Cando comezamos a deseñar un proxecto debemos ter en conta as características do espazo para adaptalo a el e lograr unha cociña funcional. Non todas as habitacións son iguais e, en ocasións, atopamos un pilar estrutural que xera dúbidas sobre a distribución.
Neste post, amosámosche como integrar unha columna na cociña e facer que pase de ser un elemento que dificulta a organización, a converterse nunha parte realmente práctica do espazo.
Ocultar ou integrar? As dúas estratexias ante un piar
Cando unha cociña presenta unha columna estrutural, o deseño pode abordarse dende dous enfoques: minimizar a súa presenza visual ou integrala no mobiliario para sacar partido ao espazo dispoñible.
Aínda que estas solucións non sempre son fáciles de planificar, en Santos existen diferentes tipoloxías de mobles de cociña que nos permiten adaptarnos a estes piares.
A elección entre unha ou outra solución dependerá en gran medida, dos metros cadrados e da distribución do espazo.
Ideas de distribución con columnas en cociñas (casos reais)
Cociña con columna e península como transición ao salón
Neste proxecto atopámonos con dúas columnas enfrontadas. A solución adoptada consistiu en integralas dentro do conxunto do mobiliario mediante un panelado en acabado Gris Visón para manter a continuidade estética co resto dos mobles de cociña.
No lado interno de ambos os piares, instalamos dous mobles columna de cociña, sendo un deles unha columna portaútiles e o outro unha columna portaprovisións. Deste xeito, os piares convértense nunha zona de almacenaxe de chan a teito.
Ao utilizar estas columnas como elemento delimitador da illa, conseguimos unha cociña con columnas e península, onde un extremo do mesado actúa como barra. Desta forma, o piar serve de apoio estrutural e visual para crear unha cociña aberta ao salón cunha distribución coherente e plenamente funcional.
Integración do piar na cociña mediante paneis decorativos e mesado a medida
En ocasións, a localización do piar non permite integrar mobiliario ao seu redor e a solución pasa por compoñer o deseño adaptándose por completo á arquitectura da estancia.
Neste caso real, a columna cubriuse co mesmo panel de madeira que reviste a parede na parte superior, mentres que, para os módulos baixos, optouse por frontes decorativas en Negro Seda, dando continuidade ao mobiliario. O mesado de traballo cortouse á medida seguindo o contorno exacto dos piares para lograr unha integración limpa no conxunto.
Ao atoparnos con outra pequena columna no lado oposto, decidimos incorporar módulos altos de servizo suspendidos entre ambas estruturas, aproveitando a zona superior para almacenamento sen que os piares supuxesen un obstáculo neste sentido.
Solucións para optimizar unha cociña pequena cunha columna
Cando se planifica a distribución dunha cociña pequena na que aparece un piar, é necesario realizar un estudo detallado do espazo para aproveitar cada centímetro e garantir unha circulación cómoda nas zonas de paso.
En cociñas de dimensións máis compactas onde nos atopamos con este reto, unha solución eficaz é revestir a columna cun panel de parede a xogo co resto do mobiliario, integrándoo visualmente no conxunto. Sobre este revestimento, pódense incorporar baldas para aproveitar o espazo en altura sen recargar a composición.
Na parte baixa, a columna convértese no soporte idóneo para unha zona de barra. Pegado directamente á estrutura, o mesado esténdese ata a parede para dar forma a un recuncho de almorzos práctico, cómodo e sumamente aproveitado.
Finalmente, a zona inferior do piar ofrece a oportunidade de incluír un moble baixo con gabetas interiores, unha solución intelixente para gañar almacenamento en cociñas pequenas.
Claves de deseño para integrar o mobiliario nunha columna na cociña
Nos proxectos anteriores vimos solucións reais para adaptar o espazo cando hay un piar polo medio. Se estás analizando a distribución da túa casa, estas son as claves principais para que o mobiliario e a estrutura convivan en harmonía:
- Panelado: Utilizar un panel en madeira ou lacado sobre a columna permite camuflala por completo, logrando que manteña exactamente o mesmo acabado que o resto do mobiliario.
- Superficies de apoio: Transformar o piar no punto de inicio ou apoio dunha barra ou península axuda a delimitar os ambientes nas cociñas abertas ao salón e, en cociñas pequenas, permite aproveitar ao máximo o espazo.
- Almacenamento aberto: Incorporar baldas nunha columna pode transformala nun esapzo útil para libros de cociña ou elementos decorativos.
- Mobiliario adaptable: O catálogo de Santos conta cunha ampla variedade de mobles e solucións que se adaptan á arquitectura da vivenda, garantindo que o piar non reste funcionalidade.
- Planificación técnica: Cada centímetro conta. É fundamental estudar o plano ao detalle para desenrolar a distribución ideal que responda tanto ás necesidades do día a día como ás esixencias da habitación.
Se estás pensando en reformar o teu espazo, podes pedir cita con nos. Un xestor de proxectos estudiará as características da túa estancia para axudarche a deseñar una cocina totalmente personalizada.

















