O showroom de Santiago Interiores acolleu este xoves 16 de abril, un evento exclusivo para presentar a renovación das súas principais áreas de exposición.
Tras un proceso de redeseño estratéxico, a tenda integrou os materiais máis novidosos e os deseños da última colección de Santos.
Sonsoles Cabana, responsable da tenda, deu a benvida aos asistentes e expuxo as claves da actualización do espazo así como a incorporación das novas cociñas.
Posteriormente, o equipo de xestión de proxectos —formado por Emma López, Francisco Moreno, Amparo Vidal, Antía Vieitez e a propia Cabana— guiou aos asistentes nun recorrido polas diferentes áreas da tenda, explicando en detalle as novidades técnicas e repasando a variedade de acabados e materiais dispoñibles tanto para frontes como para compoñentes e accesorios.
A xornada permitiu aos profesionais do sector intercambiar impresións nun ambiente técnico e próximo, facilitando unha visión completa das distintas posibilidades que ofrece a marca.
O evento culminou cun servizo de catering a cargo de Grupo Baiuca, transformando o showroom nun vibrante punto de encontro. Foi o momento ideal para que colaboradores habituais e o equipo de Santiago Interiores compartiran impresións, estreitando lazos nun ambiente distendido e consolidando unha comunidade que comparte un firme compromiso co deseño de calidade.









