T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Como escoller mobles de salón: claves para distribuir o teu living
Set 11
Muebles de salón modernos en gris oscuro en un proyecto de living diseñado por Santiago Interiores.

Como escoller mobles de salón: claves para distribuir o teu living

  • 11 Setembro, 2025
  • Consellos e tendencias

Que é a zona living?

A zona living, tamén coñecida como salón, é un dos espazos principais do fogar. Acostuma a utilizarse como sala de estar, para recibir visitas e para realizar actividades cotiás como ler, ver a televisión ou conversar coa familia.

Ao ser un lugar onde se pasa gran parte do tempo, a súa correcta decoración e distribución son clave para convertelo nun espazo cómodo e acolledor, ideal para relaxarse e gozar despois dun día ocupado.

Detalle de muebles de salón en gris oscuro con libros en un living diseñado por Santiago Interiores.

En Santiago Interiores – Santos coidamos cada detalle e buscamos sempre combinar deseño e ergonomía nos nosos proxectos, non só en cociñas, tamén na zona living, adaptándonos ás particularidades de cada espazo. Cada proposta é única, pero existen certos aspectos fundamentais que potencian ao máximo o salón, e neste artigo compartímosche algúns deles.

Que mobles escoller para a zona living?

Os mobles son a esencia de calquera espazo, pois teñen a capacidade de aportar personalidade e estilo a cada recuncho. Os mobles de salón non son a excepción: escollelos correctamente pode transformar por completo a apariencia e funcionalidade do teu fogar.

Aínda que existen tantas opcións como ideas para integralas, hai certos mobles que non poden faltar:

Sofá

O sofá é o corazón da zona living, un moble deseñado para o descanso e a comodidade. Ao escollelo, convén priorizar o confort sen descoidar a estética. O seu tamaño debe adaptarse ao espazo dispoñible e os acabados poden marcar a diferenza entre un salón común e un de revista. Entre os estilos máis populares atopamos sofás en L ou en U, chaise longue, chester, modulares ou o clásico de toda a vida; a elección depende do uso que lle imos dar.

Muebles de la zona de living del showroom de cocinas del estudio Santiago Interiores

Mesa de centro ou auxiliar

Indispensable en calquera salón, a mesa de centro auxiliar combina funcionalidade e estilo. Serve para colocar accesorios decorativos, bebidas, alimentos ou o mando da tele. Poden estar fabricadas en madeira, metal, con pedra ou cristal na superfície, a súa altura adoita coincidir coa do sofá para mellorar a ergonomía e a comodidade.

Muebles de salón en gris y madera en un proyecto de living diseñado por Santiago Interiores.
Muebles de salón en gris con estanterías en un proyecto de living en el showroom de Santiago Interiores.

Moble para TV

A televisión é o punto central do entretemento na maioría dos fogares, e o moble para TV debe acompañala en funcionalidade e estilo. Ademais de soster ou complementar a pantalla de TV, axuda a manter a orde ocultando cables e proporcionando espazo de almacenamiento para todos os accesorios multimedia.

Detalle del pasacables para el mueble de la tv en un living diseñado por Santiago Interiores
Muebles de salón en gris y madera con iluminación LED en un proyecto de living del estudio Santiago Interiores.

Estantes

Os estantes son mobles que se colocan normalmente contra a parede e que permiten exhibir libros, obxectos decorativos ou recordos persoais. Aportan lixeireza visual ao salón, equilibran o espazo e permiten organizar os elementos sen que o ambiente se vexa recargado, ofrecendo ao mesmo tempo un toque decorativo.

Estanterías en gris oscuro en un proyecto de salón diseñado por el estudio Santiago Interiores.

Mobles para o almacenamento

Os mobles de almacenamento son clave para manter o salón ordenado e que este resulte funcional. Permiten gardar e organizar obxectos, dende mantas, coxíns ata xogos ou accesorios do día a día. Son especialmente útiles en espazos pequenos, onde cada metro conta para manter a orde e ter todo a man.

Vitrina en gris y madera con iluminación LED interior en un comedor diseñado por Santiago Interiores.

Carro

Este moble móbil pódese colocar onde necesites, aportando espazo adicional e resultando especialmente útil cando recibes visitas.

Carrito en negro y madera para el salón en un proyecto de living del estudio Santiago Interiores.
Carrito con ruedas para el salón en un diseño de living de Santiago Interiores.

Como distribuír os mobles do teu salón comedor?

Un espazo ben deseñado contribúe a mellorar tanto a comodidade como a funcionalidade do salón, polo que unha distribución acertada dos mobles é clave para disfrutar plenamente desta estancia.

Muebles de salón oscuros con iluminación LED en un proyecto de living del estudio Santiago Interiores.

