Inicio /Proxectos de cociñas /Unha segunda vivenda para gozar da natureza Unha segunda vivenda para gozar da natureza No corazón da aldea de Viro, aos pés da Serra de Outes (A Coruña), sitúase esta peculiar vivenda. Os propietarios desta casa, unha parella con dous fillos, desexaban contar cun lugar sinxelo no que desconectar e gozar da natureza en familia durante os seus días libres e vacacións. Así, optaron por construír da man de 2 es + arquitectos o que para eles se converteu nun refuxio. Situado na mesma parcela rural na que se sitúa a vivenda dos avós, este pavillón dunha planta con cuberta plana axardinada consegue integrarse harmonicamente entre os hórreos e as edificacións tradicionais. A COCIÑA Ano do proxecto 2023 Deseño Santiago Interiores Distribución En paralelo con illa Dimensións 34,5 m2 Mobiliario Santos, modelo FINE Acabado Negro Seda Tirador Sen tirador Mesado Levantina Granito Negro Zimbabwe A VIVENDA Tipoloxía Vivenda unifamiliar Dimensións 100,80 m2 útiles, 125,50 m2 construídos Localización Serra de Outes (A Coruña) Arquitectura 2es+_oficina de arquitectura Construción Construcciones Alcalde García Estilismo Paula Ferreira e Patricia Crego Fotografía Héctor Santos Díez A pesar da súa arquitectura moderna, para os arquitectos resultaba vital que a vivenda estivese en [...]Ler máis →
Categoría: proyectos
Inicio /Proxectos de cociñas /Calidez en estado puro Calidez en estado puro Nun coñecido barrio de Santiago de Compostela, sitúase esta vivenda unifamiliar tan acolledora. Os propietarios, unha parella nova con dous nenos pequenos, sometéronse a un largo, pero bonito proceso durante a obra que lles levou a conseguir o fogar dos seus soños. Trátase dunha vivenda de tres plantas con xardín e patio interior, na que a cociña é o primeiro que nos recibe ao entrar pola porta principal. Se algo tiñan claro os nosos clientes para esta zona, é que querían que fose cálida e que a madeira tivese todo o protagonismo. A COCIÑA Ano do proxecto 2023 Deseño Santiago Interiores Distribución Paralelo con illa Dimensións 21,5 m2 Mobiliario Santos, modelo FINE Acabado Olmo Claro Tirador Sen tirador Mesado Alaska de Compac A VIVENDA Tipoloxía Vivenda unifamiliar Dimensións 200 m2 Localización Santiago de Compostela (A Coruña) Estilismo Victoria Rega e Nuria Castiñeiras Fotografía Héctor Santos Díez Con estas indicacións en mente e vendo todas as posibilidades de espazo, decidimos deseñar unha cociña en paralelo con illa en acabado madeira. O resultado: unha atmosfera serena e confortable. A convivencia do rústico, o moderno e o atemporal Desde os comezos [...]Ler máis →
Inicio /Proxectos de cociñas /Funcionalidade en pequenos espazos: unha cociña de 9m2 reimaxinada Funcionalidade en pequenos espazos: unha cociña de 9 m² reimaxinada Nun popular barrio de Ames, moi próximo a Santiago de Compostela, encóntrase este acolledor dúplex que a súa dona decidiu reformar para darlle un aspecto máis actual e renovado. A anterior cociña, de estética máis campestre, xa non era do agrado da propietaria, polo que decidiu acudir ao noso showroom para que lle axudásemos a conseguir a cociña dos seus soños: de liñas sinxelas e nun acabado escuro. A COCIÑA Ano do proxecto 2022 Deseño Santiago Interiores Distribución En L Dimensións 9 m2 Mobiliario Santos, modelo FINE Acabado Gris Antracita Tirador Sen tirador Mesado Negro Zimbabwe de Levantina A VIVENDA Tipoloxía Dúplex Dimensións 97 m2 Localización Ames (A Coruña) Interiorismo Myka Deco Estilismo Myka Deco Fotografía Héctor Santos Díez Partindo desas premisas, deseñamos unha cociña no modelo FINE, que aporta lixeireza visual á estancia, e optamos polo acabado Gris Antracita. Como contrapunto, decidimos aportar certos toques de madeira en consonancia co chan elixido para a estancia. Un exemplo é o panel parede da zona de fregado e cocción, en acabado CarballoNatural. Unha distribución en L totalmente aproveitada [...]Ler máis →
