T 636 050 909 Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Inicio/Blog/Cociñas de madeira. Ideas e fotos para inspirarte
Set 23
Cociñas de madeira Santiago Interiores

Cociñas de madeira. Ideas e fotos para inspirarte

  • 23 de Setembro de 2021
  • Consellos e tendencias

As cociñas de madeira son cálidas, acolledoras, confortables e, ademais, están de plena tendencia. En estancias de estilo rústico aportan un toque clásico e distinguido, mentres que nas de deseño contemporáneo o encanto do acabado natural e a personalidade das vetas crean un interesante contraste coas formas puras e minimalistas.

Non nos referimos unicamente ás cociñas de madeira natural maciza ou chapa, materiais exclusivos e moi atractivos, pero custosos, e que esixen un gran mantemento. Os mobles de cociña estratificados e laminados permiten ofrecer unha gran gama de acabados coa aparencia e textura da madeira, pero sen os inconvenientes deste material.

Outra vantaxe das cociñas de madeira é a súa versatilidade e variedade: cerdeira, piñeiro, carballo, cedro, nogueira… Hai múltiples modelos para elixir, en función dos gustos e preferencias, e tamén das características de cada espazo. Como o branco ou o negro, os tons madeira combinan con todo, o que facilita o deseño do interiorismo.

Se buscas inspiración para a túa cociña de madeira, aquí mostrámosche algunhas imaxes e ideas:

Cociña branca e madeira: luminosa e confortable

Cociña branca e madeira Santos

As cociñas en branco resultan luminosas e lixeiras, pero poden pecar de certa frialdade ou minimalismo excesivo. A madeira, polo contrario, aporta calidez e contribúe a crear espazos acolledores. A combinación de ambas tonalidades é sempre un acerto, e proba diso é esta cociña branca e madeira con illa, que irradia confort e elegancia.

Cociña branca e madeira con illa Santos

Outro bo exemplo é a foto superior, na que a gama cromática redúcese ao diálogo establecido entre o acabado Freixo e a cor branca (presente na illa, os tallos, a campá, a placa de indución, o vertedoiro e a billa) Parte da parede revestiuse con táboas de piñeiro lacadas tamén en branco, o que contribuíu a dar un toque rústico a esta cociña moderna. Un efecto similar é o que logran as cociñas de madeira branca, nas que, a pesar da pintura clara, mantéñense a textura e calidez do material natural.

Cociña branca e madeira con estética nórdica

A combinación branca e madeira está presente en cociñas de todos os estilos, pero quizais brille especialmente nas de estética nórdica. Nestes casos, os mobles en branca intercálanse con detalles en acabados como o Olmo Claro. Trátase de espazos luminosos e acolledores, que transmiten ademais moita serenidade.

Cociña negra e madeira: sofisticación sen renunciar á calidez

Cociña negra e madeira Santiago Interiores

Nas cociñas negras a madeira tamén permite dar un contrapunto de calidez a espazos máis sofisticados e contemporáneos.

Cociña de madeira e mesado negro Santos

Por contra, se o que predomina é a madeira, os detalles en cores escuras aportan unha aparencia máis chic e moderna, como ocorre nesta cociña de madeira con mesado negro. Así, como xa vimos na combinación de branca e madeira, lógrase unir o mellor de dous tonalidades e acabados.

Cociña gris e madeira: pura elegancia

Cociña gris e madeira Santiago Interiores

Para os que foxen da rotundidade da branca ou a negra, a combinación de cociña gris e madeira pode ser todo un éxito. Ademais, a gama do gris inclúe múltiples tonalidades, desde as máis clariñas (como Area ou Perla) e intermedias (como Visón ou Cashmere) ata as máis escuras (como Grafeno ou Antracita). O que teñen todas en común é que, xunto á madeira, xeran ambientes equilibrados e elegantes.

Cociñas clásicas e rústicas de madeira: aires de outrora

Cociñas rústicas de madeira Santos

Nos espazos de corte máis tradicional, a combinación de mobles de madeira, mesado de mármore e azulexos no chan é moi habitual. De feito, as cociñas en chapa vense moito máis en estancias grandes e luminosas de casas de campoque en exiguos pisos urbanos.

No caso de buscar una atmosfera señorial pode ser boa idea decantarse por madeiras escuras como o Carballo Fumé ou a Nogueira. É posible incidir na estética clásica con mobles con molduras e vitrinas, pero optar por un deseño máis contemporáneo nos frontes creará ambientes con moita personalidade. Non esquezamos que o estilo rústico moderno está moi en voga na actualidade.

