Os acabados, as cores e a combinación dos mobles desempeñan un papel fundamental á hora de definir a personalidade do salón. Cada elección inflúe na luz, a textura e a sensación de harmonía do espazo. Saber cómo combinar materiais, tons e as distintas pezas do mobiliario permite crear ambientes que transmiten equilibro e estilo propio.
Neste artigo amosámosche como escoller os acabados e como combinar os mobles do salón para crear un espazo acorde aos teus gustos e necesidades.
Luz, cor e harmonía: Escolle o teu estilo
O acabado dos mobles ten un impacto directo na percepción da luz e a harmonía do salón, polo que escollelo pode resultar complicado.
O acabado dun moble non só protexe a madeira, tamén define o estilo e a personalidade do salón. Dependendo do material e do tratamento da superficie, un mesmo moble pode transmitir sensacións moi distintas: dende a calidez e naturalidade da madeira ata a modernidade e luminosidade dun lacado branco. Escoller o acabado adecuado inflúe directamente na percepción da luz, a harmonía das cores e a sensación de amplitude do espazo.
Dentro das opcións mais comúns atopamos diferentes tipos de acabados, cada un con características e vantaxes específicas.
Estratificado: trátase dunha lámina grosa dispoñible en versión unicolor ou con imitación a madeira. É unha opción moi resistente ao uso diario e fácil de limpar, ideal para fogares con crianzas ou mascotas.
Chapa natural: consiste nunha fina capa de madeira natural adherida sobre o corpo de MDF. Ofrece a calidez e textura da madeira real, pero cun custo máis accesible que un moble macizo.
Laminado: está formado por varias capas de papel kraft pensado e recuberto cunha capa decorativa. Destaca pola súa gran variedade de deseños e por ser unha alternativa económica sen renunciar á estética.
Lacado: conséguese aplicando varias mans de pintura (xeralmente ata seis), con lixado e secado entre cada unha delas. O resultado é unha superficie lisa, elegante e moi sofisticada.
Cos acabados definidos, tamén é fundamental considerar a cor dos mobles, que xogan un papel igual de importante na harmonía do salón. Non basta con escoller un acabado resistente ou elegante; combinalo cunha paleta de cores adecuada pode transformar completamente a percepción do espazo.
Se che gusta un estilo máis minimalista en tons claros, o estilo nórdico é unha boa elección: combina mobles de salón brancos e madeira, creando un ambiente luminoso e acolledor. Este estilo é ideal para unha zona living pequena, xa que as cores claras aumentan a sensación de amplitude. Ademais, os mobles modernos de salón en branco e madeira convertéronse nunha das tendencias máis buscadas para quen desexan un espazo actual.
Se buscas un contraste mais marcado, os mobles de salón gris e madeira son unha excelente elección. Esta combinación aporta elegancia e profundidade visual sen sobrecargar a estancia. Un moble vitrina de salón nestes tons, por exemplo, pode converterse na peza central do espazo ao mesmo tempo que aporta almacenamento práctico.
Por outro lado, os tons neutros como o beige combinan á perfección con calquera acabado e aportan calidez ao ambiente. Un moble salón en beige o con detalles en este ton xera un espazo relaxado e acolledor, para quen buscan unha estética máis atemporal.
Se falamos de madeiras naturales, especies como a nogueira, o olmo, o carballo ou o laricio. Estas opcións realzan a textura e os matices propios da madeira, aportando autenticidade e elegancia ao salón ou comedor.
Catálogo de mobles para living de Santos
Na colección de mobles Santos para a zona living combínanse deseño e calidade para crear espazos pensados para desfrutar. Cada peza está deseñada para integrarse no salón e responder ás necesidades de confort e almacenaxe sen renunciar ao estilo.
Un bo exemplo é o moble para TV, unha peza central en calquera zona de estar. Nestes deseños, estética e practicidade van da man: pasacables para manter a orde, caixóns zócalo que ofrecen almacenaxe extra e superficies pensadas para situar a pantalla. Ademais, poden instalarse suspendidos ou apoiados no chan, segundo prefira cada cliente.
A este moble pódenselle engadir facilmente estantes e paneis, creando unha composición continua na parede. As baldas superiores permiten expoñer libros ou obxectos decorativos, mentres que os caixoneros na parte baixa reforzan a capacidade de almacenaxe. Tamén dispoñemos de columnas, abertas ou pechadas, e armarios altos ideais para integrar vaixela ou cristalería se o salón se conecta co comedor.
Dentro da mesma liña, os mobles de almacenamento completan o conxunto. Dende aparadores vitrina inspirados nos antigos chineiros, con vitrina superior e caixóns inferiores, ata modelos máis actuais como o armario vitrina con marco de aluminio negro e vidro afumado. Grazas á iluminación nas súas baldas, non só gardan obxectos, senón que tamén os realzan como parte da decoración.
O verdadeiro valor do catálogo living de Santos está en que todas as pezas poden combinarse entre si, dando lugar a distintas configuracións: dende unha composición lixeira e suspendida ata unha parede completa de almacenamento e exposición.
Para facilitar estas posibilidades, ademais dos mobles principais, a gama de mobles living de Santos inclúe unha ampla variedade de módulos e sistemas modulares, que permiten personalizar cada composición ao detalle.
Módulos e sistemas do catálogo
Módulos baixos: con caixoneiros, gavetas interiores, portas abatibles ou frontes inclinadas.
Módulos suspendidos: ideais para un acabado lixeiro e moderno.
Módulos columna: dende columnas de servizo e vitrinas ata versións abertas ou suspendidas.
Módulo alto: deseñado para aproveitar o espazo en altura e acceder facilmente ao interior sen obstaculizar o paso. Ideal para vivendas pequenas ou con pouca capacidade de almacenamento, pois engade espazo sen ocupar superficie no chan.
Módulos abertos: para expoñer libros, decoración ou obxectos de uso frecuente. Todo o que gardes queda inmediatamente accesible, o que mellora a funcionalidade diaria do espazo.
Baldas a parede: sinxelas e funcionais, con opción de iluminación integrada.
Sistema de panelación: modulable e adaptable, con baldas de diferentes grosores e diversas opcións de iluminación.
Sistemas de estantería e librerías: xa sexa como divisoria de ambientes ou como librería a parede, aportan orde e estilo en calquera zona do salón.
En Santos encontrarás innumerables combinacións dispoñibles que se adaptan a cada estilo de vida e a cada espazo: dende composicións minimalistas con módulos suspendidos ata conxuntos completos que integran televisión, estanterías e vitrinas nun mesmo deseño.
No showroom de Santiago Interiores poderás descubrir distintas propostas e inspiración para o teu salón.
Se planeas crear ou renovar a túa zona living, ou simplemente queres recibir orientación personalizada, solicita a túa cita e visítanos. O noso equipo estará encantado de acompañarte no deseño dun espazo cómodo, funcional e con estilo, adaptado aos teus gustos e necesidades.





















