T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas abertas. Ideas e consellos para inspirarte
Mar 24
Cocinas abiertas al salón comedor Santiago Interiores

Cociñas abertas. Ideas e consellos para inspirarte

  • 24 de Marzo de 2021
  • Consellos e tendencias

[Actualizado a 10 de novembro de 2022]

Nos últimos anos a cociña pasou de ser un lugar meramente funcional a converterse nun verdadeiro espazo de reunión e convivencia. As cociñas abertas son tendencia, e nelas cociñar e compartir tempo con familia e amigos non só é compatible, senón todo un pracer. As novas solucións de mobiliario integrado e electrodomésticos máis silenciosos evitan ademais algunhas das tradicionais desvantaxes deste tipo de distribución. Imos examinar algunhas ideas de cociñas abertas, así como os factores a ter en conta á hora de deseñar unha estancia destas características.

Cociñas abertas ao salón: unha gran zona de día

Cocina abierta al salón amplia y funcional Santiago Interiores

O máis habitual é que as cociñas se abran ao salón-comedor, conformando unha gran zona de día, un espazo no que cociñar mentres os nenos xogan, no que merendar vendo a tele, ou no que preparar a cea e leriar ao mesmo tempo cos nosos invitados. Conséguese así unha estancia que funciona como centro neurálxico familiar e social, como corazón da casa. A cociña xa non se esconde, ábrese a salóns e comedores con deseños belos e funcionais, e mesmo a outras áreas como despachos, estudios ou salas de lectura.

Cando a cociña incorpora unha zona office, pode abrirse directamente ao salón, como vemos na imaxe de arriba. En moitas ocasións úsase unha illa como separador de ambientes, pero noutras, a propia arquitectura da casa axuda a delimitar os espazos. Pódese xogar cos materiais e cores (nas paredes, nos mobles, no chan…) para crear unha conexión entre as diversas zonas ou, polo contrario, para diferencialas.

Cocina semiabierta al salón con puertas de cristal Santiago Interiores

Unha tendencia moi en voga é a das cociñas semiabertas ao salón ou con amplas portas de cristal, tratando así de aproveitar as vantaxes tanto das estancias abertas como das pechadas. Isto permite, por exemplo, illar a zona de traballo cando é necesario evitar a propagación de ruídos e olores ou crear un ambiente máis íntimo cando se desexa, pero sen renunciar á luminosidade, amplitude e comodidade dos espazos abertos.

Cociñas abertas ao comedor: unha solución moi funcional

Cocina abierta al comedor amplia y luminosa Santiago Interiores

É evidente que existe unha relación directa entre a cociña e o comedor, entre a preparación das comidas cotiás e o goce das mesmas, por iso unir ambos lugares sempre resulta boa idea, especialmente se na cociña non hai unha mesa ou unha barra que permita comer alí a diario. Pero aínda que si haxa unha, segue aportando maior comodidade contar cun comedor para ocasións máis especiais xunto á cociña. Trasladar os pratos resulta así máis sinxelo, pero ademais se evita manter ao marxe das conversacións a aqueles que están cociñando. Outra vantaxe clara é que se favorece a circulación da luz por ambas estancias, algo esencial cando algunha delas carece dunha boa iluminación natural.

Cocinas abiertas al comedor con puertas acristaladas Santos

Por suposto, unir cociña e comedor tamén ten os seus inconvenientes, e aínda que na actualidade existen campás extractoras moi potentes, é difícil eliminar por completo olores e sons, especialmente cando cocíñase a diario. É por iso que, como xa vimos co salón, son moitos os que optan por solucións intermedias como unhas portas corredizas acristaladas.

Cociñas abertas con illa, cómodas e modernas

Cocina abierta con isla central Santiago Interiores

Nas cociñas abertas ao salón con illa, esta ocupa adoito o punto central, articulando o espazo, e permitindo traballar na cociña ao tempo que interactuamos con outras persoas. Moitas veces a illa incorpora unha pequena barra, ou está conectada cunha mesa de comedor, enlazando a zona de preparación de alimentos coa de consumición.

