[Actualizado a 25 de maio de 2022]
Se estás a pensar en renovar a túa cociña interesarache esta oferta de liquidación por cambio de exposición.
Modelo: KARMEL
Acabado: Lacado Branco Perla Seda Mate
Mesado: Laminado Carballo Rústico Sincro
Aproveita esta oferta por cambio de exposición.
Prezo tarifa: 21.880,05 €
Prezo oferta outlet: 14.440,83 €
Cociña composta por unha zona de mobles columna e mobles baixos con vertedoiro e placa de cocción. O prezo da cociña inclúe os seguintes electrodomésticos: placa de indución, campá, forno, microondas, frigorífico e lavalouza.
INCLUÍDO:
- Mobiliario, accesorios de cociña, electrodomésticos e mesado con grifo e vertedoiro.
- 21% IVA, transporte e instalación. O prezo de transporte e instalación é válido ata un radio de 30 km; consúltanos o importe para distancias superiores.
Achégate a nosa tenda para coñecer todos os detalles da cociña en liquidación. Ou, se o prefires, ponte en contacto con nós. Estaremos encantados de poder axudarte.
E se queres ver o resto de cociñas en oferta, tamén podes facelo neste enlace.