T 636 050 909 Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Inicio/Blog/Un proxecto de Santiago Interiores, destacado nun libro de deseño de cociñas de Taiwán
Xuñ 29

Un proxecto de Santiago Interiores, destacado nun libro de deseño de cociñas de Taiwán

  • 29 de Xuño de 2017
  • Actualidade

A cociña que realizamos para Casa Escribenta atópase entre os seis proxectos deseñados con mobiliario Santos incluídos no libro Kitchen, the Heart of Home, (A cociña, o corazón da casa), editado por Xu Hongrong, director xeral de Zun-Chu, tenda exclusiva da marca de mobles de cociñas Santos en Taiwán.

Casa Escribenta comparte páxinas con cociñas de España, Costa Rica e Taiwán, entre elas, a da prestixiosa escritora, gastrónoma e viaxeira taiwanesa Ye Yilan. A partir destes proxectos, o libro presenta diferentes opcións de deseño e posibilidades de distribución da estancia. A publicación ten en conta non só aspectos estéticos, senón tamén funcionais, analizando as configuracións e detalles que contribúen a mellorar o día a día na cociña.

Un proyecto de Santiago Interiores, destacado en un libro de diseño de cocinas de Taiwán | Cocinas Santos

Xu Hongrong válese da súa ampla experiencia de máis de 30 anos para realizar unha fotografía da cociña actual e oriental ao lector na definición dun proxecto adaptado ao seu espazo e estilo de vida. Así, o libro pretende servir de guía axudando a responder cuestións necesarias sobre como decidir a distribución ou como seleccionar os mellores accesorios e electrodomésticos. Segundo o autor, para lograr unha cociña que responda ás necesidades dos usuarios é imprescindible humanizar o deseño. Neste senso, un equipamento de alto nivel é tan relevante como un deseño elegante e adecuado aos fluxos e ritmos de traballo e ás rutinas de uso da cociña. Desde a distribución dos mobles ata a organización interna dos caixóns, todo debe estar orientado cara a consecución dun obxectivo primordial: lograr que os usuarios gocen da súa cociña.

Un proyecto de Santiago Interiores, destacado en un libro de diseño de cocinas de Taiwán | Cocinas Santos

En Santiago Interiores compartimos esta filosofía, e por iso, á hora de deseñar a cociña de Casa Escribenta buscamos en todo momento a súa integración nesta singular vivenda, que no ano 2014 foi galardoada co Premio Juana de Vega de Arquitectura, que recoñece proxectos que contribúen a mellorar a calidade paisaxística de Galicia. Cinco patios conectan o interior e o exterior, propoñendo un xogo de volumes no que as grandes ventás e os lucernarios teñen un papel destacado. Sumando beleza e funcionalidade, orientamos a cociña cara a paisaxe rural que rodea a casa, e proxectamos unha gran illa central que articula o espazo e o converte nun lugar acolledor no que gozar de reunións e comidas.

Un proyecto de Santiago Interiores, destacado en un libro de diseño de cocinas de Taiwán | Cocinas Santos

É todo un orgullo que un dos nosos proxectos forme parte deste libro, que conta cunha tirada inicial de 3.000 copias, e que pode conseguirse en librerías e tendas online de Taiwán.

Tamén che pode interesar

Santiago Interiores: 25 años diseñando cocinas a la medida de cada persona
En Santiago Interiores nos vamos de vacaciones y volvemos el 31 de agosto
Nueva exposición de cocinas Santos tras la reforma de Santiago Interiores
  • Facebook
  • Twitter
  • Tumblr
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Receitas
  • Sen categoría

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
10:00-14:00 | 16:00-20:00
Sábados—
10:00-14:00
Profesionais
Outlet
FAQ
Catálogo Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal
Logo Santiago InterioresInformación sobre cookiesUsamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia no noso sitio web e ofrecerche servizos personalizados segundo os teus hábitos de navegación. Para máis información podes consultar a nosa Política de Cookies. Mostrar Configuración
Aceptar Todo
Manage consent

Resumo da privacidade

Este sitio web usa cookies para mellorar a túa experiencia mentres navegas polo sitio web. Destas, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no teu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcións básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacénanse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tés a opción de desactivar estas cookies. Pero a exclusión dalgunhas destas pode afectar a túa experiencia de navegación.
Necesarias
Sempre activado
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web de forma anónima.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 mesesA cookie está configurada polo consentimento da cookie GDPR para rexistrar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Funcional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. As cookies úsanse para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Necesario".
cookielawinfo-checkbox-others11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Outros".
cookielawinfo-checkbox-performance11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Rendemento".
viewed_cookie_policy11 mesesA cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR e úsase para almacenar se o usuario consentiu ou non o uso de cookies. Non almacena ningún dato persoal.
Funcionais
As cookies funcionais axudan a realizar certas funcionalidades como compartir contido do sitio web en plataformas de redes sociais, recoller opinións e outras características de terceiros.
Rendemento
As cookies de rendemento úsanse para comprender e analizar os índices clave de rendemento do sitio web, contribuíndo a proporcionar unha mellor experiencia de usuario aos visitantes.
Análise
As cookies analíticas úsanse para comprender como os visitantes interactúan co sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre as métricas do número de visitantes, a taxa de rebote, a fonte de tráfico, etc.
Publicidade
As cookies publicitarias úsanse para entregar anuncios e campañas de mercadotecnia relevantes aos visitantes. Estas cookies fan un seguimento dos visitantes de todos os sitios web e recollen información para ofrecer anuncios personalizados.
Outras
Outras cookies sen categorizar son as que se están a analizar e que aínda non se clasificaron nunha categoría.
GARDAR E ACEPTAR