T 636 050 909 Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Santiago Interiores Santiago Interiores
  • Cociñas Santos
    • Cociñas Santos
    • Accesorios
  • Proxectos de cociñas
  • Máis produtos
  • Nós
  • Showroom
  • Blog
  • Contacto
    • Contacta connosco
    • Profesionais
  • Solicitar cita
Inicio/Blog/Cociñas con illa: vantaxes e posibilidades
Nov 28
Ejemplo de cocina con isla central con muebles de almacenamiento integrados de Santiago Interiores

Cociñas con illa: vantaxes e posibilidades

  • 28 Novembro, 2024
  • Consellos e tendencias

Ter unha illa na cociña é o soño de moitas persoas, en gran medida pola súa elegancia e deseño moderno. Porén, o seu atractivo vai moito máis alá do visual: as illas tamén ofrecen numerosas vantaxes prácticas que contribúen a transformar a cociña nun lugar máis funcional e versátil. Dende engadir superficies de traballo adicionais ata crear un recuncho ideal para socializar, neste artigo falaremos sobre como unha illa pode redefinir por completo a experiencia na túa cociña.

Mobilidade e aproveitamento do espazo en cociñas con illa

Diseño de Santiago Interiores de cocina abierta al salón con isla con barra y taburetes

Unha das vantaxes das cociñas con illa apréciase nos casos de cociñas abertas ao salón. Con este tipo de distribucións, a illa actúa como un eixo en torno ao que se organizan e definen os distintos espazos sen necesidade de paredes que os separen. 

Situada estratexicamente no centro, a illa permite unha distribución máis eficiente da área e mellora a mobilidade, favorecendo un fluxo cómodo entre a zona de cociña e o salón. Tal e como sucede no proxecto da imaxe superior, esta disposición crea unha transición natural entre ambos espazos, aportando funcionalidade e reforzando a conexión dos ambientes.

Adicionalmente, ao estar illada do resto do mobiliario, unha illa ofrece acceso ao mesado desde os catro lados. Isto non só optimiza o espazo dispoñible, senón que permite unha circulación máis fluida, facilitando que varias persoas poidan traballar simultaneamente sen interrumpirse. Esta característica resulta especialmente útil en cociñas familiares ou para aqueles que desfrutan cociñando en compañía.

Cocina negra con isla abierta al salón diseñada por Santiago Interiores

Versatilidade das illas de cociña

Unha das características máis valoradas das illas de cociña é a súa gran versatilidade. Ademais de ser unha superficie de traballo adicional en si mesma, unha illa pode adoptar distintas funcións que se adaptan ás necesidades de cada fogar. 

Desde converterse nunha barra para comidas informais ata incluir espazo de almacenamento ou, incluso, unha zona para preparar alimentos, as opcións son amplas e personalizables. 

Cocina negra con isla con barra para desayunar y taburetes diseñada por Santiago Interiores.

Neste exemplo, a illa foi concibida fundamentalmente como área de preparación dos alimentos, xa que toda a súa superficie se configura como un mesado totalmente despexado. Conta, ademais, cunha barra e dous tallos que permiten almorzar ou tomar un aperitivo rápido sen necesidade de desprazarse ao comedor. Na súa parte interior, incorpora tres módulos baixos de servizo que amplían a capacidade de almacenaxe, mentres que na externa, un panel en acabado madeira Nogueira aporta calidez, ademais de conectar co interiorismo do resto da zona de día.

Cocina gris con isla con placa de inducción integrada diseñada por Santiago Interiores

Neste outro proxecto, cunha illa de dimensións más amplas, aumentáronse tamén as súas funcións. Ademais de ter espazo de mesado para a preparación de alimentos, así como a barra para comidas rápidas, esta illa acolle, incluso, a zona de cocción. Cunha placa de indución de 80 cm e unha campá de teito, esta familia pode cociñar coa vista posta no comedor e o salón.

Cocina negra con isla con fregadero integrado y barra para comidas adosada con taburetes de Santiago Interiores.

Outra opción é non incluír a barra na propia illa, senón adosala a ela, como fixemos no proxecto que podes ver na imaxe superior. A illa acolle a zona de lavado e tamén incorpora múltiples opcións de organización e traballo en ambas caras: caixoneiro, lavalouza integrado e moble portavertedoiro con caldeiros de reciclaxe na interior da illa, máis tres módulos baixos con estantes e sistema de apertura asistida na exterior.

Anexo á illa dispuxemos un impresionante mesado en acabado Roble Rústico Sincro que, complementado con catro tallos, funciona como comedor de diario.

Comunicación nas cociñas con illa

Cocina con isla central y barra con taburetes diseñada por Santiago Interiores.
Cocina abierta al salón con isla central diseñada por Santiago Interiores.

Como xa adiantamos, outra vantaxe chave das illas de cociña é que fomentan a comunicación e a interacción no fogar, especialmente en espazos abertos que conectan co salón. 

Ao funcionar como un punto central, a illa permite que quen estea cociñando poida conversar facilmente con familiares ou invitados, integrando as actividades da cociña coa vida social do fogar. 

Esta disposición facilita que as tarefas se realicen de maneira máis amena e que o espazo se transforme nunha área de encontro, onde cociñar se converte nunha actividade compartida e desfrutable.

Ideas de illas de cociña

Se estas vantaxes das cociñas con illa te convenceron para integrar unha no teu fogar, seguramente agora queiras buscar ideas de illas de cociña. 

Recomendámosche ler o noso artigo de 32 cociñas con illa para inspirarte e, se queres poñerte mans á obra co deseño da túa illa de cociña, non dubides en pedir cita previa cun membro do noso equipo.

Tamén che pode interesar

Guía para integrar unha columna na cociña

Como deseñar unha cociña pequena e funcional? Consellos

Deseño de cociñas: guía de estilos e tendencias

  • Facebook
  • Pinterest
  • LinkedIn
  • E-Mail

Buscar

Categorías

  • Actualidade
  • Consellos e tendencias
  • Eventos
  • Outlet
  • Profesionais
  • Receitas

Anterior

Logo Santos Santiago Blanco
Distribuidor exclusivo Logo Santos Santiago Blanco
Rúa de San Lázaro, 91
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
T 636 050 909
Contacta connosco
Horario (con cita previa):
Luns a venres—
08:00-21:00
Sábados—
09:00-14:00
Outlet
FAQ
Catálogos Santos
Newsletter
  • Castelán
  • Galego
Privacidade e cookies
Aviso legal

Empresa beneficiaria de axudas cofinanciadas por

Ayuda Galicia Emplea a Santiago Interiores: Programa de Incentivos a la contratación por cuenta ajena
Santiago Interiores
Xestionar o consentimento das cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecerte servizos personalizados de acordo cos teus hábitos de navegación. O sitio utiliza cookies publicitarias co obxectivo de mostrar anuncios personalizados.
Para obter máis información, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Funcional Always active
O armacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para a finalidade lexítima de gardar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Estadísticas
O armacenamento ou acceso técnico que é utilizado exclusivamente con fins estatísticos. O armacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario por parte do teu Proveedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información armacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O armacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}