Cocina abierta con isla, vitrina y comedor Santos

Cociña aberta con illa,vitrina e comedor

Unha das moitas opción de distribución, mobiliario e personalización que Santos pode ofrecerche para a túa cociña.

Esta cociña aberta con illa e vitrinas sitúase nun piso rehabilitado dentro dun edificio señorial de principios do século XX. Os seus propietarios realizaron nel unha rehabilitación respectando elementos arquitectónicos orixinais, como os teitos altos con cornixas ornamentadas, as amplas ventás e a carpintaría en madeira. O predominio da cor branca potencia a luminosidade do ambiente, mentres que os detalles en madeira e tons cálidos aportan equilibrio e confort.

O deseño da cociña, con frontes enmarcadas por un perfil e pomos de madeira maciza, encaixa na estética clásica da vivenda. A distribución en paralelo enfronta unha gran illa central cun lineal de armarios columna, mobles baixos e vitrinas. Esta organización facilita a conexión co comedor e a sala de estar, xerando un espazo fluído e funcional.

A illa central é o eixe principal da estancia. Nela agrúpanse as principais áreas de traballo, permitindo un uso eficiente do espazo. Ademais de ser unha superficie ampla para preparar alimentos, tamén funciona como punto de reunión, conectando visualmente a cociña co resto da zona de día.

Estética, funcionalidade e organización

As vitrinas inclúen un sistema de iluminación lateral, integrado nun perfil de aluminio negro, que proxecta uha luz homoxénea cara o interior do moble.

Os armarios columna contan con interiores personalizados no mesmo acabado madeira que as vitrinas, aportando uniformidade cando as portas do moble están abertas.

Un moble auxiliar, sobre unha estrutura metálica negra e con frontes de chapa de madeira natural, conecta a cociña co comedor e o recibidor, reforzando a continuidade entre espazos.

Cocinas Santos | Santiago Interiores
Cocina con Isla abierta al comedor Santos
Cocina con isla y barra Santos
Cocina Santos Atemporal con vitrina Santos
Cocina Santos modelo Cuadro
Aparador de madera Santos
Vitrinas de cocina Santos
Vitrina con Iluminación Santos
Mueble despensa con gavetas Santos
Mueble despensero con gavetas Santos
Aparador de madera Santos
Mueble de entrada en madera natural Santos
Mueble aparador en madera de roble Santos
Mueble recibidor de madera Santos
Cocina atemporal con isla Santos
Cocina con isla y vitrinas iluminadas Santos

Por que elixir unha cociña Santos?

Deseños adaptables a cada proxecto

A extensa variedade de módulos e accesorios da colección Santos permítenos deseñar na nosa tenda de Santiago de Compostela cociñas a medida, que se adaptan ao espazo dispoñible ou á estatura do usuario.

Amplas posibilidades de personalización

Santos dispón dunha ampla gala de acabados para personalizar as frontes, corpos e interiores dos mobles, polo que cada persoa pode configurar a súa cociña Santos ao seu gusto.

Funcionalidade, ergonomía e capacidade

Os deseños depurados, ergonómicos e funcionais das cociñas Santos facilitan as tarefas, favorecen a organización e ofrecen a máxima capacidade de almacenaxe no mínimo espazo.

Resistencia ao uso e ao paso do tempo

As cociñas Santos empregan exclusivamente materiais e sistemas construtivos de calidade contrastada, que garanten unha resposta óptima ás esixencias máis elevadas.

Atopa máis ideas para inspirarte

Tamén podes descargar e consultar os catálogos das últimas coleccións de cociñas Santos:

Catálogos Santos

Queres coñecer todos os acabados e posibilidades das cociñas Santos?

Visita a nosa tenda e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Ademais, poderás comprobar de primeira man a calidade dos acabados.

Solicita unha cita previa

Es un profesional e queres coñecer máis sobre cociñas Santos?

Rexístrate e crea a túa conta na área profesional de Santos. Dispoñerás de acceso preferente a recursos e documentación de interese para profesionais da arquitectura, a decoración e o interiorismo.

Crear conta