As cociñas pequenas están á orde do día. Por unha banda, nos pisos actuais é cada vez máis habitual que esta zona da casa ocupe estancias de menos de 10 metros cadrados. Pola outra, incluso cando o espazo non é tan limitado, un mal aproveitamento do mesmo pode facer complicado gardar todos os utensilios necesarios de xeito cómodo.
É por iso que resulta fundamental buscar solucións que axuden a gañar espazo de almacenamento e funcionalidade na cociña. Aquí repasaremos algúns consellos xerais sobre orde e falaremos de determinados accesorios que poderán facilitar moito o día a día en estancias de dimensións reducidas.
Como organizar os armarios dunha cociña pequena?
Cando falamos de cociñas pequenas hai unha serie de ideas que sempre se repiten: como dar prioridade á iluminación natural, como elixir tons claros para os mobles, que paredes o chan resultan máis axeitados, ou mesmo recomendacións sobre o uso de vitrinas para alixeirar visualmente o ambiente.
Pero sen dúbida, a distribución da cociña xoga un papel clave á hora de organizar o mobiliario da forma máis práctica. Así, é habitual dispor os armarios en U ou en paralelo para lograr o máximo equipamento, deixando ademais unha zona de traballo cómoda. Sen esquecer que convén aproveitar toda a altura da cociña levando os armarios ata o teito.
Por outra banda, se falamos de organizar o interior dos armarios, o primeiro que hai que ter en conta é que hai que ser realistas. Cando hai pouco espazo e moitas cousas que gardar, o desorden aparecerá máis pronto que tarde, facendo esa cociña pequena aínda máis incómoda e abafante. Por iso, é esencial revisar que utensilios adoitamos empregar e cales levan un tempo acumulando po. Se hai pequenos electrodomésticos, gadgets ou mesmo unha vaixela elegante que non usaches en anos, valora levalos ao rocho, doalos ou regalarllos a alguén que lles vaia dar máis uso.
Dito isto, os organizadores de armarios de cociña si poden ser de moita axuda para almacenar de forma coidadosa aqueles elementos necesarios. Os caixóns contedores de Santos, por exemplo, son unha boa opción para conservar alimentos de xeito organizado, sabendo en todo momentos onde está cada cousa.
Finalmente, á hora de manter a orde no armario é fundamental contar con unha boa iluminación interior. Imposible almacenar de forma organizada aquelo que non se ve!
Un dos accesorios que resultan esenciais para sacar partido das gabetas e caixóns extraíbles son os separadores, especialmente útiles á hora de organizar potas e tixolas nunha cociña pequena, así como outros utensilios de gran tamaño Hai que ter en conta que este tipo de produtos ocupan moitísimo espazo, polo que convén gardalos en gabetas amplas, que ofrezan visibilidade e fácil acceso.
O habitual é colocar as tixolas e potas máis pequenas dentro das grandes, ata que estea todo ben organizado, pero hai que ter coidado con isto, pois é posible acabar baténdoas cando se collen as de máis abaixo. Por iso, hai que ter en mente cales son aquelas que se usan decote para deixalas no lugar máis accesible, situando o resto debaixo ou detrás. Para gardar as tapas, os separadores resultarán de gran axuda, distribuíndo de forma racional o espazo nas gabetas máis amplas.
Os caixóns contedores extraíbles tamén axudarán a separar e segmentar o espazo dentro das gabetas sen restar capacidade. Do mesmo xeito, un soporte para botellasconverterá calquera caixón nun espazo no que poder almacenar bebidas de forma organizada.
Outros accesorios para organizar unha cociña pequena
Hai outros accesorios que resultan moi útiles para gardar os utensilios de forma ordenada dentro dos caixóns e gabetas. Un bo exemplo é o prateiro, que co seus pivotes de madeira posicionables e a súa base de taboleiro contrachapado resistente é humidade, permite organizar a vaixela nunha cociña pequena de forma segura e ordenada, independentemente do tamaño dos pratos e fontes.
Nas cociñas mini tamén é frecuente empregar ganchos para colgar panos, papel de cociña ou escumadeiras preto da zona de traballo. Aínda que debemos ter presente a importancia de que a superficie do mesado estea o máis libre posible, o uso racional deste tipo de accesorios colgantes axudará a aproveitar mellor o espazo. Así en Santos atopamos diversos complementos para o perfil de iluminación LED que permiten ter sempre ao alcance da man eses elementos que se usan decote.
Un carro organizador de cociña tamén pode resultar moi útil para gardar aqueles utensilios que non caben nos armarios, pero hai que ter en conta que o carro haberá de colocarse nalgún sitio. Ao contar con rodas, iso si, poderemos desprazalo a onde menos moleste en función do momento, ou mesmo escondelo baixo a mesa se é o suficientemente baixo.
