[Actualizado a 9 de febreiro de 2022]
Á hora de deseñar unha cociña, a distribución xoga un papel clave, e é probablemente a decisión que terá maior impacto na futura funcionalidade da estancia. Son mellores as cociñas en forma de L ou de U? Con illa ou lineal? En realidade non hai unha única solución: a disposición dos mobles debe adaptarse ao espazo dispoñible, o tamaño da familia e o estilo de vida das persoas que van usala.
Dito isto, é certo que a distribución en L é unha das máis empregadas polas súas numerosas vantaxes, e porque permite aproveitar moi ben os metros cadrados existentes, sexan moitos ou poucos. Así, ao agrupar os mobles e electrodomésticos en dúas paredes que forman un ángulo recto, redúcense os desprazamentos entre as zonas de almacenaxe, cocción e fregado e, ao mesmo tempo, déixase moito espazo libre para que varias persoas poidan traballar comodamente e sen estorbarse.
Cociñas pequenas en L: máximo rendemento
En cociñas pequenas de planta cadrada ou alargada, unha distribución en forma de L axuda a rendibilizar o espazo dispoñible, ampliando e organizando comodamente tanto a área de traballo como a de almacenaxe, e proporcionando unha mellor iluminación. Trátase dunha disposición atemporal que que se ve tanto en cociñas de pequenas dimensións de estética clásica ou rústica como naquelas cun deseño moderno e actual.
En cociñas pequenas abertas ao salón ou ao comedor, a base da L serve moitas veces para separar espazos. Prolongando o voo do mesado cónseguese, ademais, unha pequena barra na que poder petiscar algo.
Noutras ocasións unha barra independente, colocada perpendicularmente ao mobiliario, é a que dá forma de L á pequena cociña aberta.
Cociñas brancas en L: as máis luminosas
O branco é unha das cores máis demandadas para os mobles da cociña, independentemente do tipo de distribución. Pero cando se organizan en L non existe ningún obstáculo para a entrada da luz natural desde as fiestras, ou incluso desde outras estancias. Así poténciase aínda máis, se cabe, a luminosidade e lixeireza das cociñas brancas, tal e como comprobamos na imaxe anterior
Cociñas en L con illa: cómodas e funcionais
Os mobles de cociña en L non son incompatibles con deseños que inclúan unha illa de traballo, o contrario! Cando se trata de estancias moi amplas pódese utilizar o espazo central, que queda libre, para situar unha xenerosa illa central. Deste xeito multiplícase a superficie de mesado para preparar comodamente os pratos, á vez que se aumenta o número de caixóns nos que gardar os utensilios.
Cociña en L con península: ambientes conectados
Tendo en conta que unha península se coloca habitualmente en perpendicular ao resto do mobiliario, a planificación en L é moi frecuente neste tipo de cociñas. Trátase dunha solución que aporta comodidade e lixeireza ao ambiente, creando amplos espazos nos que varias persoas poden traballar xuntas sen estorbarse. Boa mostra diso, atopámola no proxecto da fotografía anterior, na que a península acolle as áreas de preparación, fregado e cocción, e o outro tramo da L, electrodomésticos e solucións de almacenaxe.
Cociña comedor en L: espazo para reunirse en familia
Unha vantaxe destas cociñas, como vemos en algunhas destas fotos, é que deixan bastante espazo libre para incluír unha mesa con cadeiras, xa sexa no centro da estancia –se esta é ampla- ou xunto á parede que queda libre de mobles.
Así, pódese crear unha funcional zona de comedor onde almorzar, xantar ou cear, pero tamén onde os nenos poden facer os deberes, ou os invitados sentarse a charlar mentres cociñamos.
Cociñas en L con barra: un office improvisado
Outra opción, cando a cociña é pequena e non hai espazo para unha mesa de comedor, é sustituíla por unha barra de almorzar pegada á parede, ou en transversal. Cuns tallos e unha repisa de madeira poden improvisarse almorzos e merendas sen apenas restar espazo de tránsito, contribuíndo a un maior uso do corazón da casa. As cociñas con barra supoñen, deste xeito, unha solución práctica e moi actual.
A barra tamén pode incorporarse adosada ao propio mobiliario, tal e como vemos na imaxe anterior. En calquera caso, as cociñas con barra sempre resultan unha solución práctica e moi actual.
Cociñas en L con fiestra: estancias moi confortables
Como distribuír unha cociña en forma de L para sacar o máximo partido da iluminación natural? Unha opción habitual, é deixar a ventá libre, e aproveitar os outros tabiques para poñer ambos tramos da L.
Pero tamén é frecuente ver cociñas en L con vertedoiro baixo a ventá, onde a estratéxica situación dos mobles baixos proporciona abundante luz sobre a superficie de traballo.
Planos de cociñas en L
Vimos moitas imaxes de cociñas en ele, pero os planos poden ser tamén moi útiles á hora de facerse unha idea sobre como funcionan as cociñas con esta distribución.
Arriba podemos ver unha cocina pequena con forma de L, na que a disposición do mobiliario resulta compacta e organizada, e deixa espazo libre para poñer unha mesa de comedor con cadeiras.
A continuación vemos unha estancia moito máis grande, na que a cociña con península se sitúa xusto no centro, creando zonas de paso amplas para moverse con liberdade.
Buscas un deseño de cociña en L?
Se buscas un deseño de cociña en L non dubides en consultarnos. En Santiago Interiores sabemos o importante que é facer as cociñas a medida, adaptadas ás necesidades e gustos de quen as vai gozar. Por iso te asesoramos á hora de atopar a túa distribución de cociña y de levala a cabo. ¡Reserva a túa cita, estaremos encantados de atenderte e realizar un proxecto personalizado para ti!