Paso 1: medir e analizar o espazo

Antes de colocar calquera moble, é fundamental medir a habitación e detectar portas, ventás e puntos de luz. Cada salón é único, e adaptar a colocación dos mobles a estas características garantiza un resultado harmonioso e funcional.

 

Paso 2: definir un punto focal

Para organizar o salón de maneira coherente, convén seleccionar un punto focal, como o moble para TV, unha obra de arte ou a mesa auxiliar. Os demais mobles deben orientarse cara a este punto para manter o equilibrio visual e funcionalidade.

Comedor con vitrina con iluminación LED interior en una zona de living diseñada por Santiago Interiores.

Paso 3: planificar as zonas do salón

Ao pensar en como distribuír os mobles na zona living, convén identificar as distintas áreas que queremos crear:

Zona de conversación: destinada a reunións e momentos en familia. Aquí son clave os mobles decorativos para living como unha mesa de centro, un armario vitrina ou un sofá.

Zona de entretemento: a televisión e o entretemento requiren dun moble para TV funcional, con espazo para almacenar e ocultar cables. É importante situalo nunha posición que evite reflexos e optimice a iluminación natural.

Zona de traballo ou lectura: un recuncho con butaca e mesa auxiliar permite ler, traballar ou desfrutar dun momento de calma sen interferir nas outras áreas. Para esta zona tamén é indispensable buscar unha óptima iluminación, tanto se é natural como se provén dunha lámpada.

Estanterías para el salón en madera y vitrina con iluminación LED en un proyecto de living de Santiago Interiores.

Paso 4: escoller os mobles adecuados

Coas zonas definidas, chega o momento de seleccionar os mobles do salón que mellor se adapten ao espazo e ao estilo que buscamos.

En salóns amplos, existe maior liberdade para incorporar diferentes mobles de living combinando estética e funcionalidade para crear un deseño dinámico e personalizado. En espazos máis reducidos, a elección de mobles de salón vólvese aínda mais importante, xa que cada peza debe optimizar o espazo dispoñible sen saturar a habitación.

Diseño de salón comedor con muebles de madera en un proyecto de decoración de Santiago Interiores.
Diseño de salón comedor con muebles de madera en un proyecto de decoración de Santiago Interiores.

Paso 5: planificar a circulación

É crucial respectar as zonas de paso para mellorar a mobilidade e a seguridade. Recoméndase deixar entre 70 e 90 cm de espazo libre entre mobles grandes como sofás, mesas de centro ou auxiliares. Isto permite un fluxo natural dende a entrada ata calquera recuncho do salón.

En Santos contamos con mobles deseñados para mellorar estas zonas como os caixóns zócalo co frontal inclinado cara o interior que evitan estorbos ao camiñar.

Cajones zócalo en gris oscuro en un salón diseñado por Santiago Interiores.

Paso 6: ergonomía e colocación da TV

A comodidade ao ver a televisión depende da distancia e altura do televisor.

Distancia: multiplicar o tamaño da pantalla por 1,5 ou 2 (por exemplo, un televisor de 50 pulgadas debería colocarse entre 1,9 e 2,5 metros do sofá).

Altura: o centro da pantalla debe quedar entre 90 e 110 cm do chan, aproximadamente á altura dos ollos cando estamos sentados. Un moble baixo para TV facilita esta colocación e grante unha postura ergonómica .

Mueble para televisión en gris en un salón con muebles de living diseñado por Santiago Interiores.

Paso 7: adaptar a distribución segundo o tamaño e a planta

Salóns amplos ou conectados á cociña: separar visualmente espazos co sofá de espaldas á cociña, e incorporar aparadores ou vitrinas modernas que aporten almacenamento e delimiten espazos.

Salóns pequenos ou estreitos: evitar saturar as paredes con demasiados mobles para manter sensación de amplitude e evitar un efecto embudo.

Vitrina en madera con iluminación interior en un salón diseñado por el estudio Santiago Interiores.

Con estos pasos, planificar a distribución dos mobles de living convírtese nun proceso mais sinxelo e fai posible crear salóns funcionais, cómodos e esteticamente equilibrados.

No showroom de Santiago Interiores poderás inspirarte coa nosa ampla exposición, onde atoparás distintos ambientes e solucións para integrar na túa zona living.

Se estás pensando en crear ou reformar o teu salón, ou simplemente desexas recibir asesoramento personalizado, non dubides en pedir cita e visitarnos. O noso equipo estará encantado de axudarche a deseñar un espazo funcional, acolledor e con estilo, adaptado ás túas necesidades e preferencias.

Tamén che pode interesar

Guía para integrar unha columna na cociña

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}