T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Receita de Torta rústica salgada Arcobaleno
Out 11

Receita de Torta rústica salgada Arcobaleno

  • 11 Outubro, 2017
  • Receitas

A cociña italiana é moito máis ampla do que ás veces pensamos. Hai vida máis alá da pizza e da pasta e a proposta do mes de outubro do calendario de cociñas Santos vén demostrárnolo cunha receita diferente e exquisita: torta rústica salgada Arcobaleno. Pementos de cores asados, queixo, espinacas e prosciutto forman este arcobaleno (arco da vella) de sabores e cores que fará as delicias dos nosos comensais.

Esta torta salgada rechea de verduras non é unha receita complicada, pero si leva o seu tempo, polo que é ideal para preparar unha chuviosa tarde de outono.

Este prato é ademais moi versátil, pois a torta pode tomarse fría, quente ou morna. Por iso tamén é un gran recurso para un pícnic, unha merenda, ou para deixar lista o día antes.

Anímaste a preparala? Contámosche, paso a paso, como facela.

Ingredientes

  • 300 g de espinacas
  • 25 g de manteiga
  • 100 ml de nata líquida 35% mg
  • Un pequeno anaco de queixo parmesano
  • 200 g de xamón cocido
  • 2 pementos vermellos
  • 2 pementos amarelos
  • 200 g de queixo en liscos
  • 1 xema de ovo
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación 

Para comezar, asamos os pementos. É un proceso que leva un tempo, e, ademais, deberemos arrefrialos despois para poder pelalos e cortalos en tiras. Para iso lavamos os pementos, secámolos, impregnámolos de aceite de oliva e introducímolos no forno a 150º ata que vexamos que a pel está torrada. Cara a metade do enfornado –que pode durar uns 45 minutos– xirámolos para que queden ben asados polos dous lados.

Deixámolos arrefriar, e mentres tanto poñémonos coa masa. Para isto, o primeiro que facemos é peneirar a fariña, e a continuación mesturámola co viño branco e un pouco de sal. Empezamos a amasar. Se vemos que é necesario, podemos engadir un pouco de auga para lograr unha masa elástica que non se pegue ás mans e coa que sexa máis doado traballar. Envolvemos a masa nun film transparente e levamos á neveira, onde deberá estar uns 30 minutos.

Mentres tanto, fervemos as espinacas durante uns 5 minutos nunha pota cun pouco de auga. A continuación escorrémolas e cortámolas. Removemos todo para que quede ben mesturado e salgamos.

Receta de Tarta rústica salada Arcobaleno | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Agora si, unha vez fríos os pementos, cortamos en tiras e separamos por cores. Retiramos a masa da neveira, cortámola en dous e estendemos unha das metades nun molde duns 28 cm de diámetro. Xa podemos comezar a crear as capas do recheo: xamón cocido en liscos, espinacas, pemento vermello, queixo en liscos, pemento amarelo, e para finalizar, outra capa de queixo.

Estendemos a segunda metade da masa e cortámola con coitelo en tiras longas. Con elas podemos pechar a torta. Podemos facelo entrelazando as tiras, ou ben colocando primeiro unha fila nun sentido e despois outra cruzada por riba.

Para terminar, usamos xema batida para untar a masa. Así conseguiremos un bonito aspecto dourado para a nosa torta. Enfornamos durante 45 minutos a 180º. E xa a temos! Agora só queda gozala.

Convidámoste a visitar o blog ToBeGourmet para ver imaxes do proceso de elaboración e a presentación final desta receita. Esperamos que goces desta proposta de cociña mediterránea diferente.

Tamén che pode interesar

Turrón de froitas cristalizadas, un clásico do Nadal

Hamburguesas vexetais coas que innovar no menú semanal

Fácil e nutritiva, a crema de cabaza e coco é idónea para as ceas do outono

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}