A illa pode funcionar unicamente como superficie de preparación, ou incluír unha zona de cocción, frega ou ambas. Deste xeito é posible facer todo o traballo con vistas máis agradables que unha parede (que adoitan empregarse para os armarios e electrodomésticos), aínda que, como contrapunto, deste modo ensúciase máis.

Cocina abierta con isla central al salón comedor Santos

Moitas veces a illa úsase para delimitar ambientes, especialmente en vivendas máis pequenas, pero en aquelas máis grandes ou cun concepto totalmente aberto é posible optar por distribucións máis creativas. Así, a cociña con illa pode colocarse nun espazo de transición entre salón e comedor, permitindo unha fluidez absoluta entre as tarefas cotiás e os momentos de ocio.

Cociña aberta con barra para crear unha zona de almorzos

Cocina abierta con barra de desayuno

Cando a illa marca a fronteira entre cociña e salón-comedor, é moi frecuente que se inclúa na cociña una barra de almorzar na parte exterior da mesma. Alí pódense improvisar comidas rápidas, e ofrece tamén un espazo de reunión próximo á zona de traballo. De feito, é unha solución práctica non so en cocinas pequenas, senón tamén en aquelas máis amplas e con zona de comedor.

Cociña aberta con península: unha distribución moi práctica

Cocina abierta al salón amplia y funcional Santiago Interiores

Unha cociña con península aberta ao salón non esixe tanto espazo libre como unha con illa, e por iso este elemento axuda a sacar máis partido das vivendas de dimensións reducidas. Ofrece así todas as vantaxes dunha illa, contribuíndo a crear un ambiente aberto e moderno, separando visualmente as distintas zonas da casa e aportando un área de traballo adicional, pero sen necesidade de tantos metros cadrados. De feito, colocar unha península fronte a un lineal de mobles permite circunscribir a cociña a un espazo compacto pero ben organizado, cómodo e lixeiro visualmente.

Cociña en U aberta

Cocina abierta en U amplia y funcional Santiago Interiores

A distribución en U é outra proposta moi funcional para as cociñas abertas, tanto en pisos grandes como pequenos. Así, limítase a zona da cociña a aquela que queda no interior desa “u”, conseguindo ademais un triángulo de traballo moi cómodo e disminuíndo a necesidade de desprazamentos á hora de cociñar. O habitual é que unha península separe a cociña do resto da vivenda, cunha barra na parte exterior para aproveitar aínda mellor o espazo dispoñible.

Cociña aberta ao xardín: pura luminosidade

Cocina abierta al jardín Santiago Interiores

Almorzar sentindo o aire puro da mañá ou cociñar con vistas a un belo xardín… está claro que conectar a cociña a un espazo exterior, sexa unha terraza ou unha finca, está ao alcance duns poucos, pero si existe a posibilidade, é unha idea que nunca falla.

Grandes portas corredizas de cristal marcan a transición entre fora e dentro sen perder conexión visual nin luminosidade. Todo o contrario, gánase luz natural, resulta moito máis sinxelo organizar comidas ao aire libre, e gózase dunha sensación de liberdade mesmo mentres se está dentro da cociña. Orientando os mobles cara o xardín e elixindo cores neutras e liñas sinxelas poderase trasladar a atmosfera armónica e natural do campo ao interior da casa.

As cociñas abertas pequenas optimizan o espazo

Cocinas abiertas pequeñas. Espacio y funcionalidad Santos

No caso de pequenos apartamentos, optar por unha cociña-comedor aberta permitirá á estancia “respirar” e favorecerá o paso da luz natural polas distintas áreas da casa, ampliando visualmente os espazos.

Unha distribución en paralelo con illa ou península, como xa vimos, pode axudar a sacar moito máis partido do espazo dispoñible, á vez que permite diferenciar a zona de traballo do resto do fogar. Sen embargo, non é a única opción. Algo tan sinxelo como eliminar unha porta (ou elixir unha acristalada) xa pode contribuír a crear unha atmosfera máis lixeira.

