T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas vintage. Estilos, ideas e fotos para inspirarte
Xan 20
Cocina vintage Santiago Interiores

Cociñas vintage. Estilos, ideas e fotos para inspirarte

  • 20 de Xaneiro de 2022
  • Consellos e tendencias

O encanto das cociñas de estilo vintage é innegable. Trátase de estancias que se inspiran no mobiliario e decoración das cociñas antigas (pero sen renunciar, por iso, ao equipamento e comodidades das actuais). O resultado son espazos con moita personalidade, que transcenden tendencias e que transmiten calidez e serenidade.

Aínda que o estilo tradicional adoita identificarse con grandes cociñas rústicas e de casas de campo, o certo é que un toque retro tamén pode dar un extra de carácter a unha pequena cociña nun piso moderno. A clave está en saber equilibrar esa estética máis clásica co confort e a funcionalidade da estancia, así como co interiorismo do resto da vivenda.

Se buscas inspiración, mostrámosche agora algunhas fotos de cociñas vintage de distintos estilos, pero todas prácticas, singulares e moi bonitas.

Cociña branca e madeira vintage: confort atemporal

Cociña branca e madeira vintage Santiago Interiores

Aínda que a combinación de branca e madeira se asocia máis ao estilo nórdico, o certo é que tamén pode dar moito xogo en estancias de estética rústica. Sobre todo, cando se opta por mobles de madeira branca, incluso con efecto avellentado (ideal para lograr un acabado vintage chic o shabby chic).

Para quen prefira un estilo máis natural, na imaxe superior pódese ver como os armarios columna aportan un agradable toque tradicional a unha cociña de estética moderna, simplemente por levar un revestimento de táboas de madeira de piñeiro lacadas en cor branca.

Cociñas vintage brancas: espazos cheos de luz

Cociña vintage branca Santos

A branca á unha das cores máis populares para a cociña, e isto tamén é así no caso das estancias de estilo vintage. Neste proxecto, por exemplo, atopamos un ambiente confortable e luminoso, no que os mobles con molduras da serie Marco de Santos e os tiradores de aspecto clásico transpórtannos a outra época.

Cociñas vintage gris: elegantes e sofisticadas

Cociña vintage gris Santiago Interiores

A cor gris, en toda a súa gama cromática, é moi habitual nas cociñas retro. Os tons claros máis próximos ao beixe vense moito en espazos vintage estilo anos 50, mentres que os escuros transmiten a maxestosidade das grandes cociñas clásicas, especialmente cando se acompañan de mobles con molduras, campás decorativas, vitrinas, ou mesados en pedra natural. A decoración tamén xoga un papel clave, e algo tan sinxelo como un vaso de porcelana contribuirá a dar un aspecto tradicional a calquera recanto.

Cociñas vintage pequenas: un aire íntimo e acolledor

Cociñas vintage pequenas Santos

É posible levar o estilo vintage a cocinas pequenas? Abofé que si! Neste caso, o mellor é limitarse, ao decorar, a lixeiros detalles como un papel pintado discreto ou uns tallos tapizados. Así se logrará aportar un toque cálido e singular sen recargar o ambiente.

Se ademais a vivenda se sitúa nun edificio histórico e pódese potenciar o protagonismo de elementos orixinais antigos como unhas contras de madeira ou unha varanda de ferro, este estilo decorativo resultará aínda máis pertinente.

Cociñas con illa vintage: amplitude e comodidade

Cociñas con illa vintage Santiago Interiores

Aínda que xa vimos que unha cociña pequena vintage pode ter moito encanto, está claro que é nas estancias máis grandes, propias das casas de campo, onde brilla en todo o seu esplendor. Nestes casos, o mobiliario pódese organizar arredor dunha illa, multiplicando a superficie de traballo da peza.

Ademais, así hai espazo de sobra para incluír elementos como unha cociña de leña, que fará que a túa cociña non só teña o aspecto de antano, senón que ademais a comida feita nela tamén saiba a a outros tempos.

Cociñas nórdicas vintage: sinxeleza clásica

Cociñas nórdicas vintage Santos

As cociñas escandinavas caracterízanse pola súa sinxeleza e funcionalidade, incorporando unicamente aqueles mobles que son imprescindibles. Ademais dan moito protagonismo á madeira de tonalidades claras, o que aporta calidez e naturalidade. Se engadimos algunha peza con carácter (como este impoñente aparador vitrina) lograremos crear un ambiente nórdico con acentos vintage absolutamente irresistible.

Cociña de madeira vintage: robusta e con personalidade propia

Cociña de madeira vintage Santiago Interiores

Algunhas das claves das cociñas máis tradicionais son os mobles de madeira en tonalidades escuras, os mesados de granito ou as baldosas hidráulicas para o chan. Ademais, adoitan incluír unha gran mesa de comedor na propia estancia. O resultado, como vemos na foto superior, é un ambiente confortable e caseño, que invita a pasar longas horas nel.

Se che gustaría contar con mobles de cociña vintageno teu fogar, non dubides en contactar co noso equipo de interiorismo. Estaremos encantados de asesorarte, suxerirche diferentes ideas, e deseñar un proxecto a medida para ti: práctico, funcional e con esta estética clásica que tanto encanto transmite.

Tamén che pode interesar

Elementos imprescindibles na cociña: ideas e inspiración

Como organizar o cuarto de lavado: ideas e inspiración

5 proxectos de cociñas minimalistas de Santiago Interiores

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}