T 636 050 909 Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Inicio/Blog/Ideas Para Decorar a Casa no Nadal. Inspírate coas Nosas Decoracións
Dec 17
Ideas para decorar a casa no Nadal Santiago Interiores

Ideas Para Decorar a Casa no Nadal. Inspírate coas Nosas Decoracións

  • 17 de Decembro de 2021
  • Consellos e tendencias

Como decorar a casa polo Nadal? Cando se achegan as festas, todas as vivendas se engalanan: abetos cheos de bólas, coidados beléns, grilandas de luces, coroas nas portas, traballos manuais de Papá Noel polos recantos… Todos queremos dar un aire máxico aos nosos fogares, e para logralo, hai múltiples posibilidades.

Entre todas elas, seleccionamos hoxe algunhas propostas baseadas nas decoracións que Rebeca Senra preparou para o noso showroom e que agardamos vos sirvan para imaxinar novos ambientes cos que seguir sorprendendo a familia e amigos ano tras ano.

Decorar a cociña polo Nadal: as plantas son esenciais

Decorar a cociña no Nadal Santiago Interiores

Cada vez mais, a cociña está a se converter no centro da vivenda. Se antes era habitual que esta peza se limitase á zona de batalla na que se amoreaban potas, tixolas e fontes mentres se preparaba o menú, hoxe é frecuente que a cociña se abra aos espazos de lecer, e que sexa un lugar máis de reunión e convivencia. Por iso non hai por que deixar esta estancia á marxe da decoración do Nadal.

Evidentemente, non é cuestión de entorpecer o mesado con adornos ou pór a árbore entre o vertedoiro e a placa, pero hai pequenos detalles que levarán o espírito do Nadaldun xeito máis discreto e natural. Así conseguirase unha cociña festiva, e ademais, práctica.

Decorar cociña con flores Nadal Santiago Interiores

Unha boa opción para logralo é a través das plantas, cunha flor de Pascua, un vaso con visgo ou acevo ou un centro floral en tons vermellos e verdes.

Decorar o salón no Nadal: un toque de cor

Decorar salón no Nadal Santiago Interiores

O salón, pola contra, adoita ser a estancia na que máis se coida a decoración do Nadal, presidida por un gran piñeiro ou abeto coa súa alfombra, enfeitado con moito detalle. Cada vez máis, iso si, lévase o Nadal minimalista, con árbores en versión mini ou mesmo substituíndo o clásico abeto ou piñeiro por outras plantas menos voluminosas.

Ideas para adornar salón no Nadal

Verbo das cores, verde, vermella, dourada e branca adoitan estar moi presentes na decoración dun salón do Nadal. Nin sequera é necesario elixir adornos con motivos claramente destas datas, como poden ser os reis magos, as criaturas do bosque ou as paisaxes nevadas. Simplemente usando diferentes elementos nos tons antes mencionados, xa se logra xerar unha atmosfera especial, agradable tamén para aqueles que non gozan tanto do espírito do Nadal.

Decorar a entrada de casa no Nadal: máis alá da clásica coroa

Decoración do Nadal para entrada de casa

A entrada é o primeiro que se ve ao chegar a unha casa, por iso é recomendable colocar algúns adornos do Nadal nesta parte do fogar. Así, nada máis abrir a porta poderemos sentir a calor das festas. A nosa recomendación é que a decoración do hall sexa unha extensión da do resto da casa, mantendo o mesmo estilo e gama cromática.

Centro de Nadal para entradas Santiago Interiores

Cando se conta con algún moble ou aparador, adoita funcionar moi ben algún centro de Nadal, xa sexa con plantas, ou con, por exemplo, pólas secas, piñas e festóns. A inspiración natural nunca falla! Ademais, incluír unha grilanda de luces engadirá un extra de calidez.

Adornos de Nadal para entradas Santiago Interiores

Se isto resulta escaso, outros adornos típicos para a entrada son as caixiñas de música ou as bolas de neve, e por suposto, na parte externa da porta, unha coroa de Nadal. Aínda que con unha simple poliña de acevo nun vaso xa se logra un toque máxico e entrañable.

Decorar a mesa do Nadal: ideas para unha velada inesquecible

Ideas para decorar mesa Nadal Santiago Interiores

Se hai un espazo no que realmente transcorre o Nadal é no comedor. As reunións familiares para comer ou cear caracterizan estas datas, e os anfitrións buscan adornos orixinales cos que sorprender aos comensais.

