A cociña é unha zona da casa na que sempre hai unha grande actividade. Aquí preparamos almorzos, xantares, ceas e aperitivos, pero, en moitos casos, tamén nos reunimos para degustalos. É dicir, é unha área principalmente de traballo, pero á vez de ocio e descanso. Por iso é fundamental gardar o equilibrio entre funcionalidade e estética, con mobles cómodos que proporcionen suficiente espazo de almacenaxe.
O mobiliario básico de cociña, con mobles baixos, altos e armarios columna, será sen dúbida o protagonista da estancia. Pero pódese complementar con outros mobles auxiliares de cociña que contribúen a organizar o traballo e aportan un toque de carácter ao ambiente.
Carros, vitrinas, librarías, aparadores… Hoxe repasamos algúns dos mobles auxiliares máis habituais na cociña e como sacar partido deles para facer o día a día máis fácil.
Carro auxiliar de cociña
Os carros auxiliares de cociña resultan moi prácticos en estancias pequenas. Permiten aumentar o espazo de almacenaxe sen necesidade de contar con ningunha parede libre, xa que, ao ter rodas, o carro pódese poñer en cada momento onde menos estorbe.
Un carro para cociña con rodas tamén pode xogar un papel chave á hora de servir a comida, especialmente cando a zona de traballo e o comedor están en estancias independentes. A superficie superior do carro multifunción pode usarse como mesa auxiliar, mentres que na parte inferior é posible organizar o espazo de almacenaxe extra a través de caixas ou cestas.
Vitrinas auxiliares de cociña
As vitrinas son un moble xa clásico na cociña, pero que volve estar en plena tendencia. Trátase de mobles con portas de cristal, nos que o interior adquire gran protagonismo. Desta maneira, a vaixela e os utensilios de cociña exhíbense con orgullo como se foran pezas de colección. Ademais, en moitos casos contan con sistemas de iluminación interior que converten a estes mobles nunha fonte de luz indirecta, cumprindo unha función decisiva na ambientación dos espazos.
Son moi empregadas na zona office para gardar utilidades propias do comedor, pero, por suposto, esta non é a única opción. Existen vitrinas de estilos moi diferentes (vintage, rústica, minimalista, contemporánea, etc.) e distintos tamaños: poden ser unha peza impoñente ou usarse unicamente nun armario alto ou nun pequeno moble supletorio de cociña.
Mesas auxiliares de cociña
As mesas auxiliares de cociña complementan a mesa de comedor, funcionando como barras de almorzo, e proporcionando tamén superficie extra para traballar, algo moi práctico cando no mesado non sobra o espazo.
Hai mesas auxiliares de cociña con rodas (similares a un carro), ou con mobles de caixóns e estantes debaixo, de forma que ademais se poidan aproveitar para almacenaxe.
Armarios auxiliares de cociña
En ocasións, pódese incorporar na cociña un armario exento, independente dos propios mobles que conforman a cociña. Habitualmente faise para romper co interiorismo da mesma e dar carácter, especialmente cando se recuperan antigos armarios vintage. Se non, o máis frecuente é incorporar un armario supletorio de cociña do mesmo modelo que o resto de mobiliario.
Libraría auxiliar de cociña
Unha libraría na parte superior da estancia (poñer un estante auxiliar de cociña en lugar dos armarios altos, por exemplo) pode contribuír a alixeirar o espazo, mentres que na parte baixa resulta idónea para conectar con outros ambientes como o comedor ou o salón. De feito, é bastante usual que se inclúa este elemento na parte externa das illas de cociña en acabados como a madeira, que aporta moita calidez.
Unha libraría alta, pola súa parte, adoita colocarse en despensas pechadas, nas que resulta práctica para organizar todos os alimentos que se precisa ter a man. Hai que ter en conta que as librarías na cociña, ao deixar todo á vista, deben de estar moi ordenadas para transmitir equilibrio e serenidade, por iso se adoita limitar o seu uso a pequenos recunchos.
Mobles auxiliares pequenos
A miúdo se buscan mobles auxiliares de cociña que ocupen pouco espazo, de forma que se poida aproveitar un pequeno oco libre que quede na estancia. A este respecto, é habitual utilizar a parte alta para poñer baldas e mobles (por exemplo, sobre a zona da mesa da cociña). Do mesmo xeito, os armarios estreitos son moi valorados para completar o mobiliario convencional.
Aparador de cociña
Cando a cociña é ampla, e inclúe zona de comedor, é interesante incluír un aparador buffet onde se garde todo o necesario para o servicio da mesa. En moitos casos, para resultar más lixeiro, a parte superior está formada por estantes con vitrina, mentres que a parte inferior adoita levar caixóns.
Trátase dunha peza con carácter, que ademais de ampliar o espazo de almacenamento, contribúe a dotar a cociña de calidez e singularidade.
Despensa auxiliar para a cociña
Resulta moi práctico contar cun moble, normalmente a base de baldas, no que organizar a compra. É o caso do proxecto superior, no que se sacou partido da forma irregular da planta para incorporar unha despensa auxiliar tras dúas portas acristaladas.
Os máis afortunados poden ter non só un moble auxiliar, senón unha estancia auxiliar que funciona como despensa anexa, e que se pode amoblar con módulos similares aos usados na cociña, ou con estantes e solucións máis sinxelas. En moitos casos, despensa e lavandaría únense nese espazo anexo, o que permite alixeirar a área de traballo e dotalo dun ambiente máis limpo e relaxado.
Repasamos algúns dos mobles adicionais de cociña más habituais, pero por suposto, existen outras opcións. Aínda que na actualidade se tende cara a espazos limpos e cohesionados, está claro que este tipo de elementos extra poden contribuír tanto a gañar capacidade na estancia como a aportar personalidade. Se buscas incluír na túa cociña vitrinas, aparadores, mesas ou carros auxiliares, non dubides en consultalo co noso equipo de interioristas: estarán encantados de deseñar un proxecto a medida para ti.