T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/8 “novos” electrodomésticos indispensables para a túa cociña
Xan 12
Electrodomésticos de cocina Santiago Interiores

8 “novos” electrodomésticos indispensables para a túa cociña

  • 12 Xaneiro, 2023
  • Consellos e tendencias

Frigorífico, forno, microondas, lavalouza… hai un conxunto de electrodomésticos de cociña que resultan practicamente imprescindibles á hora de equipar esta parte da casa. Outros máis pequenos, como o batedor ou o exprimidor, non se integran no mobiliario, pero tampouco faltan en case ningún fogar.

Porén, hai moitos máis aparatos que che axudarán a multiplicar a funcionalidade na zona de traballo. Hoxe repasamos algúns electrodomésticos innovadores que son cada vez máis demandados: viñotecas, pranchas Teppan yaki, envasadoras ao vacío, placa calefactora, cafeteiras integrables, fritideira de aire, robots de cociña, batedores de vaso… cales resultan indispensables para ti?

Moble viñoteca: garda a bebida preservando as súas cualidades

Mueble vinoteca encastrable cocinas Santos

Se es amante da enoloxía ou, sen selo especialmente, adoitas organizar na casa frecuentes ceas e veladas, é probable que teñas gardadas unhas cantas botellas de viño. Existen numerosos mobles viñoteca distintos, e de diversos tamaños, que permiten almacenar as botellas á temperatura idónea. Aínda que é posible elixir unha viñoteca exenta, resulta moito máis estético e harmónico integrar este electrodoméstico nos mobles de cociña.

Así, na imaxe superior podemos ver unha viñoteca integrable que se atopa discretamente integrada nun armario columna, mentres que na fotografía seguinte observamos unha viñoteca integrada nun moble baixo.

Mueble vinoteca integrada Santiago Interiores

Cociña Teppan yaki: inspiración da gastronomía xaponesa

Plancha cocina Teppan Yaki cocinas Santos

A prancha Teppan yaki resulta perfecta para preparar cocina asiática pero, sobre todo, para cociñar carnes, verduras e pescados dunha forma sana e deliciosa, case sen utilizar aceite. Trátase, simplemente, dunha prancha de aceiro, moi habitual na gastronomía xaponesa, coa que é posible asar os alimentos sen necesidade de ningún tipo de recipiente. Conta cunha área de cociñado, que inclúe varias zonas de cocción.

Existen modelos de pranchas Teppan yaki eléctricas, que se poden gardar nun moble e sacar cando se van empregar. Pero se buscas comodidade (e ter menos “trastes” polo mesado), pode ser interesante optar por unha placa Teppan yaki de indución, que se integre na cociña xunto á placa de cocción, tal e como vemos na imaxe superior.

Máquina de envasado ao vacío: conserva como un profesional

Electrodomésticos integrados Santiago Interiores

Se adoitas ter o conxelador cheo, unha máquina de envasar ao vacío doméstica pode resultar de moita axuda para conservar mellor os alimentos e, ademais, aforrar tempo, diñeiro e espazo.

Envasar ao vacío fai posible conservar mellor e durante máis tempo calquera tipo de alimento (verduras, cereais, carne, queixo, embutido…); ademais, os alimentos envasados desta maneira ocupan moi pouco, o que contribuirá a liberar espazo no teu conxelador. Trátase dun electrodoméstico moi fácil de usar; xa que simplemente hai que selar as bolsas para envasar ao vacío o que sexa necesario. Ademais, moitos modelos inclúen diferentes funcións: desde adobado a conservación en botes.

En definitiva, as máquinas de envasado ao vacío poden parecer algo superfluo no paquete de electrodomésticos para unha cociña completa, pero resultan moito máis prácticas do que se podería pensar nun primeiro momento. Ademais, existen modelos moi discretos, que poden integrarse nun armario columna baixo outros electrodomésticos máis clásicos como o microondas.

