Que distribución elixir para a cociña? A disposición dos mobles influirá considerablemente na funcionalidade e comodidade da cociña, no seu estilo, e tamén no aproveitamento mellor ou peor do espazo dispoñible. Por iso non é posible afirmar se son mellores as cociñas en paralelo ou con illa, as que seguen unha distribución en forma de L ou de U; cada unha delas se axusta a diferentes necesidades.
Así, as cociñas lineais maximizan a eficiencia en espazos estreitos, onde non é posible aproveitar ambas paredes. Sen embargo, é un error limitar a súa utilidade a cociñas de dimensións reducidas, xa que dan moito xogo cando se conta cunha parede de uns 3 metros (ou máis), sen fiestras nin portas, de xeito que se poidan poñer todos os mobles precisos para equipar totalmente a cociña.
Ademais, a distribución en liña tamén é moi apreciada en espazos abertos, especialmente en pequenos apartamentos nos que a cociña comparte metros cadrados co salón, o comedor ou mesmo o dormitorio.
Cociñas lineais pequenas: prácticas e ordenadas
É evidente que amoblar unha cociña pequena supón sempre un desafío, xa que é importante dotala de todos os electrodomésticos necesarios e de suficiente almacenamento e, ao mesmo tempo, non recargar o ambiente e deixar espazo para moverse comodamente. Por iso nas cociñas pequenas, sempre que é posible, trátase de aproveitar varias paredes.
Sen embargo, cando a estancia ademais de pequena, é estreita, está claro que a cociña en liña é a solución máis eficiente para crear unha atmosfera práctica, cómoda e ordenada. Nestes casos, o máis recomendable é decantarse por mobles lixeiros en cores neutras, que contribúan a ampliar visualmente o espazo, e aproveitar cada centímetro do frontal ocupado (con mobles que saquen partido do espazo vertical e unha distribución óptima das distintas zonas de traballo (fregado, cocción e almacenamento). Así, é boa idea colocar o frigorífico nun dos extremos, mentres que a placa se recomenda colocala cara o centro.
Do mesmo xeito, cando a cociña ademais de pequena, ábrese ao resto da vivenda, a distribución en liña resulta idónea. Desta forma, se aproveita unha das paredes, pero déixase o espazo restante despexado para incluír mobiliario de salón e comedor, o que crea un ambiente polivalente, pero á vez limpo e organizado.
Cociñas lineais grandes: con espazo para o comedor
Cando as cociñas en liña son grandes, pola contra, é posible incluír todo o mobiliario que se desexe, así como un mesado longo no que poder traballar dúas persoas comodamente. O resultado vese moi amplo e espazoso, porque o resto das paredes quedan libres. Ademais, adóitase utilizar este espazo libre para poñer unha práctica zona de comedor dentro da cociña, cunha mesa e cadeiras.
Cociñas lineais con barra
No caso das cociñas con barra máis estreitas, o habitual é colocar a barra para almorzar contra a parede enfrontada, permitindo así sumar un pequeno office no que petiscar algo. Noutras ocasións, dependendo da forma e dimensións da cociña, a barra pode colocarse tamén como extensión do lineal, ou en perpendicular.
Cociña lineal con illa: un concepto diferente
Unha cociña lineal con illa, en realidade, pouco ten que ver co que entendemos habitualmente como unha cociña lineal, xa que a disposición das distintas áreas de traballo cambia por completo. E, de feito, a maioría das illas (especialmente en espazos abertos) colócanse fronte a unha ringleira de mobles, servindo de transición entre as distintas zonas da casa.
Cociñas lineais brancas: luminosas e diáfanas
A cor branca aporta luminosidade e lixeireza á cociña, e por iso é un ton moi habitual en cociñas de todos os tamaños, pero especialmente nas máis pequenas. Tamén cando os mobles se distribúen nunha única liña esta cor serve para lograr ambientes relaxados, contemporáneos e cheos de luz, máis alá de contribuír a ampliar visualmente os metros cadrados dispoñibles.
Deseño de cociñas lineais
Como vimos, a distribución en liña ten moitas vantaxes y adáptase ben a un estilo decorativo sobrio, sinxelo y moderno, moi popular na actualidade. Agora ben, é esencial deseñar a cociña de forma personalizada, tendo en conta tanto o seu tamaño como o uso que se lle vai dar, porque non todas as cociñas rectas son (nin deben ser) iguais.
Se estás buscando un deseño en liña para o teu fogar, no dubides en reservar a túa cita para consultarnos. En Santiago Interiores estaremos encantados de asesorarte e de realizar un proxecto singular co que sacar máximo rendemento da túa cociña.