T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Ideas de distribución de cociñas para todo tipo de espazos
Abr 10

Ideas de distribución de cociñas para todo tipo de espazos

  • 10 Abril, 2019
  • Consellos e tendencias

Como distribuír unha cociña? Está claro que o estilo, as cores e os acabados son decisións importantes á hora de deseñar unha cociña, pero se hai algo que sentará as bases do desenvolvemento do proxecto é a disposición dos mobles.

Para tomar esta decisión, primeiro é necesario que nos fagamos algunhas preguntas: que outras tarefas, ademais de cociñar, adoito facer na cociña?, cantas persoas traballarán nela?, que tamaño ten o espazo?, cales son os meus hábitos e rutinas?  Ademais de avaliar todos estes puntos, é recomendable ter en conta tres zonas moi importantes: a de cocción (placa, forno, microondas), a de lavado (vertedoiro e lavalouzas), e a de almacenaxe (neveira, conxelador e despensa). Sempre que o espazo o permita, establecer estas zonas en triángulo axuda a conseguir un espazo cómodo e funcional.

En todo caso, hai que insistir en que non existe unha distribución ideal de cociñas, senón que esta debe adaptarse a cada fogar e a quen o habita. É por iso que en Santiago Interiores nos gusta coñecer os nosos clientes e as súas necesidades, porque só así poderemos deseñar unha cociña á súa medida, funcional e fermosa. Unha cociña para gozar.

Pero cales son os principais tipos de cociña, en función da súa distribución?

Distribución de cociñas con illa: modernas e funcionais

5 ideas para distribuir la cocina | Con isla | Cocinas Santos | Santiago Interiores

É unha opción práctica, pero para a que precisaremos espazos amplos. As illas nas cociñas moitas veces incorporan a zona de auga e cocción, e tamén se poden engadir prolongacións que funcionen a modo de mesas ou barras, moi útiles para almorzar ou para unha comida rápida. Antes de decidirnos por esta distribución é necesario estudar ben o espazo para asegurarnos de que a circulación na cociña sexa fluída. A distancia ideal entre a illa e o resto do mobiliario adoita ser de ao redor dun metro.

Distribución de cociñas con península: óptimas para espazos abertos

distribucion-de-cocinas-con-peninsula-santos

Como o seu propio nome indica, é similar a unha illa, aínda que se conecta nun dos dous extremos co resto do amoblamento ou cunha parede. Permite aproveitar o espazo, e pode incorporar zona de cocción e/ou de auga, ou ben servir unicamente como espazo de traballo. Prolongando o mesado da península tamén podemos crear unha pequena barra. Son moi habituais en espazos abertos, nos que este tipo de composición con mobles baixos axuda a delimitar a zona da cociña separando ambientes.

Distribución de cociñas en L: unha posibilidade con moitas vantaxes

distribucion-de-cocinas-en-l-santiago-interiores

Trátase dunha das distribucións máis empregadas tanto en cociñas pequenas como grandes, especialmente nas de planta cadrada, xa que ao agruparse os mobles e electrodomésticos en dúas paredes que forman un ángulo recto, resultan moi cómodas. Con esta distribución redúcense os desprazamentos entre as distintas zonas de traballo, e ao mesmo tempo, deixa espazo libre no centro para que varias persoas podan traballar comodamente e ao mesmo tempo.

Distribución de cociñas en U: máximo aproveitamento do espazo

distribucion-de-cocinas-en-u-santiago-interiores

Desde un punto de vista ergonómico, a cociña en U é un bo xeito de distribuír o espazo. Neste tipo de proxectos o triángulo de traballo que forman as zonas de cocción, fregado e almacenamento cúmplese a perfección, facilitando ter todo a man. Iso si, se se instala en estancias demasiado pequenas pode resultar incómoda cando hai varias persoas traballando á vez.

Distribución de cociñas en paralelo: unha boa idea para espazos rectangulares

5 ideas para distribuir la cocina | En paralelo | Cocinas Santos | Santiago Interiores

É un deseño que se adapta moi ben ás cociñas alargadas. Tamén resulta útil cando a estancia ten dúas portas en paredes enfrontadas. A distancia que debe quedar entre as dúas liñas de mobles debe ser de polo menos 1,20 m, para garantir a fluidez e liberdade de movementos. Neste tipo de distribución adoitan enfrontarse as zonas de traballo, axudando ao día a día na cociña.

Distribución de cociñas lineais: prácticas e ordenadas

5 ideas para distribuir la cocina | Lineal | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Esta distribución está especialmente indicada en cociñas estreitas e alongadas. Para non sobrecargar o espazo, amóblase unicamente unha das paredes. É unha opción sinxela e moi práctica, que, se se desenvolve cos mobles axeitados, ofrece un resultado equilibrado, fermoso e minimalista.

Como comprobamos nestas fotos, non existe unha receita única á hora de decidir a distribución. Decantarnos por unha opción ou outra dependerá, como acabamos de ver, de moitos factores. Por iso é tan importante personalizar os proxectos e facer cociñas a medida, adaptadas ás necesidades e os soños dos que van a gozar delas. Se queres que te axudemos a atopar a túa distribución de cociña, reserva a túa cita, encantarnos escoitarte e asesorarte.

Tamén che pode interesar

Guía para integrar unha columna na cociña

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}