T 636 050 909 Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
  • Solicita o teu proxecto
Inicio/Blog/Tipos de armarios de cociña. Ideas e Fotos para Inspirarte
Nov 29
Tipos de armarios de cocina Santiago Interiores

Tipos de armarios de cociña. Ideas e Fotos para Inspirarte

  • 29 de Novembro de 2021
  • Consellos e tendencias

Á hora de deseñar unha nova cociña, hai moitas cuestións que convén ter en conta: desde a distribución do mobiliario á cor, estilo e material do mesmo. Pero quizais antes de todo iso hai unha pregunta básica que facerse: que mobles elixir?

E é que tipos de armarios hai moitos: baixos, altos, columna, auxiliares, en esquina, multiusos, encaixados… cando empregar cada un deles?

Armarios baixos de cociña

Armarios bajos de cocina Santos

Os armarios baixos son os que se sitúan entre o mesado e o chan, e adoitan conformar a clave de calquera proxecto, xa que arredor deles se definirán o resto de elementos da cociña, como armarios altos ou columna. Así, son a base para traballar, almacenar e organizar. Están dispoñibles en múltiples medidas (tanto de ancho e alto como de fondo) e para diversos usos, incorporando distintos tipos de solucións.

Só por nomear algúns, entre os armarios baixos de cociña atopamos mobles portavertedoiros (adaptados para ir na zona do vertedoiro), portaplacas (que acollen a placa de cocción), portafornos (inclúen espazo para o forno), de caixóns, módulos baixos en esquina e recanto ou caixóns zócalo (que aproveitan todo o espazo útil baixo o mesado).

Armarios altos de cociña

Armarios altos de cocina Santiago Interiores

Os armarios altos de cociña, ou armarios de parede, sitúanse, como o seu nome indica, na parte superior das paredes, aproveitando así a zona libre que queda sobre o mesado. En Santos propoñen distintos módulos altos e vitrinas en formatos horizontal e vertical, e tamén en múltiples medidas, incluíndo a modulación ata o teito, ideal para sacar o máximo partido ao espazo dispoñible.

Conforme o modo de apertura, podemos falar de armarios altos abatibles, basculantes, pregables, con porta corrediza ou lateral, etc.

Armarios columna

Armarios columna. Cocinas Santiago Interiores

Os armarios columna, pola súa parte, son aqueles que van desde o chan ata certa altura (ou mesmo ata o teito), polo que a súa forma pode recordar a unha “columna”. Permiten albergar amplos espazos de almacenamento, así como electrodomésticos. Dentro destes mobles columna hai case tantos tipos de armarios diferentes como necesidades na cociña. Veremos agora algúns dos máis habituais:

Armario despensa ou de servizo

Armario despensa cocina Santos

O armario despensa está deseñado para o almacenamento de alimentos, polo que adoita contar con andeis ou caixóns interiores extraíbles que facilitan a organización da compra.

Armario de vasoiras ou portaútiles de limpeza

Armario escobero o portaútiles de limpieza Santiago Interiores

Trátase dun armario adaptado para gardar os útiles de limpeza con espazos amplos e solucións específicas para distintos fins: estantes, ganchos para colgar vasoiras ou panos, accesorios para tubos de aspirador, etc.

Armario para microondas e forno

Armario para microondas cocina Santos

Os armarios columna, ademais de contar con espazo para almacenamento, poden albergar electrodomésticos como o microondas ou o forno, que quedan así a unha altura moi cómoda para ser empregados. No caso de que se desexe que estes elementos estean completamente ocultos, tamén se poden situar no interior dun moble escamoteable ou coplanar.

Ademais, tamén hai armarios columna deseñados para integrar outros electrodomésticos como frigorífico ou lavalouza.

Armario escamoteable

Armario escamoteable de cocina Santiago Interiores

Trátase dun moble columna que conta con portas que se ocultan nos laterais do armario mentres permanecen abertas, facilitando a visibilidade e o acceso. No seu interior alberga unha superficie de traballo con iluminación e tomas de corrente, moi útiles para pequenos electrodomésticos ou como zona de almorzos, tal e como vemos na foto superior.

Armario persiana

Armario persiana de cocina Santiago Interiores

Estes mobles, no canto de portas, contan cunha persiana. Así, todo o que se garda neles queda oculto ao baixala, e facilmente accesible ao subila, por iso tamén resultan moi útiles para gardar os pequemos electrodomésticos. Son moi habituais, ademais, en espazos en esquina ou dificilmente aproveitables.