Organizador de utensilios de cociña: o portacubertos que non falte
Un portacubertos tamén resulta esencial para ter coitelos, garfos e culleres sempre no seu sitio, evitando que ocupen espazo de máis Trátase dun complemento que sempre atopamos en algún dos caixóns superiores, pero non é o único.
Nos caixóns extraíbles de Santos, con base modular, pódense integrar outros accesorios que optimizan a capacidade como: portacoitelos, portaespecias, táboas de corte, bandexas para cortar o pan ou bandexas extraíbles multifunción. Deste modo estes elementos sempre teñen o seu sitio, evitando deixalos sobre o mesadoou amoreados sen orde nalgún armario.
Organizar os produtos de limpeza nunha cociña pequena
Convén reservar unha zona da cociña para gardar os produtos que usamos para limpar a casa. No caso de estancias pequenas, o moble portavertedoiro pode resultar o lugar idóneo, especialmente para o estropallo, as baetas ou o deterxente do lavalouza, que usaremos sempre preto do vertedoiro.
Ademais, a organización baixo vertedoiro pode incluír caldeiros do lixo e reciclaxepara ter este tipo de elementos sempre a man, pero ocultos, facilitando ao mesmo tempo a clasificación de residuos. É posible atopar mobles desde tan so 60 cm de ancho que inclúen catro caldeiros recolledores e un caixón interior para útiles de limpeza.
No caso de querer gardar o balde e a fregona en pouco espazo, así como a vasoira ou o aspirador, o ideal sería contar cunha columna portaútiles ou, no seu defecto, algún módulo de, ao menos, 140 cm de altura.
Como organizar os electrodomésticos nunha cociña pequena?
Cafeteira, espremedor, batedor, robot de cociña… onde gardar os múltiples pequenos electrodomésticos que usamos cada día? Unha solución moi funcional é contar cunha pequena zona de traballo auxiliar dentro dun armario columna ou moble persiana Deste modo mantéñense sempre ocultos, pero listos para ser usados cando se necesitan, sen amoreados nun caixón, pero tampouco converténdoos nun estorbo sobre o mesado.
Organizar a despensa nunha cociña pequena, cuestión de prioridades
A clave de calquera despensa, grande ou pequena, é a organización. Como apuntabamos antes, se é posible contar cun armario que vaia desde o chan ata o teito poderemos aproveitar toda a altura da estancia. Neste caso, situaremos na parte de abaixo aqueles alimentos máis pesados, e os lixeiros, na parte superior, deixando, iso si, os de uso moi ocasional nos estantes que non podemos alcanzar sen o uso dun chanzo.
Do mesmo xeito, convén colocar o que adoitas usar diante, deixando detrás aqueles elementos con menor rotación. Así evítase desordenar todo o espazo cada dous por tres.
Doutra banda, ordenar a despensa por grupos de alimentos é o máis práctico para saber onde está cada cousa. Tamén axuda transvasar alimentos como os cereais, a pasta ou o arroz a tarros homoxéneos, evitando encher o armario de caixas e bolsas de distintos tamaños, que ademais corren o risco de envocar cada vez que os movemos.
No caso de que contemos cun comedor ou un salón máis amplo, ou unha entrada repleta de armarios encaixados, é recomendable levar determinados produtos de despensa, de uso pouco habitual, a outras zonas da casa, antes que intentar acumular nun escaso armario gran cantidade de alimentos e utensilios.
Organizar unha cociña comedor pequena: onde situar a zona office?
Se contamos con poucos metros cadrados pero queremos incluír unha zona office na propia cociña, hai que agudizar o enxeño. En ocasións, se a estancia é alongada, podemos destinar a parte final a pór unha mesa con cadeiras, mentres que noutros casos adóitase deixar unha das paredes dos lados libre para apoiar a mesa.
Cando sexa posible, tamén pode ser interesante abrir a cociña a outras estancias, deixando que unha illa ou península actúen como elemento separador entre a zona de traballo e o espazo de comedor.
Finalmente, cando as dimensións son moi xustas para unha mesa de comedor, si pode caber unha pequena barra de almorzos que permita, ao menos, tomar algunhas das comidas do día sen necesidade de desprazamentos.
Organizar de xeito correcto unha cociña fará que semelle moito máis ampla, e sobre todo, máis cómoda Desta forma poderemos gozar decote desta zona da casa, facendo máis liviás as tarefas cotiás. En Santiago Interiores sabemos que, para iso, é fundamental deseñar esta parte da casa con suma atención, adaptándonos ás características da estancia pero tamén ás necesidades e preferencias de cada familia. Se queres que te axudemos a sacar máis partido á túa cociña, non dubides en pedir cita co noso equipo de interioristas.