T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas en forma de U: moi cómodas e funcionais
Xan 18

Cociñas en forma de U: moi cómodas e funcionais

  • 18 Xaneiro, 2019
  • Consellos e tendencias

Á hora de elixir a distribución idónea para a cociña hai que ter en conta numerosos factores: os metros cadrados dispoñibles, o tamaño da familia, o uso que se fará da cociña, o estilo que se busca, etc. Con todo, está claro que cada disposición ten as súas vantaxes, e as das cociñas en forma de U son moitas, especialmente para aqueles que queren aproveitar ao máximo o espazo dispoñible.

Así, as cociñas en U crean un triángulo de traballo moi funcional ao situar todos os mobles e electrodomésticos en tres paredes contiguas (o habitual, ademais, é empregar eses tres lados para crear tres zonas diferenciadas: a de cocción, a do vertedoiro e a de electrodomésticos como neveira ou forno). Deste xeito todas as áreas de traballo están próximas, e o acceso á despensa é tamén rápido e cómodo, disminuíndo a necesidade de desprazamentos na cociña. Ademais, ao aproveitar tres paredes increméntanse as opcións para poñer mobles e armarios, aumentando a capacidade de almacenaxe.

Sen embargo, este tipo de distribución non é apta para cociñas moi estreitas, xa que debe haber un mínimo de 120 cm entre os dous frontes que quedan en paralelo, para que non dea sensación de pechado e non sexa incómodo traballar nela. Por contra, queda moi ben en cociñas cadradas, e tamén é moi usado en pequenas cociñas abertas, onde un dos lados da U é en realidade unha península que separa ambientes.

Cociñas pequenas en forma de U: máximo aproveitamento do espazo

Cocinas pequeñas en forma de U Santos

Como diciamos, a distribución en forma de U resulta moi práctica, especialmente cando non se conta con tanto espazo como se desexaría. O máis funcional é enfrontar a zona de despensa e a de cocción, deixando a de augas para o vértice, aínda que, por suposto, todo dependerá das características de cada estancia. En todo caso, é boa idea colocar o vertedoiro baixo a fiestra para poder gozar da luz natural mentres se lavan e preparan os alimentos, mentres que os fogóns é mellor situalos fronte a unha parede.

O tema da iluminación non é secundario, especialmente nas cociñas pequenas en forma de U, nas que o ambiente pode resultar algo pesado se non hai suficientes puntos de luz. Ademais, para reforzar a luminosidade natural e lograr maior sensación de amplitude, recoméndase elixir mobles brancos, ou mesmo módulos vitrina ou con zonas abertas, máis lixeiros.

Cocinas pequeñas en forma de U con muebles blancos

Aínda que nas cociñas pequenas é difícil atopar onde colocar unha zona de comedor tradicional, si é posible incluír un pequeno office, por exemplo colocando unha barra de almorzo con tallos nun dos lados da U, en lugar dos mobles habituais.

Por último, non hai que esquecer que nas cociñas pequenas abertas a distribución en U axuda a sacar o máximo partido do espazo dispoñible. Ao haber unha saída ao salón ou comedor non se recarga o ambiente, e a península que queda nun dos extremos axuda a separar as distintas zonas da casa.

Cociñas en U grandes: lixeiras e luminosas

Pero non só nos espazos reducidos pódese elixir este tipo de distribución. As cociñas modernas de amplas dimensións tamén se poden beneficiar de situar os mobles en tres paredes contiguas, deixando o centro da estancia libre para deambular comodamente, ou mesmo para colocar unha zona de comedor ou unha illa de traballo.

Cocinas grandes en forma de U Santos

Cociñas en U con barra: unha pequena zona de comedor incorporada

Cocinas en forma de U con barra Santiago Interiores

Incluír una barra para almorzos e comidas improvisadas contribúe a facer da cociña un lugar máis amable para reunirse en familia e, nas cociñas en forma de U, é posible tamén sacar partido deste elemento. Pode colocarse na parte exterior dunha península, estendendo o mesado para crear unha zona office, ou nun dos laterais do mobiliario como elemento independente.

Cocinas en forma de U con barra para desayunos y comidas

Cociñas en U con península: para separar ambientes

Cocinas en forma de U con península Santos

Unha península nun dos laterais da U é habitual en cociñas abertas, que aproveitan esa liña de mobles, habitualmente baixos, para separar a zona de cociñar do resto da vivenda. Pero tamén é recomendable en cociñas amplas para delimitar distintas áreas e crear unha zona de traballo acolledora e con todo a man.

Cociñas en U con illa: só apto para grandes espazos

Menos habitual é poñer unha illa na parte central dunha cociña en forma de U, xa que, a menos que se trate dunha estancia moi grande, é fácil que o ambiente quede demasiado saturado. Pode verse en cociñas abertas, nas que a ila favorece a transición entre as distintas zonas da casa.

Cociñas con forma de L, en U, en paralelo, lineal, con illa… Antes de decantarte por unha ou outra opción animámoste a consultarnos cal sería a distribución máis axeitada para a túa cociña. En Santiago Interiores nos encantará atenderte e realizar un proxecto personalizado que teña en conta el espazo dispoñible, así como as túas necesidades e gustos. Non dubides en  reservar a túa cita.

Tamén che pode interesar

Guía para integrar unha columna na cociña

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}