Outros armarios de cociña

Armarios de cocina Santos

Os armarios pódense clasificar tamén en función doutras características. E así, podemos falar por exemplo dos seguintes tipos de armarios:

Armarios auxiliares de cociña

Armario auxiliar de cocina Santiago Interiores

Máis alá de mobles baixos, altos e columna, pode haber pequenos armarios, aparadores ou mesmo outros elementos como carriños ou estantes que se engaden na cociña co obxectivo de gañar espazo de almacenamento extra.

Armario en esquina de cociña

Armario esquinero de cocina Santos

Para non perder o espazo en ningún recanto hai tamén mobles específicos (tanto baixos como altos e columna) deseñados para aproveitar esas zonas que quedan en esquina. Existen, por exemplo, mobles baixos en recanto con bisagras extraíbles ou, como mencionamos antes, mobles persiana sobre mesado para esquinas.

Armario encaixado de cocina

Armario empotrado cocina Santiago Interiores

Como en calquera outra estancia da casa, na cociña pódense proxectar tamén armarios encaixados, que contribúen á integración total dos mobles na arquitectura da vivenda, especialmente se non levan tiradores, ou estes son discretos.

Armarios de cristal para a cociña

Armarios de cristal cocina Santos

Se atendemos ao material dos mobles, o habitual na cociña é atopar estratificados, laminados ou madeira. Pero non debemos esquecer as vitrinas e armarios de cristal, tanto altos de parede como en forma de armarios columna. Trátase dun elemento que está de plena tendencia e que aporta protagonismo ao interior dos mobles, ademais de contribuír a alixeirar visualmente o espazo.

Por suposto, todos os mobles de cociña están dispoñibles en distintas medidas, segundo se necesiten armarios estreitos ou anchos e con maior ou menor profundidade. Ao final, o importante será adaptarse ás características do espazo, así como ás necesidades e preferencias dos seus usuarios. Por iso se queres cambiar a túa cociña e non tes idea sobre que tipo de armarios poñer, animámoste a pedir cita co noso equipo de interioristas. Estaremos encantados de escoitarte e de deseñar un proxecto á medida dos teus desexos.

Tamén che pode interesar

Como limpar os teus mobles de cociña? Consellos de limpeza para que luzan sempre como o primeiro día
Tiradores de cociña. Atopa o tirador que mellor se adapta ás túas necesidades
Como Distribuír Cociñas Alongadas: Ideas para inspirarte
  • Facebook
  • Twitter
  • Tumblr
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Receitas
  • Sen categoría

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
10:00-14:00 | 16:00-20:00
Sábados—
10:00-14:00
Profesionais
Outlet
FAQ
Catálogo Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal
Logo Santiago InterioresInformación sobre cookiesUsamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia no noso sitio web e ofrecerche servizos personalizados segundo os teus hábitos de navegación. Para máis información podes consultar a nosa Política de Cookies. Mostrar Configuración
Aceptar Todo
Manage consent

Resumo da privacidade

Este sitio web usa cookies para mellorar a túa experiencia mentres navegas polo sitio web. Destas, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no teu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcións básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacénanse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tés a opción de desactivar estas cookies. Pero a exclusión dalgunhas destas pode afectar a túa experiencia de navegación.
Necesarias
Sempre activado
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web de forma anónima.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 mesesA cookie está configurada polo consentimento da cookie GDPR para rexistrar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Funcional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. As cookies úsanse para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Necesario".
cookielawinfo-checkbox-others11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Outros".
cookielawinfo-checkbox-performance11 mesesEsta cookie está configurada polo complemento GDPR Cookie Consent. A cookie úsase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Rendemento".
viewed_cookie_policy11 mesesA cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR e úsase para almacenar se o usuario consentiu ou non o uso de cookies. Non almacena ningún dato persoal.
Funcionais
As cookies funcionais axudan a realizar certas funcionalidades como compartir contido do sitio web en plataformas de redes sociais, recoller opinións e outras características de terceiros.
Rendemento
As cookies de rendemento úsanse para comprender e analizar os índices clave de rendemento do sitio web, contribuíndo a proporcionar unha mellor experiencia de usuario aos visitantes.
Análise
As cookies analíticas úsanse para comprender como os visitantes interactúan co sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre as métricas do número de visitantes, a taxa de rebote, a fonte de tráfico, etc.
Publicidade
As cookies publicitarias úsanse para entregar anuncios e campañas de mercadotecnia relevantes aos visitantes. Estas cookies fan un seguimento dos visitantes de todos os sitios web e recollen información para ofrecer anuncios personalizados.
Outras
Outras cookies sen categorizar son as que se están a analizar e que aínda non se clasificaron nunha categoría.
GARDAR E ACEPTAR