[Actualizado a 3 de xullo de 2025]
Á hora de deseñar unha cociña, a distribución xoga un papel clave, e é probablemente a decisión que terá maior impacto na futura funcionalidade da estancia. Son mellores as cociñas en forma de L ou de U? Con illa ou lineal? En realidade non hai unha única solución: a disposición dos mobles debe adaptarse ao espazo dispoñible, o tamaño da familia e o estilo de vida das persoas que van usala.
Dito isto, é certo que a distribución en L é unha das máis empregadas polas súas numerosas vantaxes, e porque permite aproveitar moi ben os metros cadrados existentes, sexan moitos ou poucos. Así, ao agrupar os mobles e electrodomésticos en dúas paredes que forman un ángulo recto, redúcense os desprazamentos entre as zonas de almacenaxe, cocción e fregado e, ao mesmo tempo, déixase moito espazo libre para que varias persoas poidan traballar comodamente e sen estorbarse.
Cociñas pequenas en L: máximo rendemento
En cociñas pequenas de planta cadrada ou alargada, unha distribución en forma de L axuda a rendibilizar o espazo dispoñible, ampliando e organizando comodamente tanto a área de traballo como a de almacenaxe, e proporcionando unha mellor iluminación. Trátase dunha disposición atemporal que que se ve tanto en cociñas de pequenas dimensións de estética clásica ou rústica como naquelas cun deseño moderno e actual.
En cociñas pequenas abertas ao salón ou ao comedor, a base da L serve moitas veces para separar espazos. Prolongando o voo do mesado cónseguese, ademais, unha pequena barra na que poder petiscar algo.
Noutras ocasións unha barra independente, colocada perpendicularmente ao mobiliario, é a que dá forma de L á pequena cociña aberta.
Cociñas brancas en L: as máis luminosas
O branco é unha das cores máis demandadas para os mobles da cociña, independentemente do tipo de distribución. Pero cando se organizan en L non existe ningún obstáculo para a entrada da luz natural desde as fiestras, ou incluso desde outras estancias. Así poténciase aínda máis, se cabe, a luminosidade e lixeireza das cociñas brancas, tal e como comprobamos na imaxe anterior
Cociñas en L con illa: cómodas e funcionais
Os mobles de cociña en L non son incompatibles con deseños que inclúan unha illa de traballo, o contrario! Cando se trata de estancias moi amplas pódese utilizar o espazo central, que queda libre, para situar unha xenerosa illa central. Deste xeito multiplícase a superficie de mesado para preparar comodamente os pratos, á vez que se aumenta o número de caixóns nos que gardar os utensilios.
Cociña en L con península: ambientes conectados
Tendo en conta que unha península se coloca habitualmente en perpendicular ao resto do mobiliario, a planificación en L é moi frecuente neste tipo de cociñas. Trátase dunha solución que aporta comodidade e lixeireza ao ambiente, creando amplos espazos nos que varias persoas poden traballar xuntas sen estorbarse. Boa mostra diso, atopámola no proxecto da fotografía anterior, na que a península acolle as áreas de preparación, fregado e cocción, e o outro tramo da L, electrodomésticos e solucións de almacenaxe.
Cociña comedor en L: espazo para reunirse en familia
Unha vantaxe destas cociñas, como vemos en algunhas destas fotos, é que deixan bastante espazo libre para incluír unha mesa con cadeiras, xa sexa no centro da estancia –se esta é ampla- ou xunto á parede que queda libre de mobles.
Así, pódese crear unha funcional zona de comedor onde almorzar, xantar ou cear, pero tamén onde os nenos poden facer os deberes, ou os invitados sentarse a charlar mentres cociñamos.
Cociñas en L con barra: un office improvisado
Outra opción, cando a cociña é pequena e non hai espazo para unha mesa de comedor, é sustituíla por unha barra de almorzar pegada á parede, ou en transversal. Cuns tallos e unha repisa de madeira poden improvisarse almorzos e merendas sen apenas restar espazo de tránsito, contribuíndo a un maior uso do corazón da casa. As cociñas con barra supoñen, deste xeito, unha solución práctica e moi actual.
A barra tamén pode incorporarse adosada ao propio mobiliario, tal e como vemos na imaxe anterior. En calquera caso, as cociñas con barra sempre resultan unha solución práctica e moi actual.
Cociñas en L con fiestra: estancias moi confortables
Como distribuír unha cociña en forma de L para sacar o máximo partido da iluminación natural? Unha opción habitual, é deixar a ventá libre, e aproveitar os outros tabiques para poñer ambos tramos da L.
Pero tamén é frecuente ver cociñas en L con vertedoiro baixo a ventá, onde a estratéxica situación dos mobles baixos proporciona abundante luz sobre a superficie de traballo.
Cociñas en L modernas: prácticas e estéticas
Como vimos, a distribución en L, adáptase a cociñas de distintos tamaños, formas e estilos. Pola súa sinxeleza, responde moi ben ao mobiliario máis contemporáneo con liñas puras e formas simples.