Inicio /Proxectos de cociñas /Unha cociña azul chea de encanto e carácter Unha cociña azul chea de encanto e carácter Nunha estancia de 11 metros cadrados situada nun ático tan moderno como este, decidimos deseñar unha cociña vintage repleta de personalidade. A elección do modelo MARCO de Santos, cunha estética de estilo tradicional, permitiunos dotar a esta cociña dun toque rústico. O Azul Cosmos Seda das frontes, pola súa parte, acabou acaparando todo o protagonismo do espazo. Cando a encargada do proxecto lles suxeriu esta cor aos propietarios da vivenda, non dubidaron en deixar atrás a súa idea inicial de cociña gris e aceptar esta proposta máis atrevida. A COCIÑA Ano do proxecto 2022 Deseño Santiago Interiores Distribución Con península Dimensións 11 m2 Mobiliario Santos, modelo MARCO Acabado Azul Cosmos Seda Mate Tirador Asa metálica Níquel Mate Mesado Compac Unique Arabescato A VIVENDA Tipoloxía Piso Dimensións 96 m2 útiles Localización Santiago de Compostela Promotora Julio Rey Estilismo Emma López, Paula Ferreira e Patricia Crego Fotografía Héctor Santos Díez A chave do deseño deste proxecto de cociña está no contraste de cores: o azul das frontes, o acabado madeira da barra e da pequena librería da península, e o branco [...]Ler máis →
Inicio /Proxectos de cociñas /Unha cociña con privilexiadas vistas á Ría Unha cociña con privilexiadas vistas á Ría Localizada nunha ladeira, a medio camiño entre a Ría de Pontevedra e o alto de Chan de Gorita, sitúase esta vivenda unifamiliar de dúas plantas. Na planta alta, a de acceso á casa, encóntrase a ampla cociña con illa, aberta ao salón e comedor. Créase así unha zona de día diáfana e moi luminosa que se abre cara ás marabillosas vistas á Ría e ao seu entorno con grandes beirados a modo de terraza. A COCIÑA Ano do proxecto 2020 Deseño Santiago Interiores Distribución Con illa Dimensións 16 m2 Mobiliario Santos, modelo FINE Acabado Gris Visón Tirador Sen tirador Mesado Compac Glaciar A VIVENDA Tipoloxía Vivenda unifamiliar Dimensións 265 m2 Localización Sanxenxo (Pontevedra) Arquitectura 2es+_oficina de arquitectura Estilismo Sonsoles Cabana e Paula Ferreira Fotografía Héctor Santos-Díez En canto ao seu deseño e distribución, os seus propietarios, un matrimonio con 3 fillos, tiñan moi claro que querían que fose funcional sobre todas as cousas. Non é a súa residencia habitual, polo que querían que, ao usala nas súas vacacións e períodos de descanso, lles fose o máis cómoda posible. Partindo destas premisas, deseñouse [...]Ler máis →
Inicio /Proxectos de cociñas /Unha cociña verde con zona de almorzos e office Unha cociña verde con zona de almorzos e office Nunha céntrica rúa de Santiago de Compostela atópase este piso, no que recentemente se levou a cabo unha reforma integral. Os seus donos, unha parella con dúas nenas pequenas, viron nel grandes posibilidades de remodelación e decidiron poñer en marcha o proceso. Así, despedíronse das existentes estancias escuras e angostas para dar paso a unha vivenda diáfana, luminosa e acolledora na que a cociña gaña un gran protagonismo. A COCIÑA Ano do proxecto 2022 Deseño Santiago Interiores Distribución En paralelo Dimensións 12 m2 Mobiliario Santos, modelo MARCO (cociña), modelo ELEA (lavandería) Acabado Verde Salvia Seda Mate (cociña), Blanco Innsbruck (lavandería) Tirador Asa metálica efecto inox (cociña), cromo mate (lavandería) Mesado Silestone Iconic White (cocina), Blanco Zeus (lavandería) A VIVENDA Tipoloxía Piso Dimensións 160 m2 Localización Santiago de Compostela (A Coruña) Arquitectura José Sanchidrián Interiorismo Tema Interiores Estilismo Emma López, Patricia Crego e Paula Ferreira Fotografía Héctor Santos-Díez Un dos principais obxectivos da reforma era lograr a unión entre os distintos espazos, tanto pola conexión visual como polo seu estilo. Por un lado, destacan elementos como a porta corrediza, [...]Ler máis →
Inicio /Proxectos de cociñas /Un profundo proceso de reforma: conectar espazos e estilos Un profundo proceso de reforma: conectar espazos e estilos Nun popular barrio do casco histórico de Santiago de Compostela, cheo de ambiente e actividade lúdica e comercial, encóntrase esta vivenda unifamiliar. Os propietarios, namorados da animada vida social do barrio, realizaron unha exhaustiva e difícil busca de inmobles na zona ata atopar unha opción que encaixase nas súas expectativas. Finalmente lograron facerse co que na orixe eran dúas edificacións totalmente independentes. Da man dos equipos de 2es+ arquitectura e Construcciones Alcalde García e tras unha ardua remodelación, conseguiron a acolledora vivenda con xardín e piscina que tanto soñaban. A COCIÑA Ano do proxecto 2022 Deseño Santiago Interiores Distribución Lineal Dimensións 11 m2 Mobiliario Santos, modelo FINE Acabado Cashmere Tirador Sen tirador Mesado Silestone Cincel Grey A VIVENDA Tipoloxía Vivenda unifamiliar Dimensións Aprox 280 m2 útiles e 400m2 de parcela Localización Santiago de Compostela (A Coruña) Arquitectura 2es+_oficina de arquitectura Construción Construcciones Alcalde García Interiorismo salón-comedor Tresdes Interiorismo Estilismo Sonsoles Cabana, Paula Ferreira e Tresdes Interiorismo Fotografía Héctor Santos-Díez Durante o proceso de reforma, recuperáronse os muros de pedra orixinais da construción, dun metro de espesor. A partir [...]Ler máis →
