En Santiago Interiores ofrecémosche esta liquidación de moble aparador en Gris Visón da serie MARCO de Santos.
Modelo: MARCO
Acabado mobiliario illa: Gris Visón
Mesado: Carballo Natural
Aproveita esta oferta por cambio de exposición.
Prezo tarifa: 18.127,15 €
Prezo oferta outlet: 9.700 €Aforro: 8.427,15 €
Este aparador preséntase nun elegante acabado Gris Visón, combinado cun mesado de Carballo Natural que aporta calidez e carácter ao espazo. O moble está composto por tres mobles baixos que inclúen, cada un, dúas gabetas con caixóns interiores en madeira, equipados con prácticos accesorios que facilitan a organización.
Na parte alta, sobre o mesado, dúas portas tipo vitrina completan cada módulo, incorporando estantes regulables, que permiten adaptar a súa altura ao enxoval de cociña que conteñen. Cada módulo está equipado cun sistema de iluminación integrado, que realza o acabado Carballo Rústico do interior e proporciona maior visibilidade ao contido das vitrinas
Como toque final, os tiradores de pomo metálico efecto inox aportan un detalle atemporal e elegante que completa o deseño.
Este aparador ten unha lonxitude total de 364 cm e unha profundidade de 62,5 cm.
INCLUIDO:
- 21% IVA
NON INCLUIDO:
- Transporte e instalación. Consúltanos sen compromiso as opcións e tarifas para estos servizos.
Achégate á nosa tenda e proporcionámosche toda a información necesaria sobre esta cociña Santos en liquidación. Ou, se o prefires, ponte en contacto connosco e consulta condicións de envío e montaxe. Estaremos encantados de poder axudarche.
Se queres ver todos os nosos produtos en liquidación, tamén podes facelo nesta ligazón.




