T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Novidades 2026: Un recorrido polo noso novo showroom
Mai 21
Cocina color beige y madera en Santiago Interiores.

Novidades 2026: Un recorrido polo noso novo showroom

  • 21 Maio, 2026
  • Actualidade

En Santiago Interiores gústanos que cada visita sexa unha experiencia única. Por iso, transformamos o noso showroom para que poidas tocar e sentir as últimas propostas de Santos, aplicadas a espazos reais.

Neste artigo, convidámoste a descubrir os detalles que dan vida ás nosas novas exposicións, incluíndo algunhas solucións de deseño e recunchos ocultos que optimizan cada centímetro da túa cociña.

Cociña beige e madeira con mesado de pedra natural: equilibrio e calidez

Cocina en madera y beige en el showroom de Santiago Interiores.

No escaparate principal presentamos unha cociña da serie FINE que combina o novo acabado Beige Seda de Santos con Carballo Rústico. Está distribuída en paralelo cunha illa central que utiliza distintos sistemas de apertura, perfil gola na zona superior e sistema push na inferior.

Para maximizar a almacenaxe, instalouse o caixón zócalo, un deseño exclusivo de Santos que aproveita toda la altura ata o chan. As gabetas, con ata 60 cm de profundidade, inclúen accesorios específicos como prateiros e colectores extraíbles que facilitan a organización interior.

Sobre a illa destaca o mesado de pedra natural Taj Mahal de Cosentino , que unifica todo o bloque ao estenderse de forma continua ata a zona do vertedoiro.

Cocina con isla en madera de Santiago Interiores.

Fronte á illa sitúase un lineal de columnas cos electrodomésticos integrados. O frigorífico e o conxelador quedan ocultos tras paneis con apertura eléctrica, xunto a unha columna viñoteca e unha columna de servizo con gabetas interiores. Para optimizar o espazo, sobre estes módulos instaláronse mobles superpoñibles para columnas que aproveitan toda a altura ata o teito.

Por último, a zona conta cun moble para almorzos de portas escamoteables. O seu interior, organizado con baldas e caixóns, permite xestionar o servizo de mañá e os pequenos electrodomésticos, mantendo todo oculto tras o seu uso.

Cocina con mueble desayunador integrado en el showroom de Santiago Interiores.
Cocina con mueble desayunador con puertas escamoteables en el showroom de Santiago Interiores.

Un dos puntos máis interesantes desta exposición é a súa capacidade para camuflar estancias funcionais. Integrada no panelado, atópase unha porta de paso co mesmo acabado que o resto do mobiliario. Ao abrila, accédese a unha zona de despensa.

Cocina compuerta de paso oculta hacia una despensa en Santiago Interiores.
Cocina con puerta de paso hacia una despensa en el showroom de Santiago Interiores.

Esta estancia conta cun systema de panelación en acabado Beige Seda con baldas e iluminación integrada nun dos seus laterais. Na fronte oposta, sitúanse mobles baixos da serie FINE en Beige Seda e, sobre eles, vitrinas suspendidas da serie CUADRO NATURA co interior en acabado Carballo Rústico Vertical.

Cocina conectada a una despensa con vitrina y baldas iluminadas de Santiago Interiores.

As vitrinas incorporan o novo vidro Acanalado fino e complétanse co perfil de iluminación Santos instalado na súa parte inferior. Este sistema non só mellora a visibilidade, senón que permite integrar accesorios prácticos para organizar o espazo de traballo.

Cocina con mesa de madera y escultura iluminada en el showroom de Santiago Interiores.

Completando a fachada principal, sitúase unha mesa artesá realizada en madeira de Nogueira. Sobre ela, atópase suspendida a escultura lumínica Apus de Arturo Álvarez en ton dourado, que achega un punto focal decorativo ao conxunto.

Unha cociña que se oculta totalmente

Cocina marrón oscuro oculta tras frentes escamoteables en Santiago Interiores.

Ao avanzar cara ao interior do showroom, presentamos un concepto de cociña totalmente oculta, serie KARMEL a zona de columnas e serie ELEA a illa, con acabado Marrón Escuro SM e Carballo Fumé.

Esta exposición organízase mediante unha distribución en paralelo con illa. Na fronte principal, un sistema escamoteable de dobre apertura permite descubrir a zona de traballo; ao rematar, as portas ocultan todo o conxunto para recuperar unha estética limpa e liñal.

Cocina marrón y madera abierta en la exposición de Santiago Interiores.

Na zona de lavado, o deseño incorpora baldas a parede con iluminación superior e o perfil de iluminación Santos na parte inferior, equipado con accesorios prácticos. Seguindo esta lóxica de integración, unha columna portafornos escamoteable, e as columnas para frigorífico e conxelador manteñen a uniformidade absoluta do mobiliario ao ocultar por completo os electrodomésticos.