Adornos mesa de Nadal Santiago Interiores

O ano pasado compartimos algunhas ideas para lograr unha mesa de Nadal acolledora e elegante. Nesta ocasión, quedámonos cunha recomendación clave: non poden faltar os centros de mesa. En Santiago Interiores poderás ver algunhas propostas moi naturais, nas que as velas e o acevo son os grandes protagonistas.

Decorar outros recantos da casa

Decoración de Nadal en casa Santiago Interiores

Os corredores e escaleiras, os dormitorios e baños, a cheminea… calquera recanto da casa pode ser axeitado para crear un espazo de Nadal. Un bo exemplo vémolo na foto superior onde a cor vermella traza o nexo de unión entre distintos adornos, plantas e algo tan básico como unha caixa de regalo. Lógrase así unha decoración sinxela pero, ao mesmo tempo, con moito encanto.

Sen esquecer os elementos exteriores como a fachada, o balcón ou as fiestras. Neste último caso a iluminación xoga un papel esencial para que a decoración do Nadal brille en todo o seu esplendor. Colocar grilandas de luces na parte de fóra da casa axuda a levar o espírito festivo moito máis lonxe.

Como decorar unha árbore de Nadal?

Decorar árbore de Nadal Santiago Interiores

Se falamos de adornos para a árbore de Nadal, cada vez hai máis variedade. Ás clásicas bolas, estrelas e figuras, súmanse agora outro tipo de ornamentos en materiais como a madeira, o cartón ou a tea. Sen esquecer os traballos manuais, desde as fáciles que poden traer os nenos do cole, ata as máis elaboradas, solo aptas para os milmañas da familia. Ao fin e ao cabo, parte da gracia dos adornos do Nadal é que sexan únicos e personalizados para cada fogar.

Ideas de adornos para árbore de Nadal Santiago Interiores

Agora ben, á hora de buscar un resultado sofisticado, é mellor cinguirse á consigna de menos é máis. Por exemplo, escollendo adornos nunha mesma gama cromática, como vemos na foto superior.

Con estas imaxes do noso showroom agardamos axudarvos a inspirarvos para decorar a casa no Nadal dun xeito sinxelo e elegante, pero sobre todo, é a nosa forma de desexarvos unhas moi felices festas.

Tamén che pode interesar

Como limpar os teus mobles de cociña? Consellos de limpeza para que luzan sempre como o primeiro día
Tiradores de cociña. Atopa o tirador que mellor se adapta ás túas necesidades
Como Distribuír Cociñas Alongadas: Ideas para inspirarte
  • Facebook
  • Twitter
  • Tumblr
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Receitas
  • Sen categoría

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
10:00-14:00 | 16:00-20:00
Sábados—
10:00-14:00
Profesionais
Outlet
FAQ
Catálogo Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal
Logo Santiago InterioresInformación sobre cookiesUsamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia no noso sitio web e ofrecerche servizos personalizados segundo os teus hábitos de navegación. Para máis información podes consultar a nosa Política de Cookies. Mostrar Configuración
Aceptar Todo
Manage consent

Resumo da privacidade

Este sitio web usa cookies para mellorar a túa experiencia mentres navegas polo sitio web. Destas, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no teu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcións básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacénanse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tés a opción de desactivar estas cookies. Pero a exclusión dalgunhas destas pode afectar a túa experiencia de navegación.
Necesarias
Sempre activado
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web de forma anónima.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 mesesA cookie está configurada polo consentimento da cookie GDPR para rexistrar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Funcional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. As cookies úsanse para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Necesario".
cookielawinfo-checkbox-others11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Outros".
cookielawinfo-checkbox-performance11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Rendemento".
viewed_cookie_policy11 mesesA cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR e úsase para almacenar se o usuario consentiu ou non o uso de cookies. Non almacena ningún dato persoal.
Funcionais
As cookies funcionais axudan a realizar certas funcionalidades como compartir contido do sitio web en plataformas de redes sociais, recoller opinións e outras características de terceiros.
Rendemento
As cookies de rendemento úsanse para comprender e analizar os índices clave de rendemento do sitio web, contribuíndo a proporcionar unha mellor experiencia de usuario aos visitantes.
Análise
As cookies analíticas úsanse para comprender como os visitantes interactúan co sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre as métricas do número de visitantes, a taxa de rebote, a fonte de tráfico, etc.
Publicidade
As cookies publicitarias úsanse para entregar anuncios e campañas de mercadotecnia relevantes aos visitantes. Estas cookies fan un seguimento dos visitantes de todos os sitios web e recollen información para ofrecer anuncios personalizados.
Outras
Outras cookies sen categorizar son as que se están a analizar e que aínda non se clasificaron nunha categoría.
GARDAR E ACEPTAR