Cociñas con illa de madeira: calor de fogar

Cocña con illa de madeira Santiago Interiores

Cando a cociña comparte unha única estancia co salón, a illa de madeira pode ser o elemento idóneo para crear unha transición gradual entre os distintos ambientes. Isto queda moi patente no proxecto da foto superior, onde a illa é un espazo de traballo, pero tamén inclúe elementos máis propios dos momentos de lecer como unha librería.

Cociñas con barra de madeira

Cociña con barra de madeira Santos

A madeira adoita ser un material indispensable no comedor e, polo tanto, é habitual que a barra, que permite ofrecer un espazo de office en calquera recanto, recorra a este acabado. A barra pode integrarse na illa ou península, algo moi frecuente nas cociñas abertas.

Barra de madeira en cociña reducida

Pero tamén pode ser a clave para poder almorzar decote en cociñas moi reducidas. Neste caso, vemos como a barra contra a parede permite aproveitar o espazo fronte aos mobles, e a madeira contribúe a facer o ambientemáis confortable e agradable.

Cociñas de madeira pequenas pero con moito encanto

Cociñas de madeira pequenas Santiago Interiores

Aínda que é certo que os acabados en madeira adoitan resultar máis densos e voluminosos visualmente, tamén poden dar moito xogo en estancias pequenas. A clave está en elixir tons claros, e en combinalos con cores luminosas. Unha boa idea consiste en empregar as tonalidades madeira nos mobles baixos, e optar pola branca nos superiores. Así lógrase un ambiente cálido e confortable, pero non recargado.

Se buscas unha cociña de madeirapara a túa vivenda, non dubides en contactar co noso equipo de interiorismo. Estaremos encantados de asesorarte sobre os distintos tipos de acabados dispoñibles e como aplicalos no teu proxecto tendo en conta os teus gustos e hábitos, así como as características da túa casa.

Tamén che pode interesar

Como limpar os teus mobles de cociña? Consellos de limpeza para que luzan sempre como o primeiro día
Tiradores de cociña. Atopa o tirador que mellor se adapta ás túas necesidades
Como Distribuír Cociñas Alongadas: Ideas para inspirarte
  • Facebook
  • Twitter
  • Tumblr
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Receitas
  • Sen categoría

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
10:00-14:00 | 16:00-20:00
Sábados—
10:00-14:00
Profesionais
Outlet
FAQ
Catálogo Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal
Logo Santiago InterioresInformación sobre cookiesUsamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia no noso sitio web e ofrecerche servizos personalizados segundo os teus hábitos de navegación. Para máis información podes consultar a nosa Política de Cookies. Mostrar Configuración
Aceptar Todo
Manage consent

Resumo da privacidade

Este sitio web usa cookies para mellorar a túa experiencia mentres navegas polo sitio web. Destas, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no teu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcións básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacénanse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tés a opción de desactivar estas cookies. Pero a exclusión dalgunhas destas pode afectar a túa experiencia de navegación.
Necesarias
Sempre activado
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web de forma anónima.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 mesesA cookie está configurada polo consentimento da cookie GDPR para rexistrar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Funcional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. As cookies úsanse para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Necesario".
cookielawinfo-checkbox-others11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Outros".
cookielawinfo-checkbox-performance11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Rendemento".
viewed_cookie_policy11 mesesA cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR e úsase para almacenar se o usuario consentiu ou non o uso de cookies. Non almacena ningún dato persoal.
Funcionais
As cookies funcionais axudan a realizar certas funcionalidades como compartir contido do sitio web en plataformas de redes sociais, recoller opinións e outras características de terceiros.
Rendemento
As cookies de rendemento úsanse para comprender e analizar os índices clave de rendemento do sitio web, contribuíndo a proporcionar unha mellor experiencia de usuario aos visitantes.
Análise
As cookies analíticas úsanse para comprender como os visitantes interactúan co sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre as métricas do número de visitantes, a taxa de rebote, a fonte de tráfico, etc.
Publicidade
As cookies publicitarias úsanse para entregar anuncios e campañas de mercadotecnia relevantes aos visitantes. Estas cookies fan un seguimento dos visitantes de todos os sitios web e recollen información para ofrecer anuncios personalizados.
Outras
Outras cookies sen categorizar son as que se están a analizar e que aínda non se clasificaron nunha categoría.
GARDAR E ACEPTAR