Cocinas pequeñas abiertas al salón comedor Santiago Interiores

Noutros casos, a cociña, o comedor e o salón comparten unha única (e pequena) estancia, na que non hai transición posible entre os mobles de cociña e os da sala de estar. Neste caso vólvese máis importante aínda elixir mobiliario moi discreto de liñas sinxelas, que harmonice os distintos espazos.

Cociñas pequenas abertas ao salón con illa ou península

Cocina abierta al salón con isla
Cocina abierta pequeña con isla

Como vimos antes, tanto a illa como a península son elementos moi prácticos á hora de integrar os espazos mantendo ambientes diferenciados. No caso das cociñas abertas ao salón pequenas, isto permite, ademais, alixeirar considerablemente a estancia. Vémolo no proxecto das imaxes anteriores, no que abrindo a cocina ao salón conseguimos dotar de luz e confort unha zona de traballo alongada e estreita. A península, pola súa parte, permite crear unha pequena área office que serve de transición entre cociña e comedor.

Cociña aberta branca: unha proposta que nunca falla

Cocina abierta blanca luminosa y con suelo contiguo Santos

Se falamos de cores, o branco é sempre unha aposta segura, pero en función do interiorismo do salón e do comedor, tamén pode resultar interesante aplicar outras tonalidades, así como cores en contraste. O uso de tons claros é esencial no caso das cociñas pequenas, pero resulta igualmente axeitado en outras máis grandes para potenciar a luminosidade e a sensación de estar nun ambiente aberto e diáfano.

O uso de materiais como a madeira tamén axuda a aportar calidez e crear unha conexión entre as distintas zonas da casa, xa sexa en pequenos detalles ou por exemplo cun chan continuo, tal e como vemos na fotografía de arriba.

Cociñas abertas rústicas para casas no campo

Cocinas abiertas rústicas Santiago Interiores

Malia que adoito se pensa nunha cociña aberta como unha solución contemporánea (e polo tanto, con mobles de estilo moi actual) o certo é que en ambientes tradicionais tamén poden dar moito xogo. É posible conxugar mobiliario de factura clásica con elementos como chans de baldosa hidráulica ou paredes de pedra, pero tamén pódese realzar a atmosfera rústica con mobles de liñas rectas que dean todo o protagonismo a outros detalles con carácter.

Cociña aberta ao recibidor: a importancia da primeira impresión

Cocina abierta al recibidor

Cada vez son máis as vivendas nas que a porta de entrada dá paso directamente á zona de día. Así evítase crear espazos de pouco uso e conséguese dotar do máximo número de metros cadrados posibles á estancia que concentra a vida do fogar. Iso si, isto volve aínda máis imprescindible que a cociña conte cunha estética coidada, discreta e coherente co mobiliario do resto da casa; ao fin e ao cabo, será o primeiro que os visitantes vexan da mesma.

Cociña aberta con cristaleira: todo vantaxes

Cocina abierta con cristaleras

Unha tendencia moi en boga é a das cociñas semiabertas, nas que a zona de traballo comunica co resto da vivenda a través dunhas portas corredizas de cristal. Desta maneira, é posible desfrutar da luminosidade e a conexión visual, pero tamén illar a cociña cando así se desexa.

Cocina abierta con cristalera grande

Ademais, as cociñas de cristal poden selo cara dentro, ou cara fóra. Na fotografía anterior, por exemplo, podemos ver unha vivenda totalmente inmersa no seu entorno, de forma que as fronteiras entre interior e exterior se difuminan.

Cociñas abertas ao corredor para aproveitar o espazo

Cocina abierta al pasillo
Cocina abierta al pasillo blanca

Os corredores a miúdo resultan incómodos e angostos, un lugar de paso que, nunha zona de día diáfana, resulta innecesario. Por iso, moitas cociñas ábrense ao corredor prescindindo de portas e tabiques, de forma que a luz, e as persoas, poden circular libremente.