Cocina con isla en marrón y madera Santiago Interiores.

A illa reforza a continuidade visual mediante un sistema de indución invisible integrado baixo o mesado de porcelánico. Ao non haber elementos que sobresaian, a superficie mantense totalmente despexada. Nun dos seus laterais, a illa incorpora un mesado Santos en Carballo Fumé, unha superficie pensada para comidas rápidas ou como zona de apoio adicional.

En canto á capacidade, o interior está equipado con caixóns de gran formato (ata 120 cm de longo) que inclúen accesorios de organización personalizados, como cuberteiros, especieros e coiteleiros.

Zona living con mesa de madera y vitrina con iluminación en la exposición de Santiago Interiores.

Xunto a esta estancia, presentamos unha sala de estar protagonizada por unha columna vitrina na serie ALUM 01 – NOIR con Vidrio Afumado. O seu interior, en Laricio Fumé, está configurado especificamente para o servizo de bodega, integrando soportes boteleiros e soportes para copas, o que permite centralizar estas funcións nun moble de deseño minimalista.

Este ambiente complétase cunha mesa redonda con taboleiro de damas, realizada en madeira de nogueira, achegando calidez ao conxunto.

Cociña branca e madeira: deseño clásico e atemporal

Cocina isla en madera y vitrina suspendida de Santiago Interiores.

Para completar a renovación, presentamos unha cociña con distribución en L con illa, combinando a calidez da Nogueira Americana da serie CUADRO NATURA na illa, coa sobriedade do Branco Perla SM da serie CUADRO no liñal de columnas e vitrinas.

A illa central está equipada co sistema de apertura gola con lámina decorativa de madeira e caixóns con profundidade de 65 cm, o que optimiza ao máximo a capacidade de almacenaxe. Nela destaca a billa Quooker, que ofrece auga fervendo, con gas e filtrada ao instante, instalada sobre un moble Santos deseñado especificamente para integrar este sistema.

Cocina con isla en madera y lineal de muebles columna en blanco en la exposición de Santiago Interiores.
Cocina blanca y madera con isla y encimera volada en Santiago Interiores.

Toda a superficie de traballo proxéctase cun mesado Terra Polaris de Cupastone, que se estende tamén ao panel da parede para crear un efeito de amplitude e continuidade. Na zona alta destacan as vitrinas con iluminación en estante e acabado interior en Nogueira Americana, permitindo manter o contido á vista de forma ordenada.

Baixo estas vitrinas, instalouse o perfil de iluminación de Santos, cunha canle para equipamento de accesorios. Este sistema integra un soporte para botes, un coiteleiro e un estante multiúsos, optimizando a funcionalidade da zona de preparación.

Cocina blanca y madera con lineal que integra electrodomésticos en Santiago Interiores.
Cocina blanca y madera con gavetas que permite aumentar el almacenamiento en el showroom de Santiago Interiores.

O liñal de columnas componse dunha columna portaútiles en esquina que optimiza cada centímetro de almacenaxe. A continuación, sitúanse dúas columnas portafornos que integran o forno e o microondas, ademais do frigorífico oculto tras as frontes para garantir a limpeza visual do conxunto.

Aproveitando a verticalidade da estancia, instaláronse superpoñibles para columnas sobre este lineal, completando o amoblamento ata o teito.

Zona Living: deseño contemporáneo con alma cálida

Zona living con módulos bajos cajoneros suspendidos en color Rojo India en Santiago Interiores.
Zona living con librería modular a pared en madera en la exposición de Santiago Interiores.

Este espazo amoblado coa liña Living de Santos configúrase con módulos baixos caixoneiros suspendidos da serie LISSE en acabado Vermello India SM, sobre unha estrutura de patas redondas en cor negra.

Ademais, esta sala está equipada cunha librería modular á parede no acabado Nogueira Americana composta por unha combinación de columnas abertas e unha columna vitrina.

Showroom Santiago Interiores renovado.

Se tes en mente un proxecto para a túa cociña, salón o lavandaría, convidámoste a visitar o noso showroom. Máis que ver exposicións, poderás comprobar como funcionan estes sistemas no día a día e valorar que materiais encaixan mellor contigo.

Podes pedir cita para que o noso equipo te asesore de forma personalizada. Estaremos encantados de escoitarte e axudarte a dar forma a ese novo espazo.

Tamén che pode interesar

Novidades no noso showroom: renovación de exposicións

Santiago Interiores: 25 anos deseñando cociñas á medida de cada persoa

En Santiago Interiores imos de vacacións e volvemos o 31 de agosto

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}