En caso de que a estanza sexa ampla, ademais, podemos complementala cunha illa central ou con algún moble auxiliar nas paredes que quedan libres.
Planos de cociñas en L
Vimos moitas imaxes de cociñas en L, pero os planos poden ser tamén moi útiles á hora de facerse unha idea sobre como funcionan as cociñas con esta distribución.
Arriba podemos ver unha cocina pequena con forma de L, na que a disposición do mobiliario resulta compacta e organizada, e deixa espazo libre para poñer unha mesa de comedor con cadeiras.
A continuación vemos unha estancia moito máis grande, na que a cociña con península se sitúa xusto no centro, creando zonas de paso amplas para moverse con liberdade.
Como distribuír unha cociña en L?
A distribución dunha cociña en L é clave para conseguir un espazo funcional, cómodo e armonioso. Ao tratarse dunha estancia onde pasamos moito tempo, cada elemento debe colocarse estratexicamente para facilitar as tarefas do día a día e aproveitar ao máximo cada rincón.
O triángulo de traballo: a clave dunha distribución eficiente. Escoitaches falar do triángulo de traballo? Este concepto baséase na conexión entre tres zonas fundamentais: o fregadeiro, a zona de cocción e o frigorífico. A idea é formar un triángulo imaxinario que facilite os desprazamentos e mellore a eficiencia na cociña.
Aínda que o triángulo de traballo se aplica a calquera tipo de cociña —con illa, en U, con península, lineal— a súa implementación varía segundo o deseño. Neste plano amosámosche como distribuír unha cociña en L seguindo esta regra básica do deseño.
Este enfoque fai que o acceso ás zonas principais sexa moito máis práctico, reducindo o esforzo e aumentando a comodidade.
Como recomendacións para aplicar o triángulo de traballo nunha cociña en L, tanto se falamos dunha distribución dunha cociña pequena en L como de cociñas máis amplas, é asegurar que o triángulo de traballo estea libre de obstáculos. É fundamental evitar elementos como illas mal ubicadas, columnas estruturais ou electrodomésticos colocados de forma inadecuada, xa que poden entorpecer o fluxo entre estas áreas.
Ademais, débese considerar coidadosamente o espazo necesario para a apertura de portas, tanto dos mobles como dos electrodomésticos. Unha planificación adecuada non só mellora a funcionalidade e a ergonomía da cociña, senón que tamén garante un entorno de traballo máis práctico e eficiente para o día a día.
Que mobles escoller para unha cociña en L?
Escoller os mobles de cociña en L adecuados é fundamental para crear un espazo funcional, estético e cómodo. Grazas á súa distribución angular, este tipo de cociñas permite combinar diferentes módulos, materiais e estilos para adaptarse ás necesidades do usuario e á estética do fogar.
Un dos retos máis comúns nunha distribución de cociña en L é como optimizar a esquina. Para sacarlle o máximo partido, unha opción práctica e elegante é incorporar un moble persiana, ideal para almacenar utensilios de uso frecuente sen que queden á vista. Este tipo de moble destaca polo seu fácil acceso e o seu deseño limpo.
Outra solución funcional é instalar un moble en L para cociña con módulos baixos de gran capacidade. Estes mobles permiten gardar potas, tixolas ou pequenos electrodomésticos, e
poden incluír bandexas xiratorias ou extraíbles que melloran a accesibilidade e aproveitan ao máximo o espazo dispoñible.
Para non desaproveitar ningunha zona, recoméndase engadir un moble columna en esquina, especialmente útil en cociñas con pouco espazo. Este tipo de moble permite aproveitar a altura e pode incorporar gavetas interiores ou estantes axustables que maximizan o almacenaxe sen perder estética.
Os mobles de cociña en forma de L poden completarse cunha serie de elementos que aportan funcionalidade e estilo como columnas altas para integrar forno e microondas, liberando espazo no mesado, armarios superiores con portas abatibles, ideais para manter unha liña visual limpa e facilitar o acceso, vitrinas decorativas que aportan lixeireza e un toque persoal ao deseño ou barras de almorzo ou pequenas illas auxiliares, especialmente en cociñas abertas, que actúan como zona para comer o espazo de apoio extra.
Ademais, incluír un moble para almorzos pode ser moi útil para manter todo o necesario a man dende a primeira hora do día. E se decides engadir estantes superiores, asegúrate de colocalos a unha altura accesible para que o seu uso sexa realmente práctico.
Buscas un deseño de cociña en L?
Se buscas un deseño de cociña en L non dubides en consultarnos. En Santiago Interiores sabemos o importante que é facer as cociñas a medida, adaptadas ás necesidades e gustos de quen as vai gozar. Por iso te asesoramos á hora de atopar a túa distribución de cociña y de levala a cabo. ¡Reserva a túa cita, estaremos encantados de atenderte e realizar un proxecto personalizado para ti!






















