isla Santiago Interiores

En todo caso, se se teme que os tons escuros ensombrezan demasiado a estancia, podemos inclinarnos por unha combinación clásica e atemporal como a branca e a negra, sacando así partido do mellor de ámbalas dúas cores.

Se estás pensando en reformar a túa cociña e che gustaría contar cunha illa, encantaranos axudarche a conseguir un proxecto adaptado aos teus soños, necesidades e espazo. Solicita aquí a túa cita co noso equipo de interioristas.

Tamén podes ver máis deseños no post Novas tendencias de cociñas con illa.

Tamén che pode interesar

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}