T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Receita de Granola caseira
Feb 14

Receita de Granola caseira

  • 14 de Febreiro de 2018
  • Receitas

En días de frío como os que estamos vivindo é importante comezar a xornada con moita enerxía. A proposta do calendario de cociñas Santos para o mes de febreiro non só nos encherá de vitalidade, senón que ademais é deliciosa, saudable e moi completa: receita de Granola caseira.

Inventada polo médico estadounidense James Caleb Jackson en 1863, a granola é unha mestura de copos de cereal –tradicionalmente avea–, á que se incorpora mel ou xarope de pradairo, así como froitos secos e sementes. Os ingredientes enfórnanse ata atopar o seu característico punto que trisca. Ademais, unha vez preparado, podemos incorporar froitas desecadas (pasas, arandos, dátiles…), gotas de chocolate, e incluso, se o imos consumir inmediatamente, froita fresca.

Anímaste?

Ingredientes 

  • 300 gr. de copos de avea
  • 75 gr. de améndoas laminadas
  • 45 gr. de sementes de xirasol
  • 45 gr. de sementes de cabaza
  • 5 gr. de xerme de trigo (opcional)
  • 1/2 culleradiña de canela en po
  • ¼ de culleradiña de sal
  • 30 gr. de manteiga derretida
  • 120 ml de xarope de pradairo
  • 1 cunca de froitas desecadas ou gotas de chocolate
  • Iogur groso, tipo iogur grego, ou labneh
  • Unhas follas de menta fresca (opcional)
Preparación

Para comezar, prequentamos o forno a 165º, con calor tanto arriba como abaixo. Forramos unha bandexa con papel de forno, ou ben a engraxamos con manteiga.

Incorporamos a un bol grande os copos de avea, as améndoas laminadas, as sementes, o xerme de trigo (se optamos por usalo), a canela en po e o sal. Mesturamos ben.

A continuación, derretemos a manteiga e mesturamos co xarope de pradairo. Engadimos aos copos e froitos secos, asegurándonos de que todos os ingredientes secos queden ben empapados. O mellor é facelo en dúas ou tres veces, para repartir adecuadamente a mestura.

Vertemos sobre a bandexa de forno, que situamos a media altura dentro do forno prequentado. Esperamos ata que a nosa granola estea ben dourada, pero vixiando que non se queime. Canto máis tostada, máis triscará. A torradura acadarase aproximadamente en 30 minutos. É importante ademais remover de vez en cando a mestura no forno.

Unha vez lista a granola, retiramos do forno e deixamos arrefriar a bandexa sobre unha grella. Pode que aínda estea húmida e pegañenta cando a saquemos. Teremos que esperar para que se vaia secando e adquirindo unha textura que trisque a medida que arrefríe. Debemos aproveitar mentres estea tépeda para desfacer os anacos grandes que vaian quedando, xa que a granola debe levar os copos soltos.

Cando a nosa granola estea completamente fría, introducímola nun frasco hermético e metémola na neveira, onde poderemos conservala durante varias semanas nun estado óptimo.

Para degustala, servimos sobre unha capa de iogur groso, tipo iogur grego, ou labneh. Ademais, podemos engadir froita fresca ou desecada, unhas follas de menta, unas gotas de chocolate… o que a nosa imaxinación e gustos nos suxiran!

Se queres ver máis imaxes do proceso de elaboración desta receita, podes facelo no blog Sweet & Sour. Esperamos que goces desta proposta, adecuada tanto para conseguir a enerxía necesaria nun día activo na neve ou a montaña, como para un delicioso almorzo en familia.

Tamén che pode interesar

Turrón de froitas cristalizadas, un clásico do Nadal

Hamburguesas vexetais coas que innovar no menú semanal

Fácil e nutritiva, a crema de cabaza e coco é idónea para as ceas do outono

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}