T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Electrodomésticos integrados: espazos limpos e harmónicos
Dec 14

Electrodomésticos integrados: espazos limpos e harmónicos

  • 14 Decembro, 2017
  • Consellos e tendencias

Os electrodomésticos fannos a vida máis fácil, pero cando están á vista poden restar harmonía e limpeza visual. A tendencia actual, especialmente cando se trata de cociñas abertas, é optar por un deseño de liñas rectas, cunha fachada uniforme e homoxénea. Os electrodomésticos integrados poden axudarnos a conseguir un aspecto minimalista e contemporáneo.

A lavadora, o lavavaixelas e o frigorífico son algúns dos electrodomésticos que poden integrarse no mobiliario, pasando totalmente desapercibidos. Tamén podemos ocultar a campá, xa sexa nos mobles de cociña, ou nun falso teito.

Xunto aos electrodomésticos, é moi importante atopar un mobiliario que permita que esta integración sexa o máis discreta e funcional posible. En Santiago Interiores somos distribuidores exclusivos de cociñas Santos, marca que ofrece múltiples solucións. Queres ver algúns exemplos?

Electrodomésticos integrados: espacios limpios y armónicos | INTRA-L | Cocinas Santos | Santiago Interiores

O modelo INTRA-L consegue unha total integración entre os mobles e a arquitectura da casa. Esta cociña dispón dunha zona de columnas con modulación a teito que alberga fornos, frigorífico e conxelador, ademais de amplos espazos para almacenamento. Unha beleza sinxela, sobria e discreta.

Electrodomésticos integrados: espacios limpios y armónicos | Lavavajillas | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Neste proxecto de Santos, equipado co modelo MINOS, o amoreamento vertical do lavavaixelas e o forno axuda a optimizar o espazo. Ademais de proporcionar zonas adicionais para gardar provisións, permite dispor de varios electrodomésticos nunha superficie reducida.

Electrodomésticos integrados: espacios limpios y armónicos | Tubos de ventilación | Cocinas Santos | Santiago Interiores

O espazo destinado á cociña nesta vivenda é moi reducido e comunícase coa zona de estar. Por este motivo, optouse por unha campá oculta, máis discreta que a decorativa, e por integrar os mobles columna na parede. Os tubos de ventilación favorecen a circulación do aire xerado polo frigorífico integrado, contribuíndo así a prolongar a súa vida útil.

Electrodomésticos integrados: espacios limpios y armónicos | Columna lavandería | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Por falta de espazo, en moitas ocasións debemos instalar a zona de lavandería na cociña. As columnas de lavado de Santos permiten ter a man a lavadora e a secadora, manténdoas totalmente ocultas á vista. Con só abrir a porta poderemos utilizalas comodamente e, ademais, dispoñer de espazo para gardar deterxentes e suavizantes.

Son moi útiles incluso para vivendas máis grandes, con lavandería independente. Axudan a construír estancias ordenadas, equilibradas e agradables.

Electrodomésticos integrados: espacios limpios y armónicos | Columna portahornos | Cocinas Santos | Santiago Interiores

En canto ao forno, o microondas e a placa, podemos escoller un deseño en liña coa estética da cociña; neste caso, o negro. Ademais, as solucións dos armarios columna de Santos aportan espazo de almacenamento, ao tempo que aloxan os electrodomésticos dunha forma discreta, funcional e equilibrada.

Electrodomésticos integrados: espacios limpios y armónicos | Coplanar | Cocinas Santos | Santiago Interiores

No caso de que prefiramos que o forno e o microondas estean completamente ocultos, podemos optar por situalos nun moble coplanar. O seu sistema de corredeira permite a apertura total das portas, proporcionando unha gran visibilidade e facilitando o acceso ao seu interior. Unha vez pechadas, quedan perfectamente aliñadas, contribuíndo a unha estética óptima do conxunto. Este armario conta ademais con espazos que facilitan a orde e o almacenamento de alimentos e outros obxectos de uso cotián na cociña. O seu interior pode configurarse de múltiples maneiras, polo que tamén pode resultar moi útil para ter os pequenos electrodomésticos fóra da vista, pero sempre a man.

Se buscas unha cociña cunha estética moi coidada e que ao mesmo tempo responda ás túas necesidades, podemos axudarte. Solicita aquí a túa cita para recibir o asesoramento do noso equipo de interioristas.

Tamén che pode interesar

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

Canto tempo se tarda en reformar unha cociña? As claves

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}