T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Receita de Lentellas verdes con col, cabaza e ovo mollet
Xan 12

Receita de Lentellas verdes con col, cabaza e ovo mollet

  • 12 Xaneiro, 2018
  • Receitas

Estreamos ano e con el  o novo calendario de cociñas Santos. Nesta ocasión a marca seleccionou 12 propostas do blog gastronómico Sweet & Sour, creadas e fotografadas pola súa editora, Virginia Martín. Mes a mes iremos compartindo aquí, no blog, ademais de nas nosas redes sociais, estes deliciosos pratos. Tralos excesos de Nadal e coas baixas temperaturas de xaneiro, a receita para este mes non nos pode parecer máis oportuna: lentellas verdes con col, cabaza e ovo mollet. Un prato de culler san e reconfortante para combater o frío!

A col rizada, que ultimamente se puxo de moda como kale, é unha verdura moi nutritiva, con baixo aporte calórico e con moitas propiedades. É fonte de fibra, ácido fólico, proteína, ferro… O mesmo podemos dicir das legumes. Se ademais o acompañamos cunha proteína como o ovo, obteremos un prato redondo e moi completo.

Outra das particularidades desta receita é que se prepara coa variedade de lentella verde de Puy, que os franceses cualifican de caviar vexetal. No caso de non atopalas, sempre podemos substituílas por lentella pardina.

Anímaste a preparalas?

Ingredientes (para 4 racións)

  • 300 gr. de lentellas verdes de Puy
  • 2 toros de xenxibre
  • 1 estrela de anís
  • Auga
  • 4 ramas de col rizada sen talos e picadas finas
  • 1 cabaza butternut de 1 kg. aproximadamente
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal e pementa moída ao momento
  • 1 ceboliña
  • 1 bulbo de fiúncho picado moi fino
  • 4 ovos
  • 1 ramiña de perexil
Preparación

O primeiro que debemos facer e prequentar o forno a 210º con calor arriba e abaixo.

Despois cortamos a cabaza  butternut pola metade e quitamos os fíos e as sementes coa axuda dunha culler. Cun pincel, aplicamos aceite de oliva na polpa. Colocámola nunha fonte refractaria cun dedo de auga, coa polpa cara arriba. Asamos durante uns 30 ou 40 minutos, ou ben ata que vexamos que ao introducir a punta do coitelo non ofrece resistencia. Unha vez lista, retirámola do forno e deixamos arrefriar.

Lavamos as lentellas baixo o chorro da auga da billa. A continuación, cocémolas en auga con dous toros de xenxibre fresco e a estrela de anís. Botamos sal e pementa. Unha vez ferva, deixamos cocer a lume medio durante uns 20 minutos. Como referencia, deben quedar tenras pero enteiras. Cando queden 10 minutos de cocción, incorporamos as follas de col rizada. Previamente picámolas e retiramos o talo.

Picamos moi fino a ceboliña e o bulbo de fiúncho e pochamos cun chorriño de aceite de oliva nunha tixola. Unha vez listo o sofrito, incorporámolo ás lentellas.

Só nos queda preparar os ovos mollet. Cocémolos en auga fría. Non debemos botar os ovos coa auga quente, pois a diferencia de temperatura pode producir que se rompan. Aos 5 minutos de que ferva a auga retirámolos e arrefriamos baixo o chorro de auga da billa para frear a cocción. Xa podemos pelalos. Ao abrilos, a clara estará feita e a xema semilíquida.

Para rematar, servimos as lentellas cunhas cuñas de cabaza asada e o ovo mollet. Engadimos un pouco de perexil e un chorriño de aceite de oliva.

Se queres ver máis imaxes do proceso de elaboración desta receita, podes facelo no blog Sweet & Sour. Esperamos que goces preparándoa e degustándoa!

Tamén che pode interesar

Turrón de froitas cristalizadas, un clásico do Nadal

Hamburguesas vexetais coas que innovar no menú semanal

Fácil e nutritiva, a crema de cabaza e coco é idónea para as ceas do outono

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}