Neste artigo mostrámosche varios exemplos de reformas de vivendas cuxas cociñas experimentaron unha considerable transformación da man do noso equipo de comerciais e proxectistas. Cociñas antigas, pasadas de moda e escuras que os clientes decidiron renovar, con maior ou menor obra, para darlles unha nova vida. A continuación, desvelámosche o antes e despois de diversas reformas de cociña.
Reforma de casa antiga, antes e despois
Neste caso, os nosos clientes compraron unha vivenda antiga e aventuráronse a realizar unha reforma integral da mesma. Tras a redistribución de todos os espazos, o que na vivenda orixinal era unha bodega, pasou a ser unha segunda cociña con vistas ao xardín con piscina.
Na reforma conservouse o oco da porta, pero demoleuse, case na súa totalidade, o muro de pedra orixinal. Grazas a iso, foi posible instalar unha gran ventá que dota de luminosidade á estancia e conecta visualmente coa piscina e o patio exterior.
Para aproveitar esta entrada de luz e favorecer a conexión visual co exterior, optouse por unha distribución con península, na que as zonas de cocción e fregado se colocaron de cara á ventá.
Reforma de cociña pequena, antes e despois
A dona de este céntrico piso de Santiago de Compostela, realizou, pouco a pouco, pequenas reformas en varias estancias da súa vivenda. A cociña, pola súa parte, seguía presentando o mesmo aspecto que hai anos. Coincidindo con unha obra xeral do edificio, a propietaria decidiuse finalmente a reformar a súa pequena cociña para sacarlle máis partido e darlle un aspecto moderno e actual.
Sen tirar ningún tabique, emprendeu unha transformación integral na que se desfixo do antigo azulexo das paredes, do desgastado chan, dos anticuados mobles de cociña e de gran parte dos seus vellos electrodomésticos.
Tratándose dunha estancia sen acceso directo á luz natural, tivemos moi claros determinados puntos, como o uso de branco en toda a cociña e a introdución dun cerramento de vidro que permitise a entrada de luz procedente do resto da vivenda.
Ademais, optouse por unha distribución en U, sacando o máximo partido a súa planta cadrada de 8,5m2 e conseguindo unha cociña totalmente funcional.
Reforma integral dun piso, antes e despois
Nesta vivenda, a reforma da cociña intégrase nun proceso de reforma total do piso. Cando os nosos clientes compraron este piso, tamén céntrico, encontrábase excesivamente compartimentado e desaproveitado. Aínda así, souberon ver o seu gran potencial e decidiron levar a cabo a obra.
En canto á cociña, optaron por mantela na mesma estancia e conservar as súas características ventás, pero deixando atrás o azulexo, o chan e os mobles antigos.
Para a distribución dos mobles mantivéronse tamén dous lineais en paralelo, porén, nun dos lados non se chegou ata o final co amoblamento, deixando sitio para unha zona office na que comer a diario, unha das peticións dos clientes.
Outro dos requirimentos dos propietarios foi eliminar a zona de lavandaría da cociña. Habilitouse, entón, unha estancia anexa para esta finalidade, modificando o tabique de entrada á cociña e desprazando a porta de acceso a unha posición máis centrada.
Neste proxecto que figura a continuación, os nosos clientes optaron por tirar o tabique que separaba a cociña do comedor. Antes da reforma, o comedor resultáballes incómodo e unicamente o empregaban en Nadal ou para celebrar eventos especiais.
Unindo ambas estancias conseguimos ganar amplitude e luminosidade. Ademais, ao integrar o office na propia cociña é moito máis práctico servir e recoller os pratos. En canto á cociña, optouse por unha distribución con península na que este elemento sirve para delimitar a zona de traballo. E grazas á elección dos acabados en branco e madeira, logramos dar un toque cálido e acolledor a este espazo.
Por outro lado, a zona office equipouse con unha ampla mesa de comedor con capacidade para 8 comensais e con un funcional aparador. Este moble ofrece espazo de almacenaxe para louza ou diferentes utensilios e presenta unha estética contemporánea e elegante.
A parte superior, en vidro afumado, serve para expoñer a vaixela e conta con iluminación interior, mentres que na parte inferior se poden gardar os utensilios que se prefire manter ocultos.
Reforma do salón, antes e despois
Neste outro proxecto sucedeu algo similar. Vendo agora a vivenda, parece difícil imaxinala como era antes da reforma: un piso excesivamente compartimentado, repleto de estancias angostas, incómodas e escuras.
Sen deixar de lado certos elementos orixinais como as características contraventás e, incluso, recuperando outros como os muros de pedra, o equipo de MykaDeco buscou darlle un aire moderno neste piso. Para a cociña optouse por unha distribución con illa e un amoblamento negro con toques de madeira.
Por un lado, tirouse o tabique que orixinalmente dividía a cociña e o salón, creando unha zona de día totalmente conectada. Para iso utilizouse unha porta de vidro de ferraxería negra, que, ademais de aportar personalidade e elegancia, convirte a cociña nunha área semiaberta, coa posibilidade de cerrala ou abrila segundo se desexe.
A un paso da cociña sitúase o comedor, con unha longa mesa para 8 comensais, e o salón, no que se mantivo a cheminea de leña presente tamén antes da obra.
Un amplo sofá coa súa mesa de centro gañan un gran peso nesta zona de salón, aínda que o protagonismo o consegue, sen dúbida, o moble de tv, que replica a mesma paleta cromática que a cociña (negro e acabado nogueira).
Se che gustaron estas ideas para reformar a túa cociña e queres o teu propio proxecto personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de tenda. Estarán encantados de asesorarte e traballar man a man cos profesionais encargados da túa obra para lograr un resultado que cumpra e incluso supere as túas expectativas. Podes pedir cita previa a través da nosa web ou chamando ao 636 050 909.