T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas en paralelo: unha distribución moi funcional para estancias alongadas
Xan 25

Cociñas en paralelo: unha distribución moi funcional para estancias alongadas

  • 25 Xaneiro, 2019
  • Consellos e tendencias

Elixir a distribución é unha das decisións máis importantes á hora de amoblar unha cociña. En paralelo, lineal, con forma de L, de U, con illa ou península … as posibilidades son numerosas e a clave para acertar está en ter en conta o tamaño e características da estancia, ademais dos gustos e hábitos dos seus usuarios.

Non hai, polo tanto, solucións máxicas que sirvan para todos os casos, pero si é certo que as cociñas en paralelo, nas que o mobiliario se distribúe en dúas filas enfrontadas, son unha das opcións máis empregadas nas estancias longas e estreitas. Ao aproveitar as dúas paredes máis amplas para poñer os mobles conséguese maximizar o espazo horizontal, o que permite unha zona de traballo cómoda, plenamente equipada e con gran capacidade de almacenaxe.

Cocinas en paralelo con dos puertas

Do mesmo xeito, é unha distribución idónea cando unha cociña conta con dúas portas, ou abre a outras zonas da casa, así como cando se desexa transformar un espazo de paso nunha cociña funcional e moderna.

Cociñas pequenas en paralelo: un triángulo de traballo moi cómodo

Cocinas pequeñas en paralelo Santos

Como diciamos, nas cociñas pequenas e rectangulares é moi frecuente colocar o mobiliario en dous frontes paralelos, pero é imprescindible ter en conta que fai falla un mínimo de 120 cm entre eles para poder deambular e traballar comodamente. Se iso se cumpre, lógrase crear unha zona de traballo confortable e na que todo se atopa a man.

Ademais, no caso de cociñas de dimensións moi reducidas, ou con pouca luz natural, pode xerarse certa sensación claustrofóbica se non se coida moito a iluminación, polo que é importante evitar sombras e zonas escuras. Outras recomendacións para alixeirar visualmente o ambiente pasan por elixir mobles estilizados, en cores claras e con zonas abertas na parte superior.

Do mesmo xeito, en espazos que se abren nun dos laterais tamén se atenúa esa sensación de pechado, permitindo a conexión con outras estancias da casa como o salón ou o comedor, e facilitando a comunicación con familiares e amigos mentres prepárase a comida.

Cocinas pequeñas en paralelo abiertas en el lateral

Cociñas grandes en paralelo: con espazo libre no centro

Pero esta distribución pode dar tamén moito xogo en estancias máis grandes, nas que o espazo central, que queda libre, pódese empregar para poñer unha mesa de comedor con cadeiras. Agora ben, hai que ter en conta que se a distancia entre os dous frontes é excesiva, perderase funcionalidade ao quedar as tres zonas de traballo (cocción, auga e almacenaxe) demasiado afastadas.

Nese sentido, é moito máis habitual elixir esta distribución en cociñas grandes rectangulares, mentres que nas cadradas resulta máis funcional unha distribución en U ou con illa.

Cociñas en paralelo con barra ou zona de comedor 

Cando a cociña é moi alongada, pódese empregar parte dun dos laterais para poñer unha mesa contra a parede, ou unha práctica repisa para almorzar. Así, as cociñas con barra permiten incluir unha pequena, pero moi funcional,  zona de comedor na que tomar algo en calquera momento do día. Se a estancia é máis cadrada, sen embargo, é mellor utilizar a parede que queda libre para este fin.

Deseños de cociñas en paralelo en zonas de paso

Cocinas en paralelo en espacios abiertos

En ocasións, a cociña funciona tamén como unha zona de paso entre a entrada da casa e o resto da vivenda (especialmente en estudos e pisos pequenos), ou conta con dúas portas (ao comunicar coa terraza ou o lavadoiro, por exemplo). Nestes casos, a distribución en dous frontes resulta moi práctica, xa que se saca partido de ambos lados da estancia e déixase libre o espazo central para poder moverse comodamente sen obstáculos de ningún tipo.

Así, dun lado pódense situar a zona de cocción e o vertedoiro (separados por un mínimo de 50 cm) e enfronte, a de electrodomésticos como o forno ou o frigorífico, ou os mobles da despensa. Se ademais van encastados, como na imaxe superior, conséguese alixeirar aínda máis o ambiente.

Se estás buscando un deseño en paralelo para o teu fogar, animámoste a consultarnos. En Santiago Interiores estaremos encantados de asesorarte para que saques o máximo partido da túa cociña, realizando un proxecto personalizado que se adapte ás túas necesidades e gustos. Reserva a túa cita aquí!

Tamén che pode interesar

Guía para integrar unha columna na cociña

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}