Placa calefactora: a solución para manter a comida quente

Calientaplatos integrado bajo microondas

Se queres evitar que a comida chegue fría á mesa, tras todo o esforzo destinado a cociñala, nada como incluír unha placa calefactora na cociña. Aínda que os hai de mesa, eléctricos ou tipo lámpara, a última tendencia (e a máis funcional e estética) é incluir un caixón quentrapratos como complemento dos fornos compactos. Resulta especialmente útil cando os membros da familia comen a horas diferentes, xa que se pode manter a comida á temperatura óptima sen necesidade de volver a poñela no lume. Tamén se, simplemente, non che gusta ir con présa, e prefires preparar a comida unhas horas antes da hora de comer ou cear.

Na foto superior podemos ver a placa calefactora integrada baixo o microondas, mentres que noutros casos microondas, fornos e placa calefactora comparten un mesmo armario columna.

Cajón calientaplatos en horno compacto Santos

Cafeteira integrable: un imprescindible para os amantes do café

Cafetera integrable. Electrodomésticos de cocina Santiago Interiores

Se buscas liberar espazo no mesado da cociña, e ter a túa máquina de café sempre a man, unha cafeteira integrada na cociña pode ser unha opción moi axeitada. Neste proxecto a cafeteira forma parte dun armario columna, o que resulta moi vantaxoso en cuestión de estética e comodidade, case sen restar espazo (real ou visual), e sen ter cables polo medio. En moitos casos, trátase dunha cafeteira con muíño de cerámica integrado, que moe con precisión e de forma silenciosa. Ademais, conta con depósitos de gran capacidade para graos de café, auga, leite ou café moído.

É un electrodoméstico que pode parecer prescindible para os que solo sacan a cafeteira cando teñen visita, pero que suporá un plus de confort para os máis cafeteiros.

Fritideira de aire: prepara alimentos de forma sa e deliciosa

Se hai un electrodoméstico do que todo o mundo fala estes últimos meses é a fritideira de aire ou airfryer. A súa principal vantaxe é que é máis sa que a fritideira con aceite convencional, permitindo preparar todo tipo de alimentos con moita menos graxa. Isto débese a que a fritideira sen aceite emprega un sistema de circulación de aire quente para lograr un proceso de cocción que dá como resultado unha textura similar á dos fritos.

Robot de cociña: comodidade, ante todo

Robot de cocina. Electrodomésticos de cocina Santos

O robot de cociña non é ningunha novidade, pero si é certo que a súa popularidade non para de medrar ano tras ano, e cada vez son máis os fogares nos que ocupa un lugar predominante na cociña.

É fácil entender por que: permite programar os pratos sen ter que estar pendente de todo o proceso, aforrando tempo e esforzo, ademais de simplificar o proceso de preparación de moitos alimentos, especialmente alixeirando funcións repetitivas como cortar, picar, amasar o relar. En definitiva, o robot para cociñar é unha axuda fundamental á hora de organizar as comidas diarias.

Electrodomésticos de cocina en zona de trabajo auxiliar

É certo que é voluminoso e que, a diferenza doutros destes novos electrodomésticos, non é integrable no mobiliario. Pero sempre é posible gardalo e utilizalo nunha zona de traballo auxiliar dentro dun armario escamoteable ou un moble persiana.

Batedor de vaso: zumes moi saudables

Batidora de vaso en cocina Santiago Interiores

Está claro que en ningunha casa pode faltar un batedor de man para triturar e mesturar diferentes ingredientes. Pero o batedor de vaso tamén é un complemento moi práctico cando se necesita bater grandes cantidades, ou se se quere triturar ingredientes máis duros, como frutas ou hortalizas. De feito, é frecuente contar cunha mini batedor de vaso para facer batidos a base de froitas e verduras, conservando toda a fibra.

Electrodomésticos de cocina Santiago Interiores

Estes son só algúns dos electrodomésticos que son tendencia actualmente. Á hora de equipar a túa cociña, é fundamental ter en conta todos estes aparatos que aportarán confort e funcionalidade ao día a día. Iso si, como sempre, hai que coñecer os hábitos de cada familia, para non deixarse levar polas modas e optar polos electrodomésticos que realmente vaian ser utilizados. En Santiago Interiores encantaranos orientarte á hora de deseñar o teu proxecto, recomendándoche aqueles electrodomésticos que mellor se adapten á túa cociña, e ao teu estilo de vida. Non dubides en consultarnos!

Tamén che pode interesar

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}