Ter un espazo para comer na cociña resulta do máis práctico e fainos o día a día máis sinxelo. É por iso que as cociñas con office están cada vez máis de moda e moitas persoas están dicindo adeus ás zonas de comedor independentes.
Existen distintas distribucións, formas e estilos para encaixar unha zona office na túa cociña. Neste post queremos facer un repaso dos nosos últimos proxectos nos que se incluíu unha mesa auxiliar para comer dentro da mesma estancia. A continuación, descubrímosche todos os seus detalles e diferenzas.
Que é un office?
Se chegaches ata aquí pero segues sen ter claro que é un office de cociña, explicámoscho de maneira moi sinxela: é unha zona dentro da propia cociña dedicada a comer, composta xeralmente por unha mesa auxiliar, aínda que tamén pode ter unha barra, unha illa …
A principal función que cumpre un office é a de facilitar as tarefas diarias, evitando os desprazamentos entre a cociña e o comedor durante as comidas.

Cocina office pequena
Incluso cando os metros cadrados non sobran, incluír un office dentro da propia cociña segue sendo unha opción viable e moi práctica.
No caso de que non teñas espazo para unha ampla mesa rectangular coas súas correspondentes cadeiras, unha moi boa alternativa é dispoñer unha mesa circular nun dos extremos da estancia e aproveitar dito ángulo para deseñar un banco en esquina, como o do proxecto que figura a continuación.

Neste proxecto, a pesar de optar por unha distribución en paralelo, decidiuse non chegar ata o final da parede co amoblamento dun dos lineais. Desta maneira, puidemos deseñar aí a zona office na que comer a diario. O feito de optar por unha mesa circular cun banco en esquina permitiunos maximizar o aproveitamento do espazo e multiplicar o número de comensais que poden sentarse á mesa.

Cociña office con comedor

Noutros casos, as cociñas con office poden ser tamén entendidas como cociñas abertas ao comedor. Un exemplo sería o proxecto superior, resultado dunha reforma na que se tirou o tabique que separaba o antigo comedor e a cociña.
Os propietarios conseguiron así unha cociña office con comedor que ofrece moito máis servizo que os anteriores cuartos separados. Esta nova distribución permítelles desfrutar moito máis do tempo que pasan en familia, pois quen está cociñando pode á vez estar charlando ou interactuando coas demais persoas que se encontran na estancia.

Cociña con office e illa

En casos de estancias máis grandes, como este proxecto de cociña de 30m², as posibilidades aumentan.
Ademais de deseñar unha cociña con illa e incluso cunha barra anexa, optamos por incluír unha mesa auxiliar no outro extremo da estancia.
Así, as funcións quedan repartidas da seguinte maneira: a illa foi concibida como área de preparación dos pratos, a barra pensouse para almorzos e comidas rápidas, e a zona office é dedicada a esas comidas máis copiosas nas que a familia pasa longas e distendidas horas.


Cociña con península e office

Algo similar ocorre nesta cociña con península. A pesar de dispoñer dunha barra perpendicular á península, optamos por colocar unha pequena mesa circular a modo de office.
Desta maneira, todo queda a un paso á hora de poñer a mesa, o lavalouzas, etc. Ademais, a mesa auxiliar bríndanos moitas outras posibilidades de uso, tales como o teletraballo, que os nenos fagan os deberes …

Cociña office con barra

Aínda que, como xa che comentamos, o propio dunha cociña con office é contar cunha mesa auxiliar, cando as dimensións da túa cociña non cho permiten, unha cociña con barra pode cumprir as súas mesmas funcións.
No caso deste proxecto, a propietaria é unha muller que vive soa, polo que habitualmente era ela a única que sentaba á mesa. Tendo isto en conta, ao deseñar a súa cociña consideramos que unha barra podía ser a opción ideal para ela.
Desta forma, nunha cociña pequena puidemos deseñar unha pequena zona office na que comer a diario sen necesidade de desprazarse a outras estancias.

Cociña con office decoración
Se estás pensando en decorar o teu office para que se converta no centro de atención da túa cociña, todo dependerá do estilo que queiras conseguir coa decoración, pero existen dúas chaves que te acercarán a un acerto seguro.
Por un lado, a decoración sobre o propio moble. Un floreiro nunca falla, sexa do estilo que sexa e con flores ou sen elas, resulta unha opción estupenda para vestir a mesa.


Por outro lado, resulta fundamental colocar un punto de luz sobre a zona. Unha lámpada colgante cun deseño orixinal ou sobrio, en función do estilo da túa cociña, vai ser sempre un plus.


Se che gustaron estas ideas de cociñas con office e queres deseñar a túa, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de interioristas. Estarán encantados de asesorarte e traballar man a man cos profesionais encargados da túa obra para lograr un resultado que cumpra e incluso supere as túas expectativas. Podes pedir cita previa a través da nosa web ou chamando ao 636 050 909.




