O calendario de Santos quere adozarnos o mes de maio con esta receita de Tarta de queixo con glaseado Butterscotch. Tan bonita como deliciosa, é ideal para ofrecer nunha merenda acompañada cun bo café ou un té. Queres saber como preparala?
Ler máis →Blog
Queremos compartir convosco sinxelas receitas como esta Ensalada de bacallau e trufa que Santos nos propón para o mes de abril. Xa chegou a primavera e con ela as ganas de comidas frescas e fáciles de preparar. Animámosvos a que fagades esta sinxela pero exquisita ensalada na vosa cociña.
Ler máis →Tamén che pode interesar
En marzo organizamos na nosa tenda un showcooking para clientes da man da chef Ana Portals. Baixo o título «Cociña creativa: conservas», durante o evento elaboráronse deliciosos bocados a base de conservas que calquera anfitrión podería preparar de xeito sinxelo na súa cociña.
Ler máis →Tamén che pode interesar
O Nadal achégase, e dende Santiago Interiores queremos informarte do noso horario especial para estas datas. Tomaremos un pequeno descanso, polo que a tenda permanecerá pechada do 23 de decembro de 2017 ao 1 de xaneiro de 2018 (ambos inclusive). Ademais, o noso horario o 5 de xaneiro será de 9:00 a 15:00 horas.
Ler máis →Tamén che pode interesar
Queremos compartir convosco a deliciosa receita de Pastel vasco que Santos nos propón para o mes de marzo. Convidámosvos a entrar na vosa cociña e preparar este doce típico do norte do País Vasco. Trátase dunha sobremesa sinxela e moi saborosa, rechea de crema por dentro e crocante por fóra. Apetécevos probala? Aquí tedes os ingredientes e todos os pasos para a elaboración.
Ler máis →Tamén che pode interesar
Recentemente organizamos na nosa tenda un encontro para profesionais do mundo do hábitat. O seu título, «Converter a cociña no corazón da casa», resume a filosofía que inspirou as últimas novidades en mobiliario da marca Santos, presentadas durante o evento.
Ler máis →Tamén che pode interesar
Aproveita esta oferta por cambio de exposición. Prezo tarifa: 6.882 €. Prezo oferta outlet: 4.302 €. Se estás a pensar en renovar a túa cociña interesarache esta oferta de liquidación por cambio de exposición. Cociña cun estupendo mesado de Corian branco con vertedoiro e costados laterais no mesmo material. Os dous mobles baixos que compoñen esta cociña dispoñen de amplos caixóns extraíbles
Ler máis →Tamén che pode interesar
Esta cociña xa foi vendida.
Prezo tarifa: 19.302 €. Prezo oferta outlet: 12.780 €. Cociña composta por unha zona de mobles columna e unha illa con vertedoiro e placa de cocción.
Tamén che pode interesar
Dámosvos a benvida ao blog de Santiago Interiores, a tenda exclusiva da marca de cociñas Santos en Santiago de Compostela. Nesta nova sección compartiremos información de interese relacionada co mobiliario de cociña, a decoración e o interiorismo. Convidámosvos a gozar e seguir este espazo, destinado tanto aos usuarios que xa nos coñecedes como aos que esteades a pensar en renovar ou comprar unha cociña.
Ler máis →Tamén che pode interesar
Este mobiliario en liquidación xa foi vendido.
Prezo tarifa: 2.625 €. Prezo oferta outlet: 1.312 €. Conxunto de 2 mobles columna de 90 cm de ancho con portas articuladas. Interior equipado con estantes de vidro e grellas metálicas con unha grande capacidade de carga.