Cociñas abertas ao salón modernas

Cocina abierta con barra de desayuno Santiago Interiores

Os espazos abertos, evidentemente, son compatibles con calquera estilo decorativo. Non obstante, iso non quita que o máis habitual sexa atopalos en vivendas modernas cunha estética contemporánea e incluso minimalista.

Cocina abierta al salon moderna

De feito, en moitas cociñas abertas atopamos múltiples tendencias actuais como pode ser o predominio de cores escuras no mobiliario, os mesados con acabados marmóreos ou a presenza de chans con acabados madeira.

Como deseñar unha cociña aberta?

Diseños de cocinas abiertas Santiago Interiores

Como xa vimos, unha distribución aberta permite deseñar espazos máis amplos, luminosos e versátiles. Para lograr un resultado harmónico e equilibrado, debemos estudar moi ben o deseño, e coidar tanto a funcionalidade como a estética. As solucións de integración dos mobles deseñados por Santos axudan a que todo se atope sempre oculto e recollido, un factor clave nunha cociña aberta.

Os mobles de liñas rectas, sen tiradores, poden ser unha opción acertada para este tipo de cociñas, xa que se integran moi ben na arquitectura, conseguindo discreción, prestacións, capacidade e beleza. Se ademais se opta por un deseño similar no resto da casa, por exemplo coa nova liña de mobiliario Living de Santos, conseguirase reforzar a continuidade entre a cociña e os outros ambientes. Unifícanse así as distintas áreas a través do uso dos mesmos deseños, cores e acabados en mobles de cociña, salón, comedor, despacho ou recibidor.

Cocinando en cocinas abiertas Santos

Por outro lado, podemos deseñar un espazo completamente aberto e homoxéneo, ou diferenciar as diversas zonas. As illas e as penínsulas poden axudar a delimitar espazos, e tamén a decoración, e a cor ou os materiais das paredes e dos chans, que, segundo como se apliquen, darán sensación de continuidade ou axudarán a separar ambientes.

De todos os xeitos, non hai que esquecer que as cociñas abertas non son axeitadas para todos os fogares. Se estás pensando nunha para a túa casa, pero aínda non o tes claro, resumimos aquí algunhas das súas principais vantaxes e inconvenientes.

Vantaxes:

  • Ao eliminar tabiques, as cociñas abertas dan máis sensación de luminosidade e amplitude.
  • Permiten unha maior socialización coa familia e amigos.
  • Nalgunhas casas é unha opción moi axeitada para gañar espazo
  • Posibilitan integrar illas de cociña, que necesitan bastante espazo ao seu redor.

Desvantaxes:

  • Todo está la vista e exposto, polo que deberemos extremar a orde. As solucións de integración e almacenamento poden axudarnos.
  • Hoxe en día os electrodomésticos (campá, forno, neveira…) son máis silenciosos, pero aínda así debemos ter presente que teremos ruídos de billas, utensilios de cociña necesarios para a preparación dos alimentos…
  • Se nos gusta illarnos á hora de cociñar, está claro que esta non é unha opción para nós.
  • Tamén teremos que convivir co olor da comida, se ben na actualidade existen grupos de extracción moi potentes.
  • Perdemos o espazo que as paredes da cociña nos ofrecen para almacenamento e outras funcións.
Cocinas abiertas con puertas y ventanal acristalado Santiago Interiores

Aínda que se non nos convence ningunha destas opcións, tamén podemos recorrer a solucións intermedias, como portas corredizas ou unha fiestra grande acristalada.

Se tes en mente unha reforma de cociña aberta pero non sabes moi ben como levala a cabo ou se encaixa no teu espazo, o noso equipo de interioristas pode axudarte. Reserva a túa cita aquí para que poidamos estudar o teu deseño personalizado.

Tamén che pode interesar

Deseña a túa zona living: combina mobles, acabados e materiais

Cociñas clásicas e modernas: un estilo atemporal

Como sacar o máximo partido a unha cociña pequena e alongada

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}