En anteriores artigos contabámosche como a cociña branca e madeira é unha das máis populares dende hai xa bastantes anos. Porén, as tendencias van evolucionando e cambiando: as cociñas negras e madeira son hoxe en día unha combinación elegante, con moito estilo e moi actual.
Son múltiples as maneiras de combinar estas dúas tonalidades, obtendo sempre unha cociña que destaca pola súa sofisticación. A continuación deixámosche algún deseño de cociña madeira e negra a modo de inspiración.
Cociña negra e mesado madeira: elegancia cálida


Nesta cociña optouse por un acabado negro para o mobiliario, mentres que a madeira se introduciu no mesado da zona de cocción, estendéndose tamén ao panel parede.

É a través dese acabado madeira que se rompe o deseño monocromático en negro, presente non só nos mobles, senón tamén na billa, o vertedoiro e os electrodomésticos. Nesta ocasión, son os acabados Negro Seda LAH e Carballo Rústico Sincro os que crean esta equilibrada atmosfera.
Cociña negra e madera con illa e barra

Nesta cociña negra con illa non só se introduciu a madeira no mesado e no panel parede da zona de cocción, senón que tamén conta cunha extensa barra encostada á illa en ese mismo acabado.

Así, ese xogo bicolor presente no frontal da cociña, replícase tamén na illa central, sobre a que se dispón unha barra de maneira perpendicular. Esta barra resultou chave de deseño á hora de engadir calidez á estancia, pero xoga tamén un papel importante na funcionalidade da cociña, converténdose nunha zona de almorzos ou comidas rápidas moi práctica.
Cociñas negras e madeira modernas


Se buscas unha cociña moderna, moi probablemente esta sexa a túa combinación. Como comentabamos ao principio, as cociñas negras e madeira son pura tendencia, e aínda que poideras ver exemplos máis clásicos en proxectos anteriores, hai múltiples opcións que axudan a conseguir un estilo moderno.

Neste proxecto, a principal chave está no estilo dos mobles: de liñas puras e sinxelas, con ausencia de tirador e frontes lisos. Contribúe tamén á distribución con illa, así como a integración de electrodomésticos como o frigo, o conxelador, o lavalouzas e a campá.
Cociña madeira clara e negro: mesma elegancia, máis calidez

Tanto este proxecto como o anterior optaron pola cor negra para os seus mobles, sen embargo, a sensación que transmiten non é a mesma. E que á hora de elexir o acabado de madeira que desexas, debes ter en conta se queres que pese máis a sofisticación ou a calidez.
Se te decantas pola segunda, sen dúbida, canto máis clara sexa a madeira, máis cálido será o ambiente resultante. Así o demostra a imaxe superior, co acabado Carballo Rústico Sincro, mentres que o anterior proxecto, con Nogueira Terra, transmite un toque máis refinado.

Cociña negra e madeira pequena

Esta cociña ten unha planta estreita e alongada, sen embargo, hai determinadas chaves que fan que pareza moito máis grande.
Por un lado, temos as numerosas entradas de luz da vivenda, con unha ventá enfronte do vertedoiro, así como unha porta a un pequeno balcón.
Por outro lado, resulta diferenciador o feito de que sexa unha cociña semiaberta. A porta corredoira de vidro fai que a conexión visual entre cociña, comedor e salón sexa total, polo que gaña máis en luminosidade e, en conclusión, obtén unha sensación de amplitude moito maior.

Cociña negra mate e madeira: sofisticación en estado puro

Este proxecto bríndanos unha nova posibilidade de combinación do negro e a madeira. Neste ambiente, a cor negra presente en todo o equipamento da propia cociña (mobles, mesado e electrodomésticos) contrasta coa madeira elixida para o chan e o teito da estancia.
Os frontes da cociña negra mate entremestúranse de forma natural coas maxestosas vigas de madeira e co chan. Créase así unha estancia que equilibra o rústico e o moderno, e que logra integrarse con sutileza no interiorismo xeral da vivenda.

En definitiva, se eres un amante da combinación da cor negra con madeira e queres deseñar a túa cociña con estes acabados, non dubides en pedir cita previa co noso equipo de interioristas. Estarán encantados de axudarche a elixir entre as distintas posibilidades para lograr a cociña negra e madeira coa que soñas.