Cocina con isla, abierta al comedor y al salón. Video Presentación

Cociña con illa, aberta ao comedor e ao salón

Unha das moitas opcións de distribución, mobiliario e personalización que Santos pode ofrecerche para a túa cociña.

As barreiras que separan as zonas de lecer e traballo elimínanse nesta cociña aberta con illa, deixando paso a un espazo pensado para vivir. Unha illa equipada en detalle que se converte no eixo da estancia. Un bloque de armarios columna que conforma un tabique funcional onde se ocultan prácticas solucións de traballo e almacenamento.

Na illa desta cociña aberta ao salón e ao comedor destaca o amoblamento con caixóns rodapé, que prolongan a capacidade dos mobles ata o chan, aproveitando toda a altura e profundidade dispoñibles baixo o mesado. Os caixóns superiores poden personalizarse combinando distintos acabados. Os interiores dos armarios columna e escamoteables son totalmente personalizables, combinando múltiples acabados para corpo, costados, estantes, traseira, mesado e frontes de caixóns.

O moble escamoteable, en concreto, ofrece gran capacidade de almacenamento e resulta moi funcional cando se atopa aberto. Na zona de comedor destaca o armario vitrina de Santos, con corpo en acabado mármore gris, marco de aluminio negro e vidro afumado. Un moble práctico e funcional. A súa coidada iluminación interior convérteo, ademais, nunha fonte de luz ambiental indirecta nesta cociña aberta.

cocina abierta con isla con isla al salon comedor santiago interiores
Cocina Abierta al Salón y al Comedor con Isla. Mueble Escamoteable
Cocina con isla abierta al comedor y salón Santos
Cocina con isla abierta al comedor cajonera accesorios
Cocina con isla, abierta al comedor y al salón con muebles hasta el techo
Cocina con isla, abierta al comedor y al salón. Santiago Interiores
Cocina con isla, abierta al comedor y al salón. Armario y Lámparas
Cocina con isla abierta al salón y comedor. Armario con estanterías
Cocina con isla, abierta al comedor y al salón. Tetera

Por que elixir unha cociña Santos?

Deseños adaptables a cada proxecto

A extensa variedade de módulos e accesorios da colección Santos permítenos deseñar na nosa tenda de Santiago de Compostela cociñas a medida, que se adaptan ao espazo dispoñible ou á estatura do usuario.

Amplas posibilidades de personalización

Santos dispón dunha ampla gala de acabados para personalizar as frontes, corpos e interiores dos mobles, polo que cada persoa pode configurar a súa cociña Santos ao seu gusto.

Funcionalidade, ergonomía e capacidade

Os deseños depurados, ergonómicos e funcionais das cociñas Santos facilitan as tarefas, favorecen a organización e ofrecen a máxima capacidade de almacenaxe no mínimo espazo.

Resistencia ao uso e ao paso do tempo

As cociñas Santos empregan exclusivamente materiais e sistemas construtivos de calidade contrastada, que garanten unha resposta óptima ás esixencias máis elevadas.

Atopa máis ideas para inspirarte

Tamén podes descargar e consultar o catálogo da última colección de cociñas Santos:

Catálogo Santos

Queres coñecer todos os acabados e posibilidades das cociñas Santos?

Visita a nosa tenda e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Ademais, poderás comprobar de primeira man a calidade dos acabados.

Solicita unha cita previa