Inicio /Proxectos de cociñas /Unha cociña pequena totalmente equipada e con moita capacidade Unha cociña pequena totalmente equipada e con moita capacidade Esta vivenda, situada no oitavo piso dun céntrico edificio de Santiago de Compostela, conta cunha pequena cociña de tan só 8,5 m2. Para a clienta, era fundamental lograr a máxima capacidade de almacenaxe, así como incluír unha barra para almorzos. O noso deseño cumpriu ambas premisas e contribuíu a crear unha zona de traballo cómoda, práctica e organizada. A COCIÑA Ano do proxecto 2022 Deseño Santiago Interiores Distribución En U Dimensións 8,5 m2 Mobiliario Santos, modelo FINE Acabado Blanco Perla Tirador Asa acabado Lacado Negro Mesado Sensa Siberia A VIVENDA Tipoloxía Piso Dimensións 80 m2 + 40 m2 de terraza Localización Santiago de Compostela Estilismo Sonsoles Cabana y Paula Ferreira Fotografía Héctor Santos-Díez Sinxela, práctica e elegante A cociña conéctase coa entrada da vivenda a través dunha porta corrediza de cristal, por iso resultaba esencial crear un espazo que non só fora funcional, senón tamén estético e elegante. Con isto en mente, eliximos para o mobiliario un modelo FINE de liñas rectas e sinxelas, que, ademais, contribuíu a alixeirar visualmente o ambiente, algo chave en estancias de dimensións [...]Ler máis →
Inicio/Proxectos de cociñas/Sacando o máximo partido a unha cociña alongada Sacando o máximo partido a unha cociña alongada Esta cociña de tan só 9 metros cadrados semella moito máis grande grazas á súa gran luminosidade e ao seu deseño semiaberto, unha distribución moi funcional e acertada para cociñas alongadas. Conséguese así unha zona de traballo confortable e totalmente equipada sen renunciar a unha estética con marcado carácter propio. A COCIÑA Ano do proxecto 2021 Deseño Santiago Interiores Distribución Lineal Dimensións 9 m2 Mobiliario Santos, modelo MARCO (cociña) e FINE (anexo) Acabado Branco Perla Seda Mate (cociña) e Branco Innsbruck (anexo) Tirador Asa acabado Níquel Mate (cociña) e sen tirador (anexo) Mesado Naturamia Perla Venata A VIVENDA Tipoloxía Piso Dimensións 90 m2 Localización Santiago de Compostela Arquitectura Grupo Arial - Carbajo y Barrios Arquitectos Decoración --- Estilismo Emma López e Paula Ferreira Fotografía Héctor Santos-Díez A cociña sitúase nun piso dun céntrico conxunto residencial compostelán. Os seus propietarios, unha parella sen moito tempo para cociñar decote, buscaban unha estancia con amplo espazo de almacenamento, cómoda e práctica, que ademais contase cunha pequena zona office para almorzos e comidas rápidas. Ao conectar a cociña co salón-comedor a través dunha ampla porta corrediza [...]Ler máis →
Inicio /Proxectos de cociñas /Unha cociña tan acolledora como práctica Unha cociña tan acolledora como práctica Esta estancia, de 11 metros cadrados, foi reformada co obxectivo de sacar o máximo partido ao espazo dispoñible. Para os propietarios, unha parella cun fillo de 8 anos, era fundamental contar cunha cociña cómoda e funcional, que ofrecera capacidade de almacenaxe e estivera plenamente equipada. Co noso proxecto logramos ese obxectivo evitando recargar o ambiente, e dotando, ademais, ao espazo de calidez e personalidade. A COCIÑA Ano do proxecto Deseño Distribución Dimensións Mobiliario Acabado Tirador Mesado A VIVENDA Tipoloxía Dimensións Localización Estilismo Fotografía Todo a un paso á hora de cociñar Dispuxemos o mobiliario desta cociña en forma de L ao longo de dous tabiques. Iso permitiunos agrupar mobles e electrodomésticos en dúas paredes contiguas, reducindo os desprazamentos entre as distintas áreas de traballo e deixando espazo libre para circular e para incluír unha zona office na propia estancia. O primeiro tramo da L está conformado por unha composición de mobles baixos e altos que aglutina as áreas de preparación, lavado e cocción. Na súa parte baixa, o lineal inclúe un módulo portavertedoiro con gabeta superior con cubos de reciclaxe e gabeta inferior para [...]Ler máis →