O Nadal achégase, e dende Santiago Interiores queremos informarte do noso horario especial para estas datas. Tomaremos un pequeno descanso, polo que a tenda permanecerá pechada do 23 de decembro de 2017 ao 1 de xaneiro de 2018 (ambos inclusive). Ademais, o noso horario o 5 de xaneiro será de 9:00 a 15:00 horas.
Se durante eses días tes algunha consulta ou queres solicitar unha cita, podes deixarnos os teus datos no noso formulario, e á nosa volta contactaremos contigo. Tamén programaremos algúns contidos e lecturas sobre cociña e interiorismo nas nosas redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram e Linkedin. Así poderás seguir recibindo ideas e inspiración durante as vacacións.
De parte de todo o equipo de Santiago Interiores desexámosche unhas moi felices festas e